Arquivo do blog

Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.

“Se estarricamos moito os brazos, moi  lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?…”

O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde : Avoa Youja Teatro. As familias participantes con nenos ata os 3 anos disfrutarán mediante a música ó vivo e a manipulación de obxectos dun espectáculo cheo de estrelas e astros: “O alumiño dunha estrela”.

“…No espazo agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos  experimenten a marabilla da beleza e ofrecerlles así a posibilidade de voar tan alto como a súa capacidade de imaxinar novos mundos. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posible”.

O alumiño dunha estrela

Estades invitados

Recordámosvos como podedes facer para inscribirvos:

Sete días antes da celebración do Bbencontro a partir das 10h 

en  www.coruna.es/bibliotecas

Prazas limitadas

Advertisements

BEBESCENA: AZUL non é só unha cor

Azul é teatro, azul é música, azul é maxia, azul é imaxinación, azul é movemento, azul é linguaxe… Voilá! AZUL é outra forma de estimulación temperá creativa, motivadora e diferente”

Así é como define Teloncillo, compañía teatral encargada de clausurar o programa BEBESCENA deste 2015, a obra que se representará o próximo domingo 13 de decembro no auditorio do Centro Ágora.

Dossier da produción “Azul” de Teloncillo Teatro

Considerando as habilidades cognitivas e psicomotrices dos bebés, Ana Gallego e Ángel Sánchez, integrantes da premiada compañía, adaptaron esceas, poemas, cancións e inventaron xogos coa fin de crear unha representación músico-teatral pensada por e para os nenos e nenas de 1 a 3 anos.

A presenza da maxia, das sorpresas e do ritmo en directo amosarán aos pequenos/as novas formas de aprendizaxe, convertendo o espectáculo nunha experiencia multisensorial única e enriquecedora.

Que vos parece se pintamos o noso mundo de cor AZUL?

Convidámosvos a desfrutar da obra e despedir esta achega “miúda” ás Artes Escénicas (mais só ata o 2016)! BO NADAL!

BEBESCENA: peixes + palabras de mel

Ás veces penso… como era eu cando fun peixe?

pezes (17)

Imaxe da produción “peZes”

Con esta frase remata o tráiler de “peZes“, un poema escénico que reflexiona sobre a orixe da vida contado a través da auga. A compañía Ultramarinos de Lucas, recentemente galardoada co Premio Nacional das Artes Escénicas para a Infancia e Xuventude 2015, é a encargada de representar dito poema co obxectivo de mergullar aos bebés nun universo líquido, ao que pertencen – pertencemos – xa antes de nacer.

Mais estes espectáculos teatrais chegados do fondo mariño, mestúranse con doces propostas musicais da man de Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

Por segundo ano consecutivo, o seu recompilatorio de “Arrolos de Salitre” aterra no Centro Ágora para deleitarnos cunha ampla batería de nanas ou “palabras de mel”, todas elas rescatadas da tradición oral galega e envoltas nos acordes máxicos dunha guitarra e no acolledor son dun acordeón.

… voga, e nunca deixes de vogar; canta, cando vogues mellor cantar…

Estas dúas propostas, xunto cun obradoiro de arrolos destinado ás familias con bebés de 0 a 3 anos, completan a programación de BEBESCENA para este mes de novembro.

Só tedes que conseguir a vosa entrada, achegarvos ao Centro Ágora e desfrutar xuntos/as deste “miúdo” contacto coas Artes Escénicas.

Bebés a escena

A oferta de actividades dirixidas a bebés vai en aumento na Coruña. Aos xa míticos bebencontros organizados nas bibliotecas para bebés de 0 a 24 meses, súmase de novo este ano a serie de espectáculos Bebescena, dirixido a bebés de 1 a 3 anos.

bebescena

Os espectáculos deron comezo o pasado 21 de setembro e terán lugar algúns domingos dos meses de outubro, novembro e decembro*. Todas as datas, prezos e lugares de venda de entradas están recollidas no folleto informativo.

*[ACTUALIZACIÓN DO DÍA 02/10/2014]

Whatsapp madrugador

Whatsapp madrugador

O que escribe recibe un whatsapp madrugador no que o advirten de 2 despistes. Desgranemos:

  1. despiste do que escribe: os espectáculos de BEBEscena prolónganse, según se reflicte no folleto, ata o mes de marzo. Hai 3 citas máis a partir de decembro: os domingos 25 de xaneiro, 08 de febreiro e 08 de marzo.
  2. despiste do folleto: na actualidade as Bibliotecas Municipais da Coruña non teñen 3 bebetecas, senón 4. A maiores da bebeteca da Biblioteca Ágora, Os Rosales e Fórum Metropolitano sumouse xa o ano pasado a da Biblioteca Infantil e Xuvenil, na rúa Durán Loriga. Se aínda non a coñeces o 25 de outubro terá o seu primeiro bebencontro desta tempada.
Árbores que rodean os Bebencontros da Biblioteca infantil e xuvenil

Árbores que rodean os Bebencontros da Biblioteca infantil e xuvenil

[FIN DA ACTUALIZACIÓN ;)]

A maiores do teatro, organízase tamén un obradoiro gratuíto ben interesante sobre alimentación: Aprender a comer xogando.

Igual que fixemos no post que escribimos o ano pasado, recomendámosvos que aproveitedes a visita ao Centro Ágora para achegarvos á bebeteca da Biblioteca Ágora. Veredes un espazo acolledor e especialmente deseñado para os máis pequenos, con materiais adaptados para estas idades. Nesta biblio comezarán cos bebencontros o próximo 25 de outubro.

bebencontro en Ágora

Esperámosvos!

“Vivaldia” Teatro para bebés

El pasado sábado 7 de junio en la biblioteca del Forum hemos despedido los bebencontros con una sesión conjunta para los bebés de 0 a 24 meses, de la mano Erica González e Estíbaliz Veiga de que nos deleitaron con su buena manera de hacer Teatro para bebés, con esta sesión hemos pretendido poner en  contacto al bebé  con este arte escénico y disfrutar con la experiencia.

Un paseo con por las cuatro estaciones con la música de Vivaldi.  Erica González e Estíbaliz Veiga crearon un nexo de comunicación con cada uno de los sentidos abriendo la capacidad cognitiva, despertando las emociones y fijando la atención de los bebes. 

 

 

¡¡¡Os invitamos a seguir visitándonos durante el verano  y a participar en el programa el próximo otoño!!!

 

Avoa Youja. Soñei que era unha árbore. Bbencontro Os Rosales 12 de abril

O próximo sábado 12 de abril ás 11h terá lugar un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales. Unha vez máis achegaremos os máis pequenos e as súas familias, á música en vivo e en directo e á maxia do teatro.

Hai un tempo tivemos a oportunidade de coñecer a Fran Buceta e a Marta Faílde (Avoa Youja Teatro) e a súa obra “Viaxe en colo”. Os camiños de Marta e Fran uníronse coincidindo na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Denque aquela uniunos unha amizade e uns intereses artísticos e creativos moi similares. Ámbolos dous seguen a formarse en danza clásica e contemporánea e tamén non eido dá música. Na busca de novas formas de facer e vivir ou teatro xurdiulles a posibilidades de realizar traballos para os máis cativos.

78foto02_

Fran Buceta e Marta Faílde

Nesta ocasión, visitarannos co seu novo espectáculo titulado “Soñei que era unha árbore” gracias o programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”.

Soñei que era unha árbore

Soñei que era unha árbore

 

Estades todos invitados

Recordámosvos como podedes facer para inscribirvos:

Ás 10 horas da mañá do luns anterior á sesión habilitarase neste mesmo blog un formulario de preinscrición. As persoas con praza serán contactadas desde a Biblioteca
Prazas limitadas

 

Oso pardo, oso pardo que ves? Un obradoiro para bebés

Cans brancos, ovellas negras e katarsis nas estrelas

post def

Unha vez máis, a pasada semana, a compañía Katarsis Educación e Teatro amosou na Biblioteca Ágora, todas as potencialidades que ofrece a simbiose educación-teatro para iniciar aos bebés nos seus primeiros contactos co mundo dos contos.

Espertamos dentro dunha bañeira con auga na que os protagonistas da historia dos tres porquiños desfrutaban, mentres todos os participantes descubrían os libros de ducha. Camiñamos primeiro e corremos despois ao son do corro da pataca, imaxinamos historias nas mans dos pais e nais que asistiron á sesión, e mesmo, o señor Coc tivo a oportunidade de presentarnos a un dos seus mellores amigos.

definitiva post

E se unha sábana nos perseguira para ir durmir e mesmo se prestara a xogar con nós nacendo dela un conto?

Foron moitos e moi diversos os recursos que compartimos, o conto como xogo, como experiencia lúdica do descubrimento dunha historia, dunha imaxe, dun son, como punto de partida ao desenvolvemento da imaxinación.

Dende a Bebeteca Ágora queremos agradecer aos bebés participantes e ás súas familias ter compartido con nós estes momentos máxicos para todos. E o mellor xeito de desfrutar dun anaquiño da sesión é a través do seguinte vídeo. Desfrutade e ata pronto!

A Bebeteca Ágora vive unha catarse inaugural

Detalles da actuación

Detalles da actuación

Este pasado sábado déuselle o pistoletazo de saída á Bebeteca Ágora e ao seu programa de bebencontros coa presentación do espectáculo Pacama, da compañía de teatro Katarsis.

Foron case cincuenta familias cos seus respectivos bebés, as que puideron desfrutar dunha obra consolidada no noso país e que viaxará en breve aos EEUU.

A actriz Estíbaliz Veiga cun dos bebés participantes

A actriz Estíbaliz Veiga cun dos bebés participantes

 Foi importante contar coa profesionalidade duns actores e actrices comprometidos cunha visión pedagóxica do teatro, ademáis, puidemos compartir o espazo cun público implicado e disposto a poñer en contacto dende idades temperás aos bebés coa lectura e en facelos partícipes das emocións do artístico. Esperamos con ansia que boa parte destes bebés participen nos vindeiros bebencontros, fagan uso dos bebelotes, e desfruten de todos os servizos que ofrece a nosa rede de bebetecas.

 Queremos compartir con todos vós algúns dos momentos vividos, e que desfrutedes tanto como o fixeron as familias, os bebés e por suposto tod@s nós, dunha verdadeira catarse teatral. Esperamos que sexa do voso agrado.

Comezou a andaina na bebeteca Ágora, e vós sodes os mellores compañeir@s deste camiño…

PAra CAndo MAis Teatro?

BEBEscena no Centro Ágora

O próximo domingo 15 de setembro dará comezo no Centro Ágora da Coruña BEBEscena, un programa de espectáculos dirixidos a bebés de entre 12 e 36 meses, obradoiros e conferencias familiares.

Comeza ás 12.30h con BABS, obra de Baobab Teatro de quen vos deixamos o tráiler de Fíos

E haberá BEBEscena catro domingos máis: 22 e 29 de setembro, 20 de outubro e 3 de novembro con varias sesións cada día. Para non perdervos con tanta info consultade o folleto informativo do programa completo

E de paso que visitades as instalacións do Centro Ágora aproveitade para achegarvos á Biblioteca Ágora e en especial á súa Bebeteca. Os nosos compañeiros “agoreiros” están traballando arreo para comezar coa programación para bebés no mes de outubro.

Eva e Tamara preparando os Bebelotes

Eva e Tamara preparando os Bebelotes

Iremos informando…

Parrulos á auga

Coa calor que mellor que gozar cos máis pequenos na auga, sempre escoitamos a importancia de manter os reflexos relacionados con este elemento, e o beneficioso que resulta para despois poder aprender a nadar sen medos.

Os beneficios destas actividades acuáticas son moitos e variados, xa que se traballa dende o desenvolvemento psicomotor ata as habilidades sociais, ademais de axudar á relaxación e a reforzar o vínculo coa persoa que o acompaña.

Navegando pola rede topámonos cunha páxina moi interesante onde poder descubrir todos os beneficios destas actividades acuáticas, como comezar, que medidas tomar, a páxina chámase i-natación e resulta moi esclarecedora.

Ademais, como xa sabedes temos moitos libros interesantes sobre estes temas nas Bibliotecas Municipais, aquí vos deixo algún exemplo.

%d bloggers like this: