Arquivo do blog

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: “Non hai maneira”, adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto!

Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro… como di o noso amigo Pablo Díaz.

Acompañounos nesta sesión o noso querido Ole, mascota singular das Biblios e fermoso paxariño azul. Pero resulta que Ole non se sentía ben con el mesmo e tivémolo que convencer a través do conto “Por cuatro esquinitas de nada“, que tan ben narra Jérôme Ruillier

Este libro versa sobre a exclusión e a amizade. É unha historia deliciosa que nos lembra que, a pesar das nosas diferenzas cos demais, todos temos un sitio no mundo, e que moitas veces, aínda que nos empeñemos en ser como os demais, sempre hai algo que nos fai distintos. E iso non debería ser un problema nunca.

 

Aprendimos a desprendernos dos prexuízos e a valorar a amizade da man de Felipe, un pequeno cactus, o máis novo dunha longa estirpe de cactus importantes que lle dan importancia á aparencia e ao status. Pero Felipe non consegue empatizar con iso, porque o pobre Felipe só quere que alguén lle dea unha aperta. Pero, ai!, quen vai apertar a un cactus?

Este delicioso e emotivo albume, “Abrázame“, está escrito e ilustrado por Simona Ciraolo.

Presentamos a colección, “El mundo en fotos”, da editorial La Galera. A través dela descubrimos todas as culturas do planeta. Descubrimos que non todos somos iguais e que nesas diferencias radica a grandiosidade do ser humano.

A sesión finaliza coa presentación do libro-CD “A bruxa discordia: cancións para a paz” de Mamá Cabra, ilustrado por Iria Fafián. Bailamos e cantamos ao son da peza “A Danza da Paz”. Esta e outras melodías desfrutadas nas anteriores sesións, podédelas escoitar na lista de distribución de CantoConto! que temos no Youtube.

 

 

 

–   ¡Qué pena! / Rémi Courgeon.– Girona: Tramuntana, 2016.

–   Gigante poco a poco / Pablo Albo, Aitana Carrasco.– [S.l.] : Hermes: Almadraba, D.L. 2009.

–   El búho que quería ser gallo / Mick Manning, Brita Granström.– Madrid: Artime, 2007.

–   ¿Cuál es mi color? / Antoine Guillopé; Géraldine Alibeu; traducción de Ana Rey Kochinke.– Madrid: Anaya, D.L. 2006.

–   La mariquita y su puntito / África Coll.– Valencia: Brosquil, D.L. 2006.

–   Pequeno Azul e Pequeno Amarelo / Leo Lionni; traducción de Chema Heras e Pilar Martínez.– Pontevedra: Kalandraka, 2005.

–   ¡Hombre de color! / inspirado nun conto africano e ilustrado por Jérôme Ruillier.– Barcelon: Juventud, D.L. 2003.

–   Óscar y la gata de medianoche / Jenny Wagner; Ron Brooks.– Salamanca: Lóguez, D.L. 1999.

 

Estas recomendacións podédelas atopar consultando o noso catálogo en liña ou visitando as Bibliotecas Municipais de A Coruña.

Agardamos tivérades desfrutado con nós! Deixámosvos unha mostra do acontecido na galería Flickr das Bibliotecas Municipais. Vémonos na vindeira sesión!

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e a musicalidade van da man desde os seus inicios e que a sintaxe lingüística e a sintaxe musical comparten procesos neuronais.

O ser humano desde que está no ventre da súa nai experimenta a musicalidade ao sentir diversos ritmos e sons do corpo da súa nai e do seu propio, sendo a voz humana un dos instrumentos máis marabillosos e variados  e  unha das primeiras cousas que o bebé aprende a ler e interpretar.

Así que, é sumamente necesario falar moito co bebé, cantarlle cancións e  lerlle poesías e contos para que, deste xeito, comece a recompilar información acústica e que posteriormente poida empregala para entrar na cadea simbólica que forma parte do patrimonio simbólico das comunidades.

Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade.

Evelino Cabrejo-Parra (experto en lectura na primeira infancia) sostén que: “Son inesgotables as posibilidades de lecturas que se poden facer e nunca se lerá o suficiente para un bebé. É importante ser consciente diso.  Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade. Os nenos son capaces de interiorizar e asimilar para incorporar ritmos e os adultos teñen que saber que isto é parte do alimento simbólico, necesario para a construción psicolóxica dos nenos”. De aí, a importancia de darlles os ritmos de maneiras moi diferentes.

Nesta liña tamén, a psiquiatra francesa Marie Bonnafé, afirma que a lectura en voz alta é unha maneira de indicar ao bebé que hai significado nos textos. Os nenos que non descobren a tempo que o texto ten significado terán un achegamento tormentoso ao libro, un sufrimento absoluto. Pero, se hai unha lectura en voz alta, unha entrada pracenteira e libre na lingua e na cultura, seguramente o destino dese suxeito será diferente.

Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca.

Nunha entrevista feita a Cabrejo-Parra, Gabriela Romeo pregúntalle:

GR: E por iso é fundamental que a triangulación – mediador, neno e o obxecto-libro – veña da familia. Se isto sucede a partir da familia, o resultado é totalmente diferente.

EC-P: Creo que a familia ten un papel moi importante. Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca. Na orde institucional: a biblioteca, a familia e o bebé. A familia é decisiva nesta historia. E cando descobre que ao bebé gústanlle os libros, nin un pai, nin unha nai sequera permanece indiferente a iso. Vai descubrir que o bebé ten unha serie de habilidades, poñendo en marcha todo este patrimonio cultural que, como adulto, aparentemente esqueceuse, pero está latente, nun recuncho dunha parte non consciente. Nas cancións de berce, nas cancións, alá está todo o que necesita ser ofrecido aos bebés.

Neste proceso hai unha riqueza que vai máis aló da simple interacción. Cada adulto ten en si un bebé, a parte infantil do adulto que a miúdo dorme, e necesita espertar. Ás veces pode estar morta e logo termina creando unha descontinuidade interna entre a parte adulta e a infantil. É esencial espertar a parte infantil do adulto, paga a pena poñela en marcha, e ás veces, ler para un bebé é como ler ao bebé que unha vez ti fuches.

Por todo iso, nos nosos Bebencontros facemos fincapé en todo o devandito e tentamos sempre que a música e a linguaxe conflúan nunha mesma sesión. Deixámosvos unha pequeña mostra do que aplicamos sobre esta teoría nas nosas últimas sesión.

A música impacta no cerebro do teu bebé

Cando as notas musicais penetran no ouvido do teu bebé non só xeneran a actividade das áreas que procesan a audición, senón que activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro: a amígdala e o núcleo acumbens (zonas relacionadas coas emocións), o hipocampo (que participa nos procesos de memoria), o cerebelo (encargado do ritmo) e as cortizas sensitivas e prefrontais (que interveñen nos procesos de razoamento), son algúns exemplos disto. Por iso dicimos que a música impacta fortemente no cerebro do teu bebé.

Segundo a Teoría de Gordon sobre o desenrolo musical, a aptitude musical é unha capacidade que, do mesmo xeito que outras cualidades humanas, posúe toda a poboación ao nacer en maior ou menor medida. Esta aptitude vese inmediatamente influída pola contorna. Canto máis rica e variada sexa a contorna musical do neno, antes se verá exposto a ese contexto musical e maior será o nivel de aptitude musical que alcance ese bebé.

O profesor e musicólogo Paulo Lameiro segue os preceptos de Gordon nos seus “Concertos para bebés“, o que non quere dicir que faga música para bebés, senón que fai música para que o seu público sinta a música. Está demostrado que a capacidade auditiva dos bebés é trescentas mil veces maior que a dos adultos. Na nosa cidade tivemos o pracer de escoitar a estes grandes músicos no programa de Bebescena no centro Ágora.

Non vos perdades o sábado 18 de marzo ás 12.00h. o concerto “El efecto Arco Iris” do grupo de corda da Orquestra Sinfónica de Galicia. Tras o éxito obtido co seu anterior espectáculo (“As Cores das Cordas”), estes profesionais repiten esta tempada o seu segundo espectáculo, que nos mergulla no fascinante mundo das emocións. Convidando aos máis pequenos a descubrir como a música pode expresar os nosos estados de ánimo.

Pola importancia da música nas nosas sesións, despois de cada Bebencontro os nosos pequenos asistentes levan en préstamo un Bebelote. Nestas mochilas compostas por contos para eles e libros para as mamás e os papás, nunca pode faltar a música, e concretamente a clásica. Queremos que a música, os seus matices, as súas cores, enriquezan os ouvidos dos peques e desenrolen ao máximo as súas capacidades auditivas.

Se queredes seguir desfrutando de contos e de música na casa, podedes consultar o noso catálogo en liña ou vir pola Biblioteca e descubriremos moitas historias interesantes para vós.

Para ver unha pequena mostra gráfica do cuarto Bebencontro, tanto de 0 a 12 meses como o de 13 a 24meses, podedes mergullaros na galería Flickr das Bibliotecas Municipais. Que desfrutedes do Entroido e vémonos nas vindeiras sesións!

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos.
Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o nacemento e os 6 anos é cando se forma a personalidade; aquí xoga un papel moi importante a estimulación temperá.

Neste desexo de achegarvos todas aquelas ferramentas dispoñibles nas bibliotecas decidimos traballar con diferentes contos, libros, cds musicais… Aquí vos deixamos unha mostra:

¡Muevase, Señor Coc!¡Muevase, Señor Coc!, da ilustradora e escritora Jo Lodge co que a través dos Bebé feliz: masajes, yoga, aromaterapia y otras técnicas para el desarrollo integral de tu hijomovementos dos diferentes animais imos descubrindo as partes do noso corpo: o tronco, as pernas, os brazos…

Co libro Bebé Feliz de Sheena Meredith aprendemos unhas posturas de ioga moi divertidas, que axudan ao desenvolvemento, liberación da tensión…

Ademáis coñecemos novas historias como Los diez Amigos, libro descatalogado do escritor e ilustrador Ziraldo, co que aprendemos cantos dedos temos en cada man, como se chama cada un e a que lles gusta xogar.

Rematamos a ximnasia cunha canción moi divertida, movendo todo o corpo, rematamos cansos, pero cun sorriso na cara. Aquí vola deixamos para que movades o esqueleto: “Mueve tu cuerpo”

Para despedir estas sesións tan estimulantes que mellor que unha canción dun dos nosos libro-discos preferidos

Té, Chocolate e café do grupo Golfiños   

Libro disco Té, chocolate, café

Libro disco Té, chocolate, café

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, au revoir, arrivederchi

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, goodbye, adeus, adeus

Adeus, adeus, adeus, adeus

Bicos ós meus, bicos ós teus

 Ata mais pronto, ata mais ver.

Non esquezades que podedes descubrir moitas outras cousas interesantes nas Bibliotecas Municipais, visitándonos ou a través do noso catálogo web.

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio do que foron as sesións, e recordade que sempre as poderedes voltar ver na galería de Flickr que temos as Bibliotecas.

This slideshow requires JavaScript.

Nocturno e O Lápis na despedida de Ágora

O mellor de cando unha etapa chega ao seu fin, é que podemos iniciar outra con ilusión renovada tendo a experiencia do xa vivido na nosa maleta.

Este é o caso da Bebeteca Ágora, que despois de dezaseis sesións e oito meses de traballo, di adeus da man da ilustradora colombiana Paula Bossio, desfrutando dun conto orixinal, sinxelo e creativo como é O lápis.

O lápis de Paula Bossio na Bebeteca Ágora
O lápis de Paula Bossio na Bebeteca Ágora

É quizais momento de lembrar tamén todos e cada un dos nosos protagonistas ao longo desta viaxe, o Señor Coc, Eric Carle, Hervé Tullet, Dona Carme, o Papagaio Loiro, Noemí Villamuza ou as divertidas historias de Story Time. Todas e cada unha das sesións tentaron ser lúdicas, amenas e descubrir ás familias contos e recursos dos que poder botar man para desfrutar do mundo da lectura dende as primeiras idades e compartir ese desfrute cos máis pequenos.

As ilustradoras Paula Bossio e Marisol Misenta "Isol"
As ilustradoras Paula Bossio e Marisol Misenta “Isol”

E como no bebencontro foi da man de Paula Bossio con quen traballamos a lectura adaptando o contido coa xestualidade que as páxinas requerían, decidimos dar a man neste caso a unha autora tamén latinoamericana de recoñecido prestixio internacional, Marisol MisentaIsol”, para presentarlle ás familias unha das obras máis descatadas e premiadas desta autora arxentina, o estupendo “Nocturno”.

Nocturno "recetario de soños" de Isol
Nocturno “recetario de soños” de Isol

Trátase dun recetario de soños, cada cal máis orixinal e creativo, onde páxina a páxina a maxia aflora segundo miremos as imaxes con ou sen luz. O mundo onírico está presente incluso mentres durmimos, o xogo de luces permanece,… Resulta un libro felizmente difícil de describir e que cómpre experimentar. 

Dende aquí o noso agradecemento a todas as familias que desfrutaron e compartiron con nós todas e cada unha das sesións. A aquelas que non puideron facelo, agradecémoslles igualmente a paciencia e a comprensión por entender que tería que ser outro día ou noutro momento. E por suposto, a todas as persoas que fixeron posible que o programa cobrara vida ao longo destes meses.

Grazas a todas as familias
Grazas a todas as familias

Só nos queda convidarvos a facer uso de todas as Bebetecas que a Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña ofrece e a que viaxedes este verán cargados dos nosos Bebelotes, e por suposto, rescatamos para esta despedida algúns dos soños do noso recetario Nocturno, xa que ao “soño de irse lonxe” uniremos o “soño de medrar”…

O caso é soñar…

Grazas a todo o mundo, foi un pracer ter compartido con vós experiencias e lecturas!!!

A cantar na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro 17 de xaneiro, de 0-12 meses

Se chove, que chova! como di o anuncio,  xa que na Biblioteca Infantil pasamos a tarde do sábado quentiños cantando e lendo contos.

Xa sabemos o importante que son ás cancións para o desenvolvemento dos máis pequenos,  estimula a intelixencia emocional, desperta emocións e sentimentos, ademáis favorecen a atención e a concentración; nos primeiros meses ten preferencia o son das voces, en especial a da nai ou pai, gústalles escoitar o seu nome, van recoñecendo ritmos e cancións, aínda que non as comprendan.

Como sabemos da súa importancia, sempre procuramos cantar con eles, presentámonos cantando, “cantámoslles” ás partes do corpo:

“Saco mis manitas

y las pongo a bailar,

las abro y las cierro

y las vuelvo a guardar…”

Tamén imos descubrindo os materiais que hai na biblioteca e que nos poden axudar a estimular aos pequerrechos na casa como os “bits de intelixencia” ou “tarxetas de información visual” que axudan a estimular a memoria, facilitan a concentración, o recoñecemento de formas, cores e conceptos…

 

Despois, espertamos ao Señor Coc cunha versión da canción de Bo día do libro Té, chocolate, café de Golfiños, un libro-disco que nos gusta moito ás bibliotecarias da Infantil. O Señor Coc amounos a súa casiña e recitounos para que aprenderamos cousas sobre o sol e de como hai que bañarse.

E coma sempre, o noso amigo deleitounos cun conto antes de ir durmir. Seguro que non imaxinades cal? La luna de Anne Herbauts, onde descubrimos todo o que fai a lúa pola noite para que nós poidamos durmir a perna solta.

E coma sempre, despedímonos ca canción Aburiño, tamén de Golfiños, que adoptamos para as nosas sesións e que nenos e grandes xa recoñecen.

“Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, au revoir, arrivederchi

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, goodbye, adeus, adeus…”

Aquí vos deixamos unha mostra do que desfrutaron Antón, Valeria, Jimena, Dani, Carmela e Zoe coas súas familias.

 

This slideshow requires JavaScript.

E sabedes que todo isto se pode repetir na casa? Que como? Tedes un montón de ideas nos libros, CDs e DVDs que a Biblioteca Infantil e Xuvenil ten na sección de SOS Pais e nos Bebelotes que hai preparados para que levedes calquer día da semana. E se preferides, podedes rebuscar no catálogo das Bibliotecas municipais ou preguntarnos directamente.

Ata máis pronto, ata máis ver, aburiño!

Xa están aquí os Bblotes da Infantil!

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós.

Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades:

bblotes

 

Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar… E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles dúbidas que poden aparecer nestas etapas.

Recordade que podedes pasar  pola Biblioteca e coñecer de primeira man estes Bblotes, estaremos encantadas de presentárvolos!

 

Comezan os bebencontros nas nosas bibliotecas

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2014-2015 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales.

Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros. E se aínda non sabedes que son e qué facemos nas bebetecas, lede, lede… qué é unha bebeteca.

Nais e pais cos seus bebes nun dos nosos bebencontros

Nais e pais cos seus bebes nunha das nosas bebetecas

Como bibliotecas públicas  que somos brindamos aos nenos a oportunidade de experimentar o desfrute da lectura e a emoción de descubrir o coñecemento e as creacións da imaxinación. Aos pequenos débeselles estimular a usar a biblioteca dende unha idade temperá xa que así será máis probable que sigan sendo lectores no futuro, é todo isto pretendemos levar a cabo nos bebencontros aos que podedes acudir co vosos bebes cos convites que repartimos neste blog a semana anterior á celebración da actividade.

Como acadar unha praza para un bebencontro: Preinscrición: prazas limitadas

Para participar nas sesións de Bbencontros deberás formalizar a  pre-inscrición, reservando a tua invitación.

Pensando en facilitar na medida do posible o acceso ás invitacións a todas aquelas familias interesadas. Non será necesario desprazarse persoalmente ata as nosas bibliotecas. Se tes un ordeador, teléfono móvil ou calquer outro dispositivo con conexión a internet poderás facer o trámite.

Os luns anteriores  a celebrarse a sesión que quieras acudir, habilitaranse neste blog osformularios de inscripción, a partir das 10.00 relojhoras. Deberás cubrir uns datos persoais requeridos e enviar a túa solicitude. As prazas son limitadas, e a adxudicación de invitacións será por rigurosa orde de inscrición.  As persoas que formalizasen a preinscrición  terán a confirmación de adxudicación de invitación por parte da biblioteca  pasados uns días. Para calqueira dúbida ou información podedes acudir persoalmente as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono.

Recorda que nas nosas bibliotecas contamos con ordenadores dispoñibles con conexión a internet gratuita. Así, en horario de apertura dos nosos centros, consulta horarios,  podes acceder a eles para facer a inscripción, tamén co apoio e asesoramenteo do persoal bibliotecario.

Os espazos para os nosos pequenos lectores

No resto das nosas bibliotecas, aínda que non conten cun espazo propio, existen zonas destinadas aos máis pequenos, equipados con gran cantidade de materiais de lectura en diferentes soportes para as primeiras idades, asesoramento por parte dos bibliotecarios e un servizo de préstamo.

bebeteca

Se queres descubrir  como gozan os nosos lectores máis pequenos nas sesións de anos anteriores visita a Galería Fofográfica de Flickr de Bibliotecas Municipais, Bebeteca.

 

Así que tomade nota, porque o vindeiro luns 29 ás 10.00 h. repartimos os convites para o bebencontro para bebes de 0 a 12 meses da biblioteca do Forum.

Visita de Pavís Pavós á biblioteca de Monte Alto: “Palma Repalma, contos para bebés”.

P1040034
Hai uns días, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, os que con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións.

Pavis PavosA pesar de que aquela tarde foi chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles gusta xogar á lúa e o sol; canto come o Polo Pepe e o gordecho que se está a volver; cantos amigos fixo o señor Coc mentres intentaba descubrir quen era. E tamén cantamos cancións coa axuda dos nosos dediños e duns axóuxeres artesáns que Xacobe e Tareixa prestáronnos para a ocasión.

dediños
O único que lamentamos foi ter que despedirnos dos nosos novos amigos. Esperamos poder velos pronto, pero mentres tanto levámonos á casa un montón de libros para seguir gozándoos en familia.

Despedida dos Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O pasado xoves 22 de maio demos por finalizada a tempada de bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil.

Para unha tarde tan especial, xuntamos a nenos e nenas coas súas familias para disfrutar dos contos, a música e as cores.

Leo, Pablo, Iván, Nicolás, Miguel, Emma, Sabela, Sofía, Nico, Pablo e Román puideron gozar da mestura entre cores e música, contos e notas musicais, porque as luces e sombras, as cores e os sons despertan os seus sentidos.

Con Tralalí trasladámonos a un mundo onde os instrumentos movíanse ao son dunha fanfarria moi divertida e no que as sombras tinguíanse de cor.

 

 

Logo seguimos ao Señor Vermello polo mundo das cores e nos  ensinou que as follas en Outono son marróns, que cando o sol marcha ponse de cor laranxa e se sopramos nunha paleta de cores saen voando a percorrer o mundo.

E como sempre, rematamos cheos de contos con novas historias coas que soñar e pasalo ben.

Como remate, queriamos dar as gracias a todas as familias que participaron con nós neste primeiro ano de Bebeteca, pola ilusión posta, polo ben que o pasamos xuntos e o moitisimo que aprendimos todos. Agardámosvos en Outono para volver a xuntarnos e ter novas experiencias comúns.

Non esquezades que estamos á vosa disposición para cando queirades.

Para que poidades curiosear nas fotos das sesións só tedes que consultar o Flickr das Bibliotecas Municipais.

Ata a próxima!

%d bloggers like this: