Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil

Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Continue Reading →

Advertisements

Acumula que sempre tes

Repetición, recoñecemento verba-imaxe, afianzar conceptos, seguridade... un conto repetitivo ou un conto acumulativo dá todo esto. Na sesión de bebeteca dos "máis maiores" na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a descubrir a qué lle sabía á Lúa aos animáis co libro A que sabe a lúa? de MICHAEL GREJNIEC e cal era a nosa mascota con  Veo... Continue Reading →

O son e o silencio

  Os elementos da formación auditiva son o son e o silencio, que forman parte da educación dos sentidos. Debemos axudar aos nenos para descubrir estes elementos e experimentar con eles. Nestas sesións de bebeteca traballamos estes dous conceptos a través dos contos (Tierra a la vista, señor Coc! de Jo Lodge; Unha ra? de... Continue Reading →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Un ano máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil invitamos aos máis pequechos a pasar as tardes de sábado entre libros, os seus protagonistas e cancións que acompañan. Coma sempre intentamos que os futuros novos lectores pasen uns momentos agradables e divertidos na biblioteca, onde, a través da estimulación temperá e nutrindo a súa contorna, axudamos ao desenvolvemento... Continue Reading →

Reparto de entradas para os bebencontros do 23 de maio

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 0 a 12 meses Sábado 23 de maio, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) Sábado23 de maio, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade) Sábado 23 de maio ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (25 prazas compartidas co seguinte tramo... Continue Reading →

Reparto de entradas para a festa final dos bebencontros da Biblioteca Infantil

Finalizamos os Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil cunha festa moi especial. Pablo Díaz utilizará a música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos nunha sesión na que as historias, a fantasía e a ilusión serán os protagonistas. Para bebés de 0 a 36 meses Sábado 16 de maio, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e... Continue Reading →

Reparto de entradas para o bebencontro do 9 de maio na Biblioteca Fórum

Os bebencontros desta semana son: Para bebés de 13 a 24 meses Sábado 9 de maio, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (6 prazas) PRAZAS AGOTADAS Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: