Arquivo do blog

“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum

O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza”A espertar” farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce… minutos inesquecibles para compartir en familia.

Agardámovos!

Lembrade que a inscrición será a partir do sábado 20 de maio ás 10:00h. en http://www.coruna.gal/bibliotecas

A espertar

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: “Non hai maneira”, adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto!

Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro… como di o noso amigo Pablo Díaz.

Acompañounos nesta sesión o noso querido Ole, mascota singular das Biblios e fermoso paxariño azul. Pero resulta que Ole non se sentía ben con el mesmo e tivémolo que convencer a través do conto “Por cuatro esquinitas de nada“, que tan ben narra Jérôme Ruillier

Este libro versa sobre a exclusión e a amizade. É unha historia deliciosa que nos lembra que, a pesar das nosas diferenzas cos demais, todos temos un sitio no mundo, e que moitas veces, aínda que nos empeñemos en ser como os demais, sempre hai algo que nos fai distintos. E iso non debería ser un problema nunca.

 

Aprendimos a desprendernos dos prexuízos e a valorar a amizade da man de Felipe, un pequeno cactus, o máis novo dunha longa estirpe de cactus importantes que lle dan importancia á aparencia e ao status. Pero Felipe non consegue empatizar con iso, porque o pobre Felipe só quere que alguén lle dea unha aperta. Pero, ai!, quen vai apertar a un cactus?

Este delicioso e emotivo albume, “Abrázame“, está escrito e ilustrado por Simona Ciraolo.

Presentamos a colección, “El mundo en fotos”, da editorial La Galera. A través dela descubrimos todas as culturas do planeta. Descubrimos que non todos somos iguais e que nesas diferencias radica a grandiosidade do ser humano.

A sesión finaliza coa presentación do libro-CD “A bruxa discordia: cancións para a paz” de Mamá Cabra, ilustrado por Iria Fafián. Bailamos e cantamos ao son da peza “A Danza da Paz”. Esta e outras melodías desfrutadas nas anteriores sesións, podédelas escoitar na lista de distribución de CantoConto! que temos no Youtube.

 

 

 

–   ¡Qué pena! / Rémi Courgeon.– Girona: Tramuntana, 2016.

–   Gigante poco a poco / Pablo Albo, Aitana Carrasco.– [S.l.] : Hermes: Almadraba, D.L. 2009.

–   El búho que quería ser gallo / Mick Manning, Brita Granström.– Madrid: Artime, 2007.

–   ¿Cuál es mi color? / Antoine Guillopé; Géraldine Alibeu; traducción de Ana Rey Kochinke.– Madrid: Anaya, D.L. 2006.

–   La mariquita y su puntito / África Coll.– Valencia: Brosquil, D.L. 2006.

–   Pequeno Azul e Pequeno Amarelo / Leo Lionni; traducción de Chema Heras e Pilar Martínez.– Pontevedra: Kalandraka, 2005.

–   ¡Hombre de color! / inspirado nun conto africano e ilustrado por Jérôme Ruillier.– Barcelon: Juventud, D.L. 2003.

–   Óscar y la gata de medianoche / Jenny Wagner; Ron Brooks.– Salamanca: Lóguez, D.L. 1999.

 

Estas recomendacións podédelas atopar consultando o noso catálogo en liña ou visitando as Bibliotecas Municipais de A Coruña.

Agardamos tivérades desfrutado con nós! Deixámosvos unha mostra do acontecido na galería Flickr das Bibliotecas Municipais. Vémonos na vindeira sesión!

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e a musicalidade van da man desde os seus inicios e que a sintaxe lingüística e a sintaxe musical comparten procesos neuronais.

O ser humano desde que está no ventre da súa nai experimenta a musicalidade ao sentir diversos ritmos e sons do corpo da súa nai e do seu propio, sendo a voz humana un dos instrumentos máis marabillosos e variados  e  unha das primeiras cousas que o bebé aprende a ler e interpretar.

Así que, é sumamente necesario falar moito co bebé, cantarlle cancións e  lerlle poesías e contos para que, deste xeito, comece a recompilar información acústica e que posteriormente poida empregala para entrar na cadea simbólica que forma parte do patrimonio simbólico das comunidades.

Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade.

Evelino Cabrejo-Parra (experto en lectura na primeira infancia) sostén que: “Son inesgotables as posibilidades de lecturas que se poden facer e nunca se lerá o suficiente para un bebé. É importante ser consciente diso.  Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade. Os nenos son capaces de interiorizar e asimilar para incorporar ritmos e os adultos teñen que saber que isto é parte do alimento simbólico, necesario para a construción psicolóxica dos nenos”. De aí, a importancia de darlles os ritmos de maneiras moi diferentes.

Nesta liña tamén, a psiquiatra francesa Marie Bonnafé, afirma que a lectura en voz alta é unha maneira de indicar ao bebé que hai significado nos textos. Os nenos que non descobren a tempo que o texto ten significado terán un achegamento tormentoso ao libro, un sufrimento absoluto. Pero, se hai unha lectura en voz alta, unha entrada pracenteira e libre na lingua e na cultura, seguramente o destino dese suxeito será diferente.

Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca.

Nunha entrevista feita a Cabrejo-Parra, Gabriela Romeo pregúntalle:

GR: E por iso é fundamental que a triangulación – mediador, neno e o obxecto-libro – veña da familia. Se isto sucede a partir da familia, o resultado é totalmente diferente.

EC-P: Creo que a familia ten un papel moi importante. Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca. Na orde institucional: a biblioteca, a familia e o bebé. A familia é decisiva nesta historia. E cando descobre que ao bebé gústanlle os libros, nin un pai, nin unha nai sequera permanece indiferente a iso. Vai descubrir que o bebé ten unha serie de habilidades, poñendo en marcha todo este patrimonio cultural que, como adulto, aparentemente esqueceuse, pero está latente, nun recuncho dunha parte non consciente. Nas cancións de berce, nas cancións, alá está todo o que necesita ser ofrecido aos bebés.

Neste proceso hai unha riqueza que vai máis aló da simple interacción. Cada adulto ten en si un bebé, a parte infantil do adulto que a miúdo dorme, e necesita espertar. Ás veces pode estar morta e logo termina creando unha descontinuidade interna entre a parte adulta e a infantil. É esencial espertar a parte infantil do adulto, paga a pena poñela en marcha, e ás veces, ler para un bebé é como ler ao bebé que unha vez ti fuches.

Por todo iso, nos nosos Bebencontros facemos fincapé en todo o devandito e tentamos sempre que a música e a linguaxe conflúan nunha mesma sesión. Deixámosvos unha pequeña mostra do que aplicamos sobre esta teoría nas nosas últimas sesión.

A música impacta no cerebro do teu bebé

Cando as notas musicais penetran no ouvido do teu bebé non só xeneran a actividade das áreas que procesan a audición, senón que activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro: a amígdala e o núcleo acumbens (zonas relacionadas coas emocións), o hipocampo (que participa nos procesos de memoria), o cerebelo (encargado do ritmo) e as cortizas sensitivas e prefrontais (que interveñen nos procesos de razoamento), son algúns exemplos disto. Por iso dicimos que a música impacta fortemente no cerebro do teu bebé.

Segundo a Teoría de Gordon sobre o desenrolo musical, a aptitude musical é unha capacidade que, do mesmo xeito que outras cualidades humanas, posúe toda a poboación ao nacer en maior ou menor medida. Esta aptitude vese inmediatamente influída pola contorna. Canto máis rica e variada sexa a contorna musical do neno, antes se verá exposto a ese contexto musical e maior será o nivel de aptitude musical que alcance ese bebé.

O profesor e musicólogo Paulo Lameiro segue os preceptos de Gordon nos seus “Concertos para bebés“, o que non quere dicir que faga música para bebés, senón que fai música para que o seu público sinta a música. Está demostrado que a capacidade auditiva dos bebés é trescentas mil veces maior que a dos adultos. Na nosa cidade tivemos o pracer de escoitar a estes grandes músicos no programa de Bebescena no centro Ágora.

Non vos perdades o sábado 18 de marzo ás 12.00h. o concerto “El efecto Arco Iris” do grupo de corda da Orquestra Sinfónica de Galicia. Tras o éxito obtido co seu anterior espectáculo (“As Cores das Cordas”), estes profesionais repiten esta tempada o seu segundo espectáculo, que nos mergulla no fascinante mundo das emocións. Convidando aos máis pequenos a descubrir como a música pode expresar os nosos estados de ánimo.

Pola importancia da música nas nosas sesións, despois de cada Bebencontro os nosos pequenos asistentes levan en préstamo un Bebelote. Nestas mochilas compostas por contos para eles e libros para as mamás e os papás, nunca pode faltar a música, e concretamente a clásica. Queremos que a música, os seus matices, as súas cores, enriquezan os ouvidos dos peques e desenrolen ao máximo as súas capacidades auditivas.

Se queredes seguir desfrutando de contos e de música na casa, podedes consultar o noso catálogo en liña ou vir pola Biblioteca e descubriremos moitas historias interesantes para vós.

Para ver unha pequena mostra gráfica do cuarto Bebencontro, tanto de 0 a 12 meses como o de 13 a 24meses, podedes mergullaros na galería Flickr das Bibliotecas Municipais. Que desfrutedes do Entroido e vémonos nas vindeiras sesións!

Agasalla cun conto

O pasado mes de novembro tivemos a segunda sesión dos Bebencontros da Biblioteca Forum. Como é xa habitual, os contos clásicos estiveron presentes en cada unha das sesións.  Nesta ocasión adaptamos “Caperucita roja” e “Los tres cerditos” e introducimos melodías para acompañar a narración.

contos-clasicos

Tampouco faltaron os animais nas historias que contamos, como por exemplo, no conto “¿Una rana?”, un cocodrilo chamado Domingo, xogaba a metamorfosearse no dinosaurio Xulián, na eiruga Xoana e na tartaruga Lola para que a ra Matilda non o atopara.

No conto “Ñac, ñac”, fomos descubrindo cos ollos expectantes, os distintos animais da selva. Deste xeito apareceu Leoncio o león, co seu gran ruxido “rauuu”, a sorrinte mona Lisa, a elefanta Rosa lucindo moi fermosa, a xirafa Rita, o loro Federico, o cocodrilo Rilo con grandes dentes e outros amigos.

contos

No mes de decembro, por motivo das festas, os nosos encontros habituais quedarán aprazados para o mes de xaneiro. Non esquezades que o mellor agasallo, a mellor festa que lles podedes ofrecer aos vosos bebés é collelos no colo, abrazalos e contarlles un conto (ou tres ou catro!), por iso deixámosvos unha pequena selección de historias coas que podedes desfrutar cos vosos pequenos nestas datas tan sinaladas.

 

#Recomendamos Beba

Recomendámosvos unha colección da editorial Timunmas na que, a través de diferentes animais, percorremos diferentes estilos musicais e diversos autores.

timun

A colección “Do berce á Lúa” de Kalandraka, un poegrama sinxelo e con moito ritmo.

kalandraka

Podemos destacar tamén os libros de tela da editorial Combel con diferentes formatos e texturas.

combel

Da autora Liesbet Slegers, a editorial Edelvives ten unha colección para os máis pequenos.

edelvives

Nesta colección da editorial Juventud podemos atopar entre as súas páxinas troqueladas diferentes animais.

juventud

Aquí vos deixamos unha ligazón á galería Flikcr das Bibliotecas Municipais de A Coruña.

E non queremos rematar sen desexarvos unhas moi Felices Festas e que estas datas estean repletas de libros.

Comezamos os bebencontros nas Bibliotecas Municipais da Coruña

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2016-2017 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales.

Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros. E se aínda non sabedes que son e qué facemos nas bebetecas, lede, lede… qué é unha bebeteca.

Bbencontros das Bibliotecas Municipais da Coruña

Como bibliotecas públicas  que somos brindamos aos nenos a oportunidade de experimentar o desfrute da lectura e a emoción de descubrir o coñecemento e as creacións da imaxinación. Aos pequenos débeselles estimular a usar a biblioteca dende unha idade temperá xa que así será máis probable que sigan sendo lectores no futuro, é todo isto pretendemos levar a cabo nos bebencontros aos que podedes acudir co vosos bebes cos convites que repartimos neste blog a semana anterior á celebración da actividade.

Como acadar unha praza para un bebencontro: Preinscrición: prazas limitadas

Para poder participar nos bebencontros requírese unha inscrición previa a través da nosa páxina web www.coruna.es/bibliotecas. O prazo de inscrición ábrese 7 días antes á celebración da actividade a partir das 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para calqueira dúbida ou información podedes acudir persoalmente as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono.

Recorda que nas nosas bibliotecas contamos con ordenadores dispoñibles con conexión a internet gratuita. Así, en horario de apertura dos nosos centros, consulta horarios,  podes acceder a eles para facer a inscripción, tamén co apoio e asesoramenteo do persoal bibliotecario.

Os espazos para os nosos pequenos lectores

No resto das nosas bibliotecas, aínda que non conten cun espazo propio, existen zonas destinadas aos máis pequenos, equipados con gran cantidade de materiais de lectura en diferentes soportes para as primeiras idades, asesoramento por parte dos bibliotecarios e un servizo de préstamo.

bebeteca

Se queres descubrir  como gozan os nosos lectores máis pequenos nas sesións de anos anteriores visita a Galería Fofográfica de Flickr de Bibliotecas Municipais, Bebeteca. E para estar ao tanto de cada unha das sesións aqui tedes o calendario para este curso 2016-2017:

calendario bebencontros 2016/2017

Así que tomade nota, porque o sábado 8 de outubro ás 10.00 h. repartimos os convites para o bebencontro para bebes de 13 a 24meses da biblioteca do Forum do vindeiro 15 de outubro.

Bebencontros de maio na Bebeteca Forum

Nestas dúas últimas sesións os contos e as cancións foron os protagonistas da Bebeteca Forum:

“La ratita presumida”, ilustrada por Chantal Vizcaíno, onde relatamos este clásico da literatura xogando con máscaras.

“Un caracol?” e “ Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, que nos permite crear as nosas historias, adaptar cancións e  incorporar recursos sonoros. Despregando as solapas e descubrindo novos animais mantemos a atención dos bebés.

“La granja del señor Coc” señor Coc preséntanos aos animais da súa granxa: ao pitiño Lito, a vaca Lola, a gata Timotea,ao burro Tontón e a unha familia de patos e ras que viven nun estanque. Xogando coas súas voces e os seus sons.

 

Xa vos falamos no post anterior da sesión final e conxunta que temos argallada con Carla Console de Boga Psicólogos para o vindeiro 28 de maio na Bebeteca do Forum. Os obxectivos principais do encontro son o de dar a coñecer recursos (cancións, contos, materiais) e ferramentas baseadas na técnica da Masaxe Infantil (segundo o Programa da Asociación Española de Masaxe Infantil) para fomentar a comunicación e a nutrición afectiva  entre pais e fillos.

Pero tamén pretendemos axudar e reforzar os vínculos positivos afectivos; fomentar dun xeito lúdico a imaxinación e fantasía dos bebés; establecer o hábito de comunicación entre pais e fillos; crear un momento de adicación exclusivas (Mamá-Time / Papá-Time); proporcionar confianza e seguridade aos pais; reforzar o sistema inmunitario; e axudar a madurar o sistema nervioso.

Porque os contos e o tacto tamén están relacionados. Pero coa calidade dos libros tamén están relacionadas outras cousas, por iso, querémosvos aconsellar un pouco sobre que debemos mirar á hora de escoller contos para os vosos fillos:

  • As ilustracións deben ser chamativas, brillantes e contrastadas, para que as poidan ver ben e capten a súa atención.
  • Os formatos óptimos son os que poidan manipular (mellor de dimensións reducidas) e os que sexan resistentes: de tea, de plástico brando (para a bañeira) ou de cartón duro cos cantos redondeados.
  • Moi importante sempre para nós é a musicalidade dos contos, que conviden ao recitado e ao xogo corporal. Escolléde contos para poder cantalos ou que poidades pronunciar moitas onomatopeias, retahílas, rimas ou repeticións sinxelas.
  • O texto debe ser breve, claro e moi sinxelo. A tipografía se é bastante grande e en maiúsculas, mellor, pois serán as primeiras letras que aprenderán os bebés.
  • A temática do mundo que os rodea é das mellores, pois presentan obxectos coñecidos e accións cotiás (irse a durmir, o baño, xantar, etc.) que recoñecen facilmente.
  • Os bebés gostan dos contos con fotografías reais (de nenos ou animais), tamén con sons ou texturas.
  • Os libros pop-up non soen fallar. Os seus formatos sorprendentes e interactivos non deixan impasibles aos pequenos.

Todos estes consellos e máis en: http://www.clubpequeslectores.com/

Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións do 30 de abril e do 14 de maio na Biblioteca Forum Metropolitano premendo na galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Non nos queremos despedir sen antes agradecer ás familias participantes o seu entusiasmo e confianza e sen vos recomendar algunas lecturas interesantes. Xa sabedes que todos estes libros e máis podédelos consultar no catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.

#Recomendamos Beba

 

 

 

Para que vaiades entrando na materia do tacto, deixámosvos a recomendación da colección “Toca, toca” de Combel, onde poderedes descubrir infinidade de texturas e xogos interactivos.

Escolas que camiñan…

O programa de Bebescolas leva a desenvolverse 3 anos xa vencellado á Biblioteca Municipal de Ágora. Na súa andaina, moitas son as historias que quedaron no camiño, achegando a biblioteca ás escolas infantiles dos barrios do Ventorrillo e Agra como un espazo de encontro e descubrimento para xs máis pequenxs.

Este mes de Xaneiro que acaba de terminar, Beba saiu da súa zona habitual, a Bebeteca, para achegarse a cada unha das Escolas Infantís da nosa contorna. Xunto con ela fomos algún de nós, cargadxs con maletas e bolsas, contos na cabeza e nas mans, e moita ilusión por visitar a un sector da poboación moi moi importante para as bibliotecas: Xs futurxs usuarixs.

Con Contos que Camiñan comezou este ano a desenvolverse o noso programa itinerante para xs máis pequenxs. Desta volta, as miras enfocaban ás emocións e a diversidade coa finalidade de achegar un fondo máis abstracto, a tolerancia como valor transversal na educación infantil. Para tal, Beba preparou unha escolla de contos moi especiais… Primeiro unha chea de contos diferentes para amosar a diversidade que existe nas propias bibliotecas, onde cada conto é un mundo cheo de música como Zapato (Villán, Óscar e Antonio Rubio. 2014), ou libros cheos de sorpresas como o xa clásico O Polo Pepe (Denchfield, Mark. 2013). E xunto con eses, o mundo máxico dun monstro que se emociona e emociona, que fai que xs pequenxs repitan e desfruten interpretando o que sinten: El monstruo de colores (Llenas, Ana. 2014).

Post (1)

Alumnxs da escola Carmen Cervigón ante El monstruo de colores.

E pintados do verde do monstruo que simboliza a calma, Beba preparou un conto moi especial para falar de diversidade: Cores, de Leo Lionni (2014). Coa axuda dxs pequenxs de cada escola, Beba e nós mesmxs celebramos a diversidade duns ratiños de moi diferentes cores que ao bailar, semellaban flores… Queredes achegarvos á galería das sesións? Pois pinchade aquí.

Post (2)

Lupe, Alma e os ratos de Leo Lionni na EI Agra do Orzán.

Quedamos agora á espera das Escolas que Contan, a segunda parte deste programa que se desenvolverá en maio e no que as escolas participantes (EI Ventorrillo, EI Carmen Cervigón-Padre Rubinos, EI Agra do Orzán, EI Xénesis, EI Parrulos Ventorrillo, EI Nazaret e EI PSN Bicos) achegaranse a vernos. Mentras tanto, seguimos a preparar os materiales para reforzar os contidos desa visita na que sexan elxs quen veñan visitarnos e participen do que para nós son os contos, a sixeleza de transmitir historias mediante as emocións.

Salud!

Acumula que sempre tes

Repetición, recoñecemento verba-imaxe, afianzar conceptos, seguridade… un conto repetitivo ou un conto acumulativo dá todo esto.

Na sesión de bebeteca dos “máis maiores” na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a descubrir a qué lle sabía á Lúa aos animáis co libro A que sabe a lúa? de MICHAEL GREJNIEC e cal era a nosa mascota con  Veo veo – ¿Un gato? de GUIDO VAN GENECHTEN.

No primeiro, a través de repetición imos sumando animais (tartaruga, elefante, xirafa…) para chegar a saborear á lúa, e chegarían?

Co segundo, a través da orelliña dun gato pode pasar calquer cousa, mesmo converterse nun calamar… que será será?

Tanto con estes pequechos e pequechas de 13 a 24 meses como cos pequeniños de 0 a 12 meses, a repetición segue a ser a grande protagonista coas retaílas e cantos que facemos sempre, a presentación para coñecernos, bailamos, bicamos e saudamos coas mans e mesmo nos despedimos cunha linda canción do grupo Golfiños e o seu libro Te, chocolate, café. Todo elo xera neles unha sensación de seguridade e confianza cada vez que se achegan a pasar un tempo con nós.

Aquí vos deixamos unha pequena selección:

Se queredes ver as fotos das sesións entrade no noso Flickr

Xa sabedes que nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos moitos materiais dos que botar man. Ademáis podedes achegarvos ao noso catálogo

O son e o silencio

CABECEIRA

 

Os elementos da formación auditiva son o son e o silencio, que forman parte da educación dos sentidos. Debemos axudar aos nenos para descubrir estes elementos e experimentar con eles. Nestas sesións de bebeteca traballamos estes dous conceptos a través dos contos (Tierra a la vista, señor Coc! de Jo Lodge; Unha ra? de Guido van Genechten; unha adaptación de Los tres cerditos y el lobo feroz de Carmen Gil; e Crocodilo de Antonio Rubio e Óscar Villán), cancións e poesías. Estiveron presentes o son das ras, o aullar do lobo, o asubiar das serpes, o vaivén das ondas do mar, o son dos instrumentos musicais e das “onomatopeyas” de accións. Este son, en ocasións, combinámolo con cacións e melodías tradicionais:

Croac,  croac

Matilda cantaba

Croac,  croac

sorrinte buscaba

 

Croac, croac

a un crocodilo

Croac, croac

chamado Domingo…

 

A mesma importancia que ao son, démoslla á ausencia del cando Coc entra na cova ou cando os porquiños preguntan se o lobo feroz está no bosque:

“Lobo estás, si o no?”……….(silencio)

 

O son e o silencio son conceptos que ocupan un lugar privilexiado na educación musical e auditiva dos bebés. Proporciónannos vivencias, emocións, sentimentos que usamos como medio de expresión para conseguir unha maior agudeza de oído.

Deixámosvos unha mostra gráfica na Galería Flickr das Bibliotecas Municipais das sesións do 9 e 23 de xaneiro na Biblioteca Forum Metropolitano.

Non nos queremos despedir sen vos recomendar algunhas lecturas para estes días. Estes e outros documentos podédelos atopar consultando o noso catálogo.

Hastag das recomendacións das Bibliotecas Municipais

 

 

 

Tras la huella de los sonidos [Grabación sonora] / Sara Marianovich.– Barcelona: Círculo de Lectores, D.L. 2004.

2 CD + 1 libreto de 37 p., il. col.

Esta proposta consiste nun libro ilustrado, acompañado dunha selección de 31 pezas de escoita sinxela (Tchaikovsky, Schumann, Ravel…). As pezas están ligadas entre elas por medio duns microcontos, creando un ámbito adecuado para a súa audición.

sonido

 

 

 

 

 

La naturaleza : 6 sonidos para escuchar, 6 imágenes para mirar / [ilustrado por Marion Billet].– Barcelona: La Osa Menor, 2011.

[12] p.: il. col.; 15 cm.– (Mi primer libro de sonidos)

Desfrutaredes cos sons máis divertidos que podedes escoitar na natureza. Sorprenderédesvos cunhas ilustracións moi vivas e cuns sons que farán que os máis pequenos aprendan como soa o canto dun paxaro, a auga que baixa polo río, o son da choiva…

primer-libro-sonidos-naturaleza

%d bloggers like this: