Arquivo do blog

Charla-obradoiro sobre porteo

Dentro do ciclo de charlas de Biblioteca Verde “Simplemente Vive” , o día 29 de marzo ás 19.00h., na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, adicámosllo ao porteo.

Cartel de SIMPLEmentePortea

Sendo conscientes do contacto “pel con pel”, do apego, dos agarimos, aloumiños que lles damos aos nosos bebés, e do que conleva  telos en brazos moito tempo, coidamos que unha boa opción é saber portealos.

Arkhè Espacio Educativo impartirá esta charla-obradoiro e poderemos coñecer os beneficios dun bo porteo así como as distintas formas para levar ós nosos pequechos sen facernos dano e ter a seguridade de que a súa saúde fisiolóxica non se verá afectada.

Aquí vos deixamos a ruta para inscribirvos.

Para facer boca, deixámosvos uns titoriais:

 

Tamén vos convidamos a que lle botedes unha ollada á bibliografía escollida para a charla, que as Bibliotecas municipais imos deixando no noso tablón de Pinterest e á seguinte selección de recursos web, que de seguro son moi interesantes e conteñen boa información ao respecto:

#recomendamosbmc

Agardámosvos na biblioteca coas vosas dúbidas e as vosas ganas de aprender.

 

Advertisements

Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil

Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca?

Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta.

This slideshow requires JavaScript.

Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga das familias, dos seus pequerrechos e dunha morea de contiños, músicas e libros, e este mes de maio xuntamos a 28 bebés e ás súas familias para celebrar, por todo o alto, o que máis nos gusta… todos ese sorrisos acadados na Biblioteca.

Co seu libro-disco Pan de Millo ben presente, Bea e David, foron recibindo xa cediño ás familias, arrexuntándoas para entrar de cheo no mundo da fantasía e risas que trouxeron ca música e os contiños.

Unha experiencia, de principio a fin, que reflicte o que sempre intentamos acadar na Bebeteca, que as familias fagan seus os espazos, os libros, compartan lecturas e momentos de descubrimentos, e que saiban que o importante é o que vaia perdurando pouco a pouco nas experiencias dos pequenos e pequenas, os lazos fortalecidos entre as familias, e que a Biblioteca fará sempre de niño para acollelos.

Pero isto non é unha despedida!!! Só unha pausa, pequena, cortiña… na que prepararemos máis sesións, máis contos e moitas máis ilusións que mostrarvos para o curso que ven.  E mentres, nos meses que restan ata os próximos Bebencontros, deixarvos unha invitación a descubrir os fondos que aínda non coñecedes da Biblioteca, ou repetir os que máis vos gustaron!

Aquí vos deixamos unha selección dos libros que Migallas utilizaron na súa actuación e os que temos durante todo o verán dispoñibles para levar en préstamo, xunto cos Bebelotes que temos durante todo o ano preparados segundo temáticas e idade dos bebés.  Hastag das recomendacións das Bibliotecas Municipais

Recordade ademáis que poderedes consultar o catálogo web das Bibliotecas municipais as 24h/7 días á semana para saber qué temos dispoñible ou mesmo as últimas incorporacións. E no flickr das Bibliotecas municipais, para os que sintan morriña, deixámosvos unha selección das fotos dos Bebencontros deste ano.

Gracias a todos por compartir tantos momentos!

Esperámosvos prontiño!

Cucú- trás, o lobo onde está?

Nas sesións de Bebeteca os nosos bebés son os protagonistas e con elo queremos dicir que o interese é captar a súa atención e facelos desfrutar dese ratiño xuntos a traverso da axuda indispensable das súas mamás, papás, avoas… en definitiva da familia e, así, eles darán ben conta do que aprendemos en cada sesión, xa sexan contos, historias, cantos e por debaixo moito máis, autoestima, desenvolvemento físico e cognitivo, seguridade, propiocepción, etc.

Desta volta na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a reinventar un clásico como é o conto dos tres porquiños cunha edición ben linda e de carrusel “Tres cerditos…y el lobo feroz” adaptado por Carmen Gil.

O propósito con esta sesión é  introducir os clásicos de toda a vida incorporándoos á bibliografía que xa temos  nos nosos bebencontros e, a través da música, coa axuda das mamás e dos papás e os pequenos e pequenas que nos acompañaron na fría tarde deste sábado, contamos o conto.

Eran tres cerditos que vivían en el bosque
Ría ría rataplán…vivían en el bosque

O lobo despóis de moito soprar e intentar facer o mal, escapou escaldado e agochouse…

Eran tres cerditos que jugaban en el bosque
Ría ría rataplán mientras el lobo no está
Cucú?? Y el lobo donde está?

Foi así como introducimos o xogo do Cucú-trás, primeiro contando dous contos como son Pío-Pío e Ñac-Ñac de Jonathan Litton nos que atopamos distintos animais da granxa e da selva agochados e logo xogando cos peques tapándonos cunha tea… deste xeito afianzamos moito máis a presenza individual de cada un deles dentro do grupo e síntense seguros de que están ahí, que se esconden e que aparecen e non pasa nada e lles rechifla sabelo e… entón que pasou?? que ao final o lobo tamén quixo xogar!

This slideshow requires JavaScript.

A sesión dos máis peques coincidiu en pleno Entroido e decidiron xogar a disfrazarse co Señor Coc ou inventarse novos animais co Ganejo e coa Varvo, unha forma moi divertida de disparar o maxín.

 

 

Por suposto, se queredes ver máis fotos destas sesións así como outras anteriores, dádelle un clic ao Flickr  das Bibliotecas Municipais da Coruña

E recordade que todos estes libros e moitos máis podédelos atopar nas nosas Bibliotecas!

Acceso ao catálogo das Bibliotecas Municipais

Acumula que sempre tes

Repetición, recoñecemento verba-imaxe, afianzar conceptos, seguridade… un conto repetitivo ou un conto acumulativo dá todo esto.

Na sesión de bebeteca dos “máis maiores” na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a descubrir a qué lle sabía á Lúa aos animáis co libro A que sabe a lúa? de MICHAEL GREJNIEC e cal era a nosa mascota con  Veo veo – ¿Un gato? de GUIDO VAN GENECHTEN.

No primeiro, a través de repetición imos sumando animais (tartaruga, elefante, xirafa…) para chegar a saborear á lúa, e chegarían?

Co segundo, a través da orelliña dun gato pode pasar calquer cousa, mesmo converterse nun calamar… que será será?

Tanto con estes pequechos e pequechas de 13 a 24 meses como cos pequeniños de 0 a 12 meses, a repetición segue a ser a grande protagonista coas retaílas e cantos que facemos sempre, a presentación para coñecernos, bailamos, bicamos e saudamos coas mans e mesmo nos despedimos cunha linda canción do grupo Golfiños e o seu libro Te, chocolate, café. Todo elo xera neles unha sensación de seguridade e confianza cada vez que se achegan a pasar un tempo con nós.

Aquí vos deixamos unha pequena selección:

Se queredes ver as fotos das sesións entrade no noso Flickr

Xa sabedes que nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos moitos materiais dos que botar man. Ademáis podedes achegarvos ao noso catálogo

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos.
Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o nacemento e os 6 anos é cando se forma a personalidade; aquí xoga un papel moi importante a estimulación temperá.

Neste desexo de achegarvos todas aquelas ferramentas dispoñibles nas bibliotecas decidimos traballar con diferentes contos, libros, cds musicais… Aquí vos deixamos unha mostra:

¡Muevase, Señor Coc!¡Muevase, Señor Coc!, da ilustradora e escritora Jo Lodge co que a través dos Bebé feliz: masajes, yoga, aromaterapia y otras técnicas para el desarrollo integral de tu hijomovementos dos diferentes animais imos descubrindo as partes do noso corpo: o tronco, as pernas, os brazos…

Co libro Bebé Feliz de Sheena Meredith aprendemos unhas posturas de ioga moi divertidas, que axudan ao desenvolvemento, liberación da tensión…

Ademáis coñecemos novas historias como Los diez Amigos, libro descatalogado do escritor e ilustrador Ziraldo, co que aprendemos cantos dedos temos en cada man, como se chama cada un e a que lles gusta xogar.

Rematamos a ximnasia cunha canción moi divertida, movendo todo o corpo, rematamos cansos, pero cun sorriso na cara. Aquí vola deixamos para que movades o esqueleto: “Mueve tu cuerpo”

Para despedir estas sesións tan estimulantes que mellor que unha canción dun dos nosos libro-discos preferidos

Té, Chocolate e café do grupo Golfiños   

Libro disco Té, chocolate, café

Libro disco Té, chocolate, café

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, au revoir, arrivederchi

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, goodbye, adeus, adeus

Adeus, adeus, adeus, adeus

Bicos ós meus, bicos ós teus

 Ata mais pronto, ata mais ver.

Non esquezades que podedes descubrir moitas outras cousas interesantes nas Bibliotecas Municipais, visitándonos ou a través do noso catálogo web.

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio do que foron as sesións, e recordade que sempre as poderedes voltar ver na galería de Flickr que temos as Bibliotecas.

This slideshow requires JavaScript.

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Un ano máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil invitamos aos máis pequechos a pasar as tardes de sábado entre libros, os seus protagonistas e cancións que acompañan.

Coma sempre intentamos que os futuros novos lectores pasen uns momentos agradables e divertidos na biblioteca, onde, a través da estimulación temperá e nutrindo a súa contorna, axudamos ao desenvolvemento das súas habilidades, tanto sociais (entendendo a biblioteca como lugar de encontro nun Espacio de Bebeteca, xerando relacións con iguais) como sensoriais, motoras, etc.

Durante as sesións presentamos diferentes materiais que facilitan o descubremento dos libros, a música e o xogo, dende libros-cd pasando por outros máis específicos como os bits de intelixencia que consisten nunha serie de fichas con imaxes de liñas e cores planos e palabras sinxelas, perfectos para a aprendizaxe visual de obxectos, así coma o son das palabras e a identificación do entorno máis cercano dos bebés.

Cuberta do libro Na granxa: un libro despregable para barrigolas

Na granxa. Libro despregable para barrigolas

Cuberta do libro ¡Mira! 20 tarjetas con imágenes para tu bebé

¡Mira! 20 tarjetas con imágenes para tu bebé

 

Para os máis pequenos e pequenas (de 0-12 meses) contamos con libros moito máis visuais, os libros carrusel, libros que a través do xogo e sempre acompañados de cantos e retahílas, recollen a atención dos nenos e nenas pola súa sonoridade e pola repetición das verbas.

Na sesión dos máis grandiños (de 13-24 meses) xa avanzamos un pouco máis na identificación das partes do corpo, neste caso como xa comezan a imitar os xestos dos maiores e iguais, valémonos dun dos libros que, a través do xogo do “cucú”, nos vai ensinando tódalas partes da testa.

Está claro que nos gusta transmitir a través dos libros, dos xogos, dos xogos que atopamos nos libros e dos libros que nos dan moito xogo! Así que aquí tedes unha pequena selección dos que utilizamos nestes primeiros Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil, e esperamos ós seguintes para mostrarvos moitos máis.

Hastag das recomendacións das Bibliotecas Municipais¿Qué esconde el pequeño Edu?

Portada de ¿Qué esconde el pequeño Edu?

La casa del Señor Coc

la casa del señor coc

Recordade que podedes levarvos en préstamo todos estes libros e moitos outros similares que atoparedes nas nosas bibliotecas (podedes consultar a súa dispoñibilidade no catálogo web) e que se non queredes ou non tedes tempo para buscalos tamén temos preparados Bebelotes de acordo aos meses dos bebés e ás temáticas que máis vos apetezan tratar.

Acceso ao catálogo das Bibliotecas Municipais

 

A música envolveunos na Festa final dos Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil

O sábado pasado, 16 de maio, previo ao noso Día das Letras Galegas, quixemos despedir os Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil como se merecen, con contos, con música e moito cariño. Porque pensamos que libros, música e cariño é unha das mellores combinacións para que as familias leven un bo recordo de tódolos momentos compartidos dende outubro nos Bebencontros que fixemos.

This slideshow requires JavaScript.

Paco, de Paula Carballeira. Ed. Kalandraka

Paco, de Paula Carballeira. Ed. Kalandraka

E como mestre de cerimonias acompañounos Pablo Díaz, que nos transportou á lúa xunto a Paco, ese Paco que quería saboear un anaquiño de lúa. E meceunos, co son das frautas, unhas moi moi especiais que nos “falaron” cos seus distintos sons, que nos transportaron a un mundo cheo de notas musicais, de verbas, de rimas con cores. Un mundo cheo de letras e ritmo agochado na Biblioteca.

Porque, como xa falamos no blog noutras ocasións, a música favorece o desenvolvemento dos bebés (e non tan bebés), e a estimulación musical pode, e debe, formar parte dos xogos dos máis pequenos de forma natural. Tamén recordamos que nas Bibliotecas temos combinacións perfectas de historias e música, os libro-cd, que podedes ir descubrindo cos máis pequechos pouco a pouco, de moi diversas formas: cantándolles, contándolles (porque a vosa voz é a perfecta para escoitalos) e ata bailándoos.

Deixámosvos unha selección de libros-CD que de seguro vos gustará; algúns xa moi coñecidos, como os do noso acompañante Pablo Díaz.

  • Cartas que veñen e van, de Susa Herrera con Mamá Cabra. Ed. Primerapersona.
  • Todos os animais ó caixón, de Susa Herrera con Mamá Cabra Ed. Primerapersona.
  • Animais encantadores, de Susa Herrera. Ed. Primerapersona.
  • Cantos rodados, de Mamá Cabra. Ed. Primerapersona.
  • Cantos mirados, de Mamá Cabra. Ed. Primerapersona.
  • Cantando comigo, de Mama Cabra. Ed. Dirección Xeral de Política Lingüística.
  • Tan só con leres un libro, de Mamá Cabra. Ed. Discmedi Blau.
  • Patatín Patatán, de Mamá Cabra. Ed. Escóitame.
  • Cantando, cantando, de Mamá Cabra. Ed. Primerapersona.
  • Ola, ola, la!, de Mamá Cabra, cun conto de Gloria Sánchez e ilustracións de Kristina Sabaite. Ed. Galaxia.
  • Xa me tardan estes magos, de Mamá Cabra. Ed. Galaxia.
  • Bicos de música, de Mamá Cabra. Ed. Galaxia.
  • Tic Tac, de Pablo Díaz. Ed. Kalandraka.
  • Toc, toc, de Pablo Díaz. Ed. Galaxia.
  • Xente miuda moita fartura, de Pablo Díaz.

Nesta festa non podiamos deixar de participar do ritmo, da música e das emocións que entre todos fomos recollendo estes meses atrás, rodearnos de contiños cantados, de ritmos que invitaban a non deixar de moverse. Esa era a excusa que tiñamos para abrir de novo as portas á maxia na Biblioteca. Gracias por compartir con nós tantos sorrisos.

Pero como tódalas etapas, esta tamén chegou ao seu remate e na Biblioteca Infantil e Xuvenil despedímos (só por uns meses) para coller folgos e voltar con ilusións e propostas renovadas! Eso si, recordade que aínda que non haxa Bebencontros, seguimos na Biblioteca, cun sinfín de libros, música, Bebelotes e documentos para Pais, que sempre poderedes atopar dende o noso catálogo.

Aburiño!

Reparto de entradas para a festa final dos bebencontros da Biblioteca Infantil

Finalizamos os Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil cunha festa moi especial. Pablo Díaz utilizará a música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos nunha sesión na que as historias, a fantasía e a ilusión serán os protagonistas.

  • Para bebés de 0 a 36 meses

Sábado 16 de maio, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (20 prazas)

Bebeteca Infantil

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

ACTUALIZACIÓN: Nestes momentos todas as prazas están agotadas.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Emocións de despedida no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil. 25 de abril

O sábado 25 de abril, tivemos na Biblioteca Infantil e Xuvenil a derradeira sesión de Bebeteca antes da festa concerto do 16 de maio. Xunto a Nico, Druso, Martina, Helena, Lúa, Pepe, Jaime, Miguel, Laura e as súas familias, achegámonos ó mundo das adiviñas e das partes da cara.

This slideshow requires JavaScript.

 

Mediante o conto ¿Qué esconde el pequeño Edu? xogamos cos ollos, o nariz, as orellas… para que os máis peques, posteriormente recoñeceran nas caras dos maiores a ledicia, a sorpresa, a tristura e outras emocións.

Estamos na etapa idónea  de aprender a nomear as emocións básicas, a captar os signos de expresión emocional dos demáis, interpretalas corretamente, asocialas con pensamentos que faciliten unha actuación adecuada, e a controlar as emocións que conleven consecuencias negativas. Podemos aproveitar calquer situación para  facer que os pícaros reparen nas emocións: cando se sintan contentos, tristes ou enfadados, dicíndollo explícitamente, animándolles a que presten atención ós xestos de cada emoción, ó que produce cada unha delas. Un paso máis adiante será, pois, orientalos cara ás emocións das outras persoas, para poder empatizar e ter sempre presente a súa importancia dentro das relacións sociais.

Aprenderlle ós rapaces e rapazas a controlar as súas emocións non é sinónimo de reprimilas. Os nosos pequechos teñen que aprender a expresalas segundo o momento, a situación, as persoas presentes… dende os primeiros intres do xogo compartido. É importante amosarlle o que significa compartir, respectar quendas, prestar xoguetes, non mostrarse agresivo, á par que aprendemos a saudar e despedirnos, pedir as cousas en lugar de sacalas das mans, etc. Todo isto será unha tarefa moito máis doada si lles lembramos todo aquilo que fan ben, proporcionámoslles expresións de cariño, brindámoslles un vocabulario relativo ás emocións para que poidan comunicalas, pintar con eles facianas que expresen alegría, enfado…

As compañeiras da Biblioteca do Fórum xa nos adiantaban cómo espertar ás emocións nun post anterior, e dende a Biblioteca Infantil tamén falamos noutra ocasión de Cómo potenciar a intelixencia emocional, no que tamén deixabamos recomendacións de libros sobre a temática que podedes consultar en calquer momento.

Pero desta volta queremos facer fincapé neses contos que a través da fantasía, das historias, os ritmos e a tenrura dos que os len, poden acompañar a través das emocións aos máis pequenos e ver transformado o seu desenvolvemento. Porque os contos son unha gran axuda na educación emocional. Esperamos que vos gusten, e que vos emocionen!

Hastag das recomendacións das Bibliotecas Municipais

 

Se queredes comprobar a súa dispoñibilidade podedes consultar o catálogo.

Acceso ao catálogo das Bibliotecas Municipais

E xa sabedes que se queredes ver máis fotos da sesión podedes entrar no Flickr das Bibliotecas municipais

Reparto de entradas para os bebencontros do 25 de abril

Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 0 a 12 meses

Sábado 25 de abril, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas AGOTADAS)

 

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Sábado 25 de abril, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas AGOTADAS)

Sábado 25 de abril,, ás 18 horas, na Biblioteca Infantil e Xuvenil (10 prazas AGOTADAS)

Bebeteca Ágora

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

ACTUALIZACIÓN: prazas agotadas

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

%d bloggers like this: