Arquivo do blog

CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro.

Para os que non puidestes vir, deixámosvos aquí unha selección das fotos que sacamos nas catro sesións que se celebraron, nas bibliotecas do Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón.

CantoConto!: Ti podes!

Os nosos amigos Bea e Paolo presentáronnos a un amigo seu, un lobiño que non era capaz de soltar o seu chupete. Para conseguilo, con moito agarimo foron contando e cantando uns contos marabillosos: “Polo camiño“, “Chibos chibóns“, “Qué fai falta?“, “Lúa“, etc.

Qué contento estaba o noso lobo! Grazas a tenrura de Bea e Paolo, e, como non, ao seu sentido do humor, pasamos unha tarde deliciosa. Moitas grazas por acompañarnos!

Esperamos volver vervos o curso que vén, estade atentos ao noso blogue, a nosa páxina web e ás redes sociais (facebook e twitter) das bibliotecas municipais. Lembrade que este é un programa para familias con nenos de 2 e 3 anos, así que se voso peque ten esta idade só tedes que inscribirvos sete días antes da sesión á que queredes asistir.

Feliz verán, cantoconteiros!

Advertisements

Semana da Música Infantil na Feira do Libro de A Coruña 2014.

feria libro
A Feira do Libro de A Coruña abre as súas portas desde mañá, 1 de agosto, e ata o 10 de agosto, nos xardíns de Méndez Núñez. Conta cunha variada programación para todos os públicos e terá un horario de apertura moi amplo, de 11 a 14 e de 18 a 22 h.

E, a partir do luns 4, ofrécenos unha nova edición do festival de música e lectura infantil “Lemos, cantamos, gozamos” nunha das dúas carpas de actividades da feira: a partir das 20 horas poderemos cantar e bailar cos nosos pequenos na boa compaña de Susa Herrera, Olga Brañas, Migallas Teatro, Xoán CurielMaría Fumaça, As Maimiñas e Paco Nogueiras.

E, para poder gozar moito mellor do espectáculo, recomendámosvos que pasedes previamente pola biblioteca máis próxima e vos levedes en préstamo os libros e discos destes artistas:

  • Cartas que veñen e van” e “Todos os animais ó caixón“, de Susa Herrera con Mamá Cabra.
  • Animais encantadores” e “En Cabárceno se oye cantar“, de Susa Herrera.
  • Pitusa Semifusa“, de Olga Brañas.
  • Pan de Millo“, “Un avó especial” e “¡Canta connosco!“, de Migallas Teatro.
  • Estamos no verán!“, de Charo Pita e Xoán Curiel.
  • … cantar e bailar para ser máis feliz!!!” e “Xiqui Xoque, Fiú Fiú“, de María Fumaça.
  • Brinca vai“, de Paco Nogueiras.

E preparádevos para gozar do lindo con algúns dos mellores artistas para nenos de Galicia!

%d bloggers like this: