Arquivo do blog

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e a musicalidade van da man desde os seus inicios e que a sintaxe lingüística e a sintaxe musical comparten procesos neuronais.

O ser humano desde que está no ventre da súa nai experimenta a musicalidade ao sentir diversos ritmos e sons do corpo da súa nai e do seu propio, sendo a voz humana un dos instrumentos máis marabillosos e variados  e  unha das primeiras cousas que o bebé aprende a ler e interpretar.

Así que, é sumamente necesario falar moito co bebé, cantarlle cancións e  lerlle poesías e contos para que, deste xeito, comece a recompilar información acústica e que posteriormente poida empregala para entrar na cadea simbólica que forma parte do patrimonio simbólico das comunidades.

Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade.

Evelino Cabrejo-Parra (experto en lectura na primeira infancia) sostén que: “Son inesgotables as posibilidades de lecturas que se poden facer e nunca se lerá o suficiente para un bebé. É importante ser consciente diso.  Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade. Os nenos son capaces de interiorizar e asimilar para incorporar ritmos e os adultos teñen que saber que isto é parte do alimento simbólico, necesario para a construción psicolóxica dos nenos”. De aí, a importancia de darlles os ritmos de maneiras moi diferentes.

Nesta liña tamén, a psiquiatra francesa Marie Bonnafé, afirma que a lectura en voz alta é unha maneira de indicar ao bebé que hai significado nos textos. Os nenos que non descobren a tempo que o texto ten significado terán un achegamento tormentoso ao libro, un sufrimento absoluto. Pero, se hai unha lectura en voz alta, unha entrada pracenteira e libre na lingua e na cultura, seguramente o destino dese suxeito será diferente.

Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca.

Nunha entrevista feita a Cabrejo-Parra, Gabriela Romeo pregúntalle:

GR: E por iso é fundamental que a triangulación – mediador, neno e o obxecto-libro – veña da familia. Se isto sucede a partir da familia, o resultado é totalmente diferente.

EC-P: Creo que a familia ten un papel moi importante. Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca. Na orde institucional: a biblioteca, a familia e o bebé. A familia é decisiva nesta historia. E cando descobre que ao bebé gústanlle os libros, nin un pai, nin unha nai sequera permanece indiferente a iso. Vai descubrir que o bebé ten unha serie de habilidades, poñendo en marcha todo este patrimonio cultural que, como adulto, aparentemente esqueceuse, pero está latente, nun recuncho dunha parte non consciente. Nas cancións de berce, nas cancións, alá está todo o que necesita ser ofrecido aos bebés.

Neste proceso hai unha riqueza que vai máis aló da simple interacción. Cada adulto ten en si un bebé, a parte infantil do adulto que a miúdo dorme, e necesita espertar. Ás veces pode estar morta e logo termina creando unha descontinuidade interna entre a parte adulta e a infantil. É esencial espertar a parte infantil do adulto, paga a pena poñela en marcha, e ás veces, ler para un bebé é como ler ao bebé que unha vez ti fuches.

Por todo iso, nos nosos Bebencontros facemos fincapé en todo o devandito e tentamos sempre que a música e a linguaxe conflúan nunha mesma sesión. Deixámosvos unha pequeña mostra do que aplicamos sobre esta teoría nas nosas últimas sesión.

Advertisements

“A Flor de Pel”, obradoiro de masaxes proximamente na Biblioteca Forum

Queremos despedir os Bebencontros da Biblioteca Forum dun xeito especial, e que mellor maneira que dun xeito moi próximo, cunha sesión de masaxes. Aprenderedes da man de Carla Console (Boga Psicólogos) o fundamental sobre esta técnica ancestral e descubriredes a importancia do sentido do tacto na relación co voso bebé. Neste obradoiro atoparedes recursos e ideas para desfrutar de moitos momentos de tenrura e diversión cos vosos fillos.

Así que, as familias con bebés de 0 a 24 meses podédesvos inscribir desde a páxina web das Bibliotecas Municipais da Coruña a partires do sábado 21 de maio ás 10.00h. Non vola perdades! Agardámosvos o 28 de maio!

 

 

O ruído branco

Nestas dúas sesións os nosos contos protagonistas foron:

Adivina cuánto te quiero, escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram, é un dos contos máis amorosos, onde  dar medida ao amor convértese nun xogo de expresión de sentimentos.

¿Un gato?de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, permítenos crear a nosa historia, adaptar cancións,  incorporar recursos sonoros e, deste xeito, manter o asombro dos pequenos mentres se van despregando as solapas e detrás de cada unha delas aparece un novo animal.

Que esconde o pequeno Edu?de Linne Bie, con Edu xogamos ao divertido xogo das agochadas, ademais de ir recoñecendo as diferentes partes do corpo de maneira moi musical.

En La granja del señor Cocde Jo Lodge, axudamos a este simpático crocodilo a coidar dos animaliños da súa granxa ao ritmo de melodías tradicionais e, por suposto, da súa canción:

Oh! ven a mi granja, oh! ven a mi granja

Oh! ven, oh! ven, oh! ven…

Xa vos falamos nun post anterior de como o son e/ou a súa ausencia teñen unha enorme importancia no desenvolvemento sensitivo, auditivo e cognitivo do bebé. Como os nenos se achegan aos distintos sons da realidade que os rodea, experimentan con eles, percíbenos, e observan como existen características comúns e diferencias entre os mesmos.

Desde pequenos van buscando coa mirada o son percibido, rexeitan os sons estridentes ou ruidosos, xogan a reproducir o que ouviron, recoñecen pequenas melodías e cancións, clasifican e ordenan sons exercitando con iso a  memoria auditiva, por elo as nosas narracións acompañámolas de diferentes sons, ritmos, volumes, timbres. A Beba identifícana co son dos axóuxeres cando soan, cando soan saben que vai a aparecer Beba coa súa saca chea de contos.

Pero hoxe queremos facer referencia ao ruído branco pola peculiaridade do efecto que este pode causar tanto en bebés como en adultos e as investigacións que se están a realizar neste tema.

Sabíades que o ruído branco tranquiliza ao voso bebé?

Para saber máis, deixámosvos esta ligazón:

http://www.bebesymas.com/ser-padres/por-que-el-ruido-blanco-calma-a-algunos-bebes

Outro exemplo de melodías que calman aos bebés, vén reflectido neste anuncio de doces xaponés… Animámosvos a facer a proba!

Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións do 6 e 20 de febrero na Biblioteca Forum Metropolitano premendo na galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Non nos queremos despedir sen antes agradecer ás familias participantes o seu entusiasmo e confianza, e sen vos recomendar algunas lecturas interesantes para esta Semana Santa. Xa sabedes que todos estes libros e máis podédelos consultar no noso catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Que desfrutedes das vacacións!

#Recomendamos Beba

Recomendamos unha colección de SM que chegou fai pouco á Biblioteca Forum, e un libro do Centro de Interese S.O.S. Somos Pais que chegou á Biblioteca do Castrillón.

Bebencontros de novembro na Bebeteca Forum

No mes de novembro pasamos dúas tardes de conto cos máis pequenos. O sábado 14 Beba agardaba na Bebeteca do Forum Metropolitano a Martín, Noa, Manuel, Miguel, Martina, Diego e Valeria, con contos, música e poesía, xogos e cancións; e, o sábado 28, a Max, Celtia, Sofía, Laura, Julia e ao máis pequeño, Guillermo, que, todos xuntos, permaneceron moi atentos a todo o que alí aconteceu.

Comezamos as sesións cantando, coma sempre, con Beba a canción de benvida aos bebés.

Beba os está esperando

haciendo poesías

para vosotros

potí potá

pata de palo

ojo de vidrio

y nariz de guacamayo, yo

Na sesión de 13 a 24 meses gozamos dun Clásico da Literatura Infantil: Caperucita roja de Christian Guibbaud; e vibramos co conto Que agacha o pequeno Edu? de Linne Bie, deste xeito, fomos descubrindo que agachaba o noso amigo conseguindo o asombro dos pequenos.

 

A ver que esconde Edu, ímolo descubrir,

A ver que esconde Edu, ímolo descubrir,

……

Cucú, cucú, cucú

Edu… estás aí?

Na sesión de 0 a 12 meses, Beba presentou ao señor COC que nos convidou a coñecer a súa casa. O conto Un gato? de Guido van Genechten amosounos cada un dos animais que agacha nas súas páxinas.

Logo de tantas emocións relaxámonos á luz da lúa cunha canción:

Luna lunera cascabelera

debajo de la cama tienes la cena.

Luna lunera cascabelera

mete la mano y saca la cena.

Quien se la comió?

el gato tragón

Pues dale cuatro besos y perdónalo:

un muac; dos muac; tres muac; cuatro muac

Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións do 14 e 28 de novembro na Biblioteca Forum Metropolitano. Podedes consultar a galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Non nos queremos despedir sen vos recomendar algunhas lecturas para o Nadal. Estes e outros documentos podédelos atopar consultando o noso catálogo.

Hastag das recomendacións das Bibliotecas Municipais

 

 

 

Educar asombro

 

Educar en el asombro : ¿Cómo educar en un mundo frenético e hiperexigente? / Catherine L’Ecuyer.– Barcelona : Plataforma Editorial, 2012.

Como conseguir que un neno, e posteriormente un adolescente, actúe con ilusión, sexa capaz de estar quieto observando con calma o que lle rodea.

 

 

adivinapeluche_p

 

Adivina cuanto te quiero / escrito por Sam McBratney ; ilustrado por Anita Jeram.– [Barcelona] : Kókinos, 2010.

A famosa historia da lebre pequena e a gran lebre cor abelá reaparece cunha nova forma, pero mantendo esa tenrura de sempre que tanto nos conmove.

Agardámosvos pronto e Boas Festas a tod@s!

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum

Érase unha vez…

RatitaUnha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias.

Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da cuberta vaise transformando nunha bolboreta, a bolboreta nun rato, o rato nunha serpe e a serpe nun camaleón que ía zampar un moscón… si ou non?

caracol-veo-veoMira, mira, mira,

dime que verás!

Mira, mira, mira,

e descubrirás…!

ylalunasonrioEsportadate sábado, 31 de outubro, divertímonos cos máis pequenos da man dun vello amigo, o xa coñecido señor Coc, e cos seus amigos o burro Tontón, a gata Timotea, a vaca Lola e o poliño Lito que toma “biberón con gustito a leche con sabor a bombón”.

Xogamos coas estrelas mentres a Lúa sorría.

Ao ritmo da canción dos “seis ratoncitos” botamos na pelota desfrutando todos xuntos do curruncho máxico da Bebeteca.

Coma sempre, ao finalizar as sesións, Beba achegounos as verbas que durmen nas nubes e que espertan nos contos, desexando que xoguemos con elas.

Como podedes imaxinar desfrutamos dunhas marabillosas tardes de sábado, na que bebés, nais, pais e bibliotecarias tivemos ocasión de deixar voar a imaxinación.

Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesión do 17 e do 31 de outubro da Biblioteca Forum Metropolitano. Podedes consultar a galería flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña. Agardámosvos de novo!

#Recomendamos Beba

Lembrade que aínda que non haxa Bebencontros, seguimos na Biblioteca Forum, cunha chea de contos, música, Bebelotes e documentos para Pais, que sempre poderedes atopar dende o noso catálogo.

Nesta ocación recomendámosvos aos pais un libro de Francisco Mora ¿Es posible una cultura sin miedo? (Alianza, 2015); e para os bebés, un novo conto de Antonio Rubio e Óscar Villán titulado Violín (Kalandraka, 2014).

Montaxe Bebe

Con todos vostedes… un circo divertido!

Montaxe nenos

O pasado sábado desfrutamos dunha fantástica tarde de circo con Daniel, Iago, Jacobo, Noa, Ricardo, Sabela e as súas familias. Aplaudimos aos malabaristas, rimos cos pallasos, pero coa entrada dos leóns, prodúxose un momento de tensión:

Os leóns ensinan os dentes, pero… que domadores tan valentes!

Encantounos este espectacular Juego del circo de Hervé Tullet. Pero tamén houbo ocasión para pasalo en grande cun clásico da literatura infantil, Los tres cerditos y el lobo feroz,traducido por Carmen Gil e ilustrado por Jenny Arthur, nun divertido libro carrusel. Cantamos cos tres porquiños e soplamos moi forte co lobo feroz.

Montaxe contos

Ao remate da sesión xogamos a ser malabaristas. Pais e nenos convertíronse en expertos do equilibrio, manteando e non deixando caer as pelotas ao chan. Todos xuntos collimos unha manta de cor rechamante e ao son da música do circo, fixemos bailar unhas pelotas. Deste xeito, logramos estimular aos pequenos a desenvolver a súa coordinación visual, manual e auditiva.

Montaxe manteo

Encántannos as #recomendacións, nas sesións recomendamos moitos contiños para os nenos, agora queremos recomendar aos pais un libro para facer actividades durante as vacacións. Xa sabedes que estes libros e outros podédelos consultar no catálogo das Bibliotecas Municipais.

Recomendamosbmc

#Recomendamos Beba

365-experiencias-con-tus-hijos-Lonely-Planet1

Somos rosas na Bebeteca do Forum (13-24 meses)

6º SESIÓN bEBE 1-2 ANOS 008

No sexto Bebencontro de 13 a 24 meses na Biblioteca do Forum, adicamos unha parte importante da sesión ao xogo relacionado coa lectura. Escollimos un conto do autor-ilustrador francés Hervé Tullet, Juego del circo (Kókinos, 2008), para narrar xogando este “conto circense” tan divertido. Que adentrou aos pequenos ao máxico mundo do circo, un gran espectáculo con grandes artistas: as marabillosas malabaristas, os equilibristas sen medo ás alturas, os valentes domadores, os magos con variñas, os músicos pallasos, … O escpectáculo estivo acompañado da famosa marcha “Entry of the Gladiators (Thunder and Blazes)“.

6º SESIÓN bEBE 1-2 ANOS 002

Con todos ustedes: las trapecistas!

Con gran equilibrio en la pista…

6º SESIÓN bEBE 1-2 ANOS 003

El payaso con su trompeta

despierta a la golondrina Marieta

Queremos agradecer a Brais, Iago, Nicolás, Noa, Pablo e Sofía e as súas familias a participación activa no pasado Bebencontro. Creouse ese vínculo necesario para que todas estas sesións sexan fructíferas e cumpran a súa finalidade. Para ver as fotografías da sesión podedes consultar a galería Flickr das Bibliotecas Municipais.

Montaxe2

#Recomendamos Beba

Meu circo

Hoxe querémosvos recomendar un contiño que temos a vosa disposición nalgunas das Bebetecas do sistema municipal de Bibliotecas: Mi circo de Xavier Deneux (Océano, 2009). Este e outros moitos documentos podédelos consultar a través do noso catálogo en liña.

Somos azuis na Bebeteca do Forum (13-24 meses)

Azuis_portada

Un elefante

Señor coc

No quinto Bebencontro na Biblioteca Forum Metropolitano, despois do conto “Un elefante se balanceaba“, de Marianne Dubuc, animamos aos papás e mamás a balancear aos seus bebés. Os balanceos axudan a reforzar o sistema vestibular, que é o encargado de manter constantemente o noso equilibrio e regular a nosa postura. Todas as sensacións que temos pasan a través do mecanismo vestibular, polo que todos os demais sentidos: o que oímos, o que vemos, o que sentimos… percibiranse dunha forma cómoda e terán significado soamente se o sistema vestibular funciona como é debido.

Nesta sesión utilizamos esta canción non para balancealos, senón para realizar outro xogo utilizando unhas pelotas de foam e unha tea de cor azul coa que lanzabamos as pelotas ao son da canción, con este xogo axudamos ao bebé a desenvolver as súas habilidades de coordinación ollo-man. E pasamos un anaco moi divertido ata o momento en que chegou Beba coa súa saca.

 Alfredo, Iago, Inés, Iván, Lois, Noa, Pedro e as súas familias participaron moi activamente no transcurso da sesión, durante as cancións e durante a narración dos contos. Coñeceron a casa do Señor Coc e os seus hábitos, e divertíronse co Elefante elegate e os seus amigos balanceándose na tea dunha araña ao ritmo da melodía que invadían as campás musicais.

 Montaxe

Ao final de cada sesión os nosos pequenos lectores levan en préstamo uns bebelotes especiais da sesión para desfrutalos na casa en familia. Para que vexades o ben que o pasamos na sesión, podedes consultar as fotos que subimos na galería Flickr das Bibliotecas Municipais.

Recomendamos Beba

Dada a visita realizada de Pablo Díaz ao Audotorio do Forum Metropolitano o sábado pasado, ímosvos recomentar o seu novo traballo “Xente miúda, moita fartura” que xa temos nalgunhas Bibliotecas Municipais.

Pablo-Diaz_1

Somos amarelos na Biblio do Forum (13-24 meses)

Fondo Somos Amarelos_Montaxe

O pasado sábado, unha vez máis, desfutamos dos Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano. Contamos coa presenza de Andrés, Gael, Iago, Lois, Miguel, Noa e as súas familias, aos que agradecemos a súa implicación e motivación nesta sesión.

Tanto na sesión do sábado como neste post, queremos resaltar a importancia do oído e da súa estimulación en idades temperás. Se exercitamos ben o ouvido dos bebés, conseguiremos que perciban con máis precisión a linguaxe das persoas e do mundo que os rodea, e así o reproduzan o máis exactamente posible. Por iso, os xogos para aprender a escoitar (“Juegos para oír”) son moi importantes, xa que educan o oído e e favorece a mellor adquisición da fala.

Se temos en conta o desenvolvemento cronolóxico do oído, no primero mes o bebé é capaz de atender a estímulos acústicos, no segundo mes volve a cabeza ata a fonte do son, no cuarto mes recoñece a voz de seus pais, e a partir dos 12 meses xa son capaces de imitar sons, tocar timbres por imitación e repetir sílabas balbuceando. Por iso nós empregamos as onomatopeias dos distintos animais que aparecen na historia que lles narramos, “La granja del Señor Coc” de Jo Lodge e “El gran libro del Pollo Pepe” de Nick Denchfield e Ant Parker. E tamén cantamos acompañados das campás musicais a canción de “Los pollitos dicen”, o son das campás estimulan o oído dos bebés pola variedade de tonos, ritmos, intensidades e frecuencias logrando que permanezcan moi atentos.

Los pollitos dicen, Montaxe campás
pío, pío, pío,
cuando tienen hambre,
cuando tienen frío.

La gallina busca
el maíz y el trigo,
les da la comida
y les presta abrigo.

Bajo sus dos alas
se están quietecitos,
y hasta el otro día
duermen calentitos.

Ao final de cada sesión os nosos pequenos lectores levan en préstamo uns bebelotes especiais da sesión para desfrutalos na casa en familia. Para que vexades o ben que o pasamos na sesión, podedes consultar as fotos que subimos na galería Flickr das Bibliotecas Municipais.

Montaxe bebe2

Recomendamos Beba

untitled

Contos en Cantos de Almudena Janeiro, un libro-CD-DVD que recopila unha serie de contos da editorial OQO e os musica empregando diferentes ritmos: rock & roll, soul, bossa nova, etc. Moi recomendables para educar os ouvidos dos vosos fillos. Este documento podédelo atopar nas Bibliotecas Municipais a través do noso catálogo en liña, así como outros documentos do voso interese.

Espantamos a friaxe cun pouco de movemento!

Que o frío nos fai aterecer? Nós facemos que non o sentimos.

Que os pes parecen témpanos de xeo? Nós saltamos ata o teito.

Que as manciñas teñen os dedos agochados? Nós abrímolas, estirámolas e aplaudimos ata telas ben quentiñas!

O sábado pasado, no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil, fomos escorrentando a friaxe do corpo, que nestas datas sempre ven moi ben!

Comezando cas partes do corpo empezamos a quentar, e chegamos aos cinco dediños: o maimiño, o seu veciño, o furabolos, o matapiollos e o pai de todos fixeron ximnasia ó son da música.

O Señor Coc móvese, da palmadas, aletea, deslízase e proba todo tipo de movementos, e así, pouquiño a pouco, fomos vendo como se move un verme, unha foca, unha ra, un elefante e ata voamos como un paxaro!

E xa postos, pois aproveitamos para seguir movéndonos como na ximnasia de verdade!

AaaarMomento de ximnasia no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenilriba! Aaaabaixo! Reeeeemamos!!!

Pero tanto axetreo deixounos cansos, moi cansos, e rematar cunha masaxe relaxante foi… foi… coma descansar enriba das nubes…

E sabedes que todo isto se pode repetir na casa? Que como? Tedes un montón de ideas nos libros, CDs e DVDs que a Biblioteca Infantil e Xuvenil ten na sección de SOS Pais e nos Bebelotes que hai preparados para que levedes calquera día da semana. E se preferides, podedes rebuscar no catálogo das Bibliotecas municipais.

Vémonos prontiño en xaneiro!

%d bloggers like this: