CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Continue Reading →

Advertisements

CantoConto! Parabéns!

Con motivo da celebración do aniversario dunha das nosas bibliotecarias, aproveitamos esta sesión para felicitar todos os aniversarios do ano, tanto das nenas e nenos como de seus pais e nais, avós e avoas... pero, ao estilo CantoConto!, con cancións e contos. Descubrimos que a nosa compañeira estaba de aniversario, como non, a través do... Continue Reading →

Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.

"Se estarricamos moito os brazos, moi  lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?..." O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde... Continue Reading →

Músicas para unha bebeteca

Hai tempo que tiñamos ganas de compartir con vós un post centrado nas músicas que empregamos nas sesións da nosa Bbteca, tanto para poñermos en común a importancia que nós lle outorgamos ao emprego da música como ferramenta comunicativa cara aos bebés como tamén pola posibilidade que abre para sabermos a vosa opinión sobre a... Continue Reading →

Unha achega ao “diferente”

É un feito que vivimos nun mundo globalizado, rodeados dun enorme abano de culturas que se mesturan para conformar unha identidade heteroxénea. Pero tamén é unha realidade que formamos parte desa grande diversidade, incluídos os nosos bebés, e percibímola no día a día: falando na escola, xogando no parque ou camiñando polo barrio. É importante... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: