Mans arriba… crab revolution!

Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?...  Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Continue Reading →

Advertisements

“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum

O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Continue Reading →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Continue Reading →

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e... Continue Reading →

Live · Love · Green

"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Continue Reading →

CantoConto!: “Con ton e son”

En CantoConto! somos unhas apaixoadas dos contos, pero tamén da música, por iso quixemos celebrar con vós o día de Santa Icía, a patrona da Música e da Poesía. Nesta sesión non faltaron contos, música, baile e instrumentos musicais! "Levantamos o telón" co conto "Violín" de Antonio Rubio e o ilustrador galego Óscar Villán, cos que coñecimos o... Continue Reading →

“Non, non e non” en CantoConto!

Estos días as bibliotecarias andamos algo tristes: empezamos a contar cántas sesións de CantoConto quedan para rematar o curso, e démonos conta de que son moi poucas! Isto provocounos un gran desgusto, como poderedes imaxinar. Menos mal que as compañeiras conseguiron animarnos lembrando que, despois do verán, volveremos; e ademais quedan moitas sorpresas antes de que acabe o... Continue Reading →

Xogar “ao diferente” · Xogar coas palabras

Vivimos nunha sociedade cambiante, na que existen fluxos migratorios que fan que a nosa comunidade sexa diversa en canto á cultura, raza, etnias… É preciso que dende idades temperás exista unha educación na diversidade, no respecto, na comprensión entre grupos culturais diferentes. A nosa labor como biblioteca é, en primeiro lugar, facer palpable a diferenza... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: