Arquivo do blog

Charla-obradoiro sobre porteo

Dentro do ciclo de charlas de Biblioteca Verde “Simplemente Vive” , o día 29 de marzo ás 19.00h., na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, adicámosllo ao porteo.

Cartel de SIMPLEmentePortea

Sendo conscientes do contacto “pel con pel”, do apego, dos agarimos, aloumiños que lles damos aos nosos bebés, e do que conleva  telos en brazos moito tempo, coidamos que unha boa opción é saber portealos.

Arkhè Espacio Educativo impartirá esta charla-obradoiro e poderemos coñecer os beneficios dun bo porteo así como as distintas formas para levar ós nosos pequechos sen facernos dano e ter a seguridade de que a súa saúde fisiolóxica non se verá afectada.

Aquí vos deixamos a ruta para inscribirvos.

Para facer boca, deixámosvos uns titoriais:

 

Tamén vos convidamos a que lle botedes unha ollada á bibliografía escollida para a charla, que as Bibliotecas municipais imos deixando no noso tablón de Pinterest e á seguinte selección de recursos web, que de seguro son moi interesantes e conteñen boa información ao respecto:

#recomendamosbmc

Agardámosvos na biblioteca coas vosas dúbidas e as vosas ganas de aprender.

 

Advertisements

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos.
Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o nacemento e os 6 anos é cando se forma a personalidade; aquí xoga un papel moi importante a estimulación temperá.

Neste desexo de achegarvos todas aquelas ferramentas dispoñibles nas bibliotecas decidimos traballar con diferentes contos, libros, cds musicais… Aquí vos deixamos unha mostra:

¡Muevase, Señor Coc!¡Muevase, Señor Coc!, da ilustradora e escritora Jo Lodge co que a través dos Bebé feliz: masajes, yoga, aromaterapia y otras técnicas para el desarrollo integral de tu hijomovementos dos diferentes animais imos descubrindo as partes do noso corpo: o tronco, as pernas, os brazos…

Co libro Bebé Feliz de Sheena Meredith aprendemos unhas posturas de ioga moi divertidas, que axudan ao desenvolvemento, liberación da tensión…

Ademáis coñecemos novas historias como Los diez Amigos, libro descatalogado do escritor e ilustrador Ziraldo, co que aprendemos cantos dedos temos en cada man, como se chama cada un e a que lles gusta xogar.

Rematamos a ximnasia cunha canción moi divertida, movendo todo o corpo, rematamos cansos, pero cun sorriso na cara. Aquí vola deixamos para que movades o esqueleto: “Mueve tu cuerpo”

Para despedir estas sesións tan estimulantes que mellor que unha canción dun dos nosos libro-discos preferidos

Té, Chocolate e café do grupo Golfiños   

Libro disco Té, chocolate, café

Libro disco Té, chocolate, café

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, au revoir, arrivederchi

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, goodbye, adeus, adeus

Adeus, adeus, adeus, adeus

Bicos ós meus, bicos ós teus

 Ata mais pronto, ata mais ver.

Non esquezades que podedes descubrir moitas outras cousas interesantes nas Bibliotecas Municipais, visitándonos ou a través do noso catálogo web.

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio do que foron as sesións, e recordade que sempre as poderedes voltar ver na galería de Flickr que temos as Bibliotecas.

This slideshow requires JavaScript.

Unha de animais na Biblioteca Infantil e Xuvenil. Bebencontro do 31 de xaneiro, 13-24 meses

 

Portada do libro A que sabe a lúa?Vaia animaladas no Bebencontro da Infantil! Trala nosa canción de presentación e coñecemento das partes do corpo, gozamos da narración dun clásico da editorial Kalandraka: A que sabe a Lúa? cunha morea de animais axudándose e cooperando para lograr un obxectivo común: conseguir unha dentada da Lúa!!! Será doce ou salgada? mmm… que delicia! Todos queriamos tocar os cubos dos animais, alí amoreados en forma de montaña.

E dado que xa nos entraba a fame, xogamos cos bits de intelixencia dos utensilios de comer, antes de escoitar a Memé narrando o conto que ¿Un gato?, Guido Van Genechtenadaptou de ¿Un gato? (Veo Veo) de Guido Van Genechten. Nin gato, nin parrulo de goma, nin lura… ¡Era un tucano!

E como non, trala aparición da saca dos nosos contos, despedimos a xornada coa nosa canción: adeus, goodbye, ciao aburiño… marchando en fila para recoller as mochilas cos nosos Bebelotes, seleccionados especialmente para cada participante en función da súa idade. Nesta ocasión, formados por un libro de cartón duro e bordes redondeados para cada bebé, un libro do centro de interese Pais relacionado con diferentes tipos de xogos e un conto da editorial OQO, para que as nosas familias vaian familiarizándose coa arte de contar contos e coñecendo editoriais. E coma dirían os Golfiños:  Adeus, au revoir, ciao, aburiño, adeus goodbye, adeus, adeus!

Animádevos a pór en práctica na vosa casa a morea de ideas que podedes atopar nas Bibliotecas Municipais, na nosa sección de SOS Pais, nos Bebelotes que temos sempre á vosa disposición, ou buscando no noso catálogo web.

Agardámosvos na Biblioteca Infantil e Xuvenil!

Xa están aquí os Bblotes da Infantil!

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós.

Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades:

bblotes

 

Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar… E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles dúbidas que poden aparecer nestas etapas.

Recordade que podedes pasar  pola Biblioteca e coñecer de primeira man estes Bblotes, estaremos encantadas de presentárvolos!

 

Despedida dos Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil e Xuvenil

O pasado xoves 22 de maio demos por finalizada a tempada de bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil.

Para unha tarde tan especial, xuntamos a nenos e nenas coas súas familias para disfrutar dos contos, a música e as cores.

Leo, Pablo, Iván, Nicolás, Miguel, Emma, Sabela, Sofía, Nico, Pablo e Román puideron gozar da mestura entre cores e música, contos e notas musicais, porque as luces e sombras, as cores e os sons despertan os seus sentidos.

Con Tralalí trasladámonos a un mundo onde os instrumentos movíanse ao son dunha fanfarria moi divertida e no que as sombras tinguíanse de cor.

 

 

Logo seguimos ao Señor Vermello polo mundo das cores e nos  ensinou que as follas en Outono son marróns, que cando o sol marcha ponse de cor laranxa e se sopramos nunha paleta de cores saen voando a percorrer o mundo.

E como sempre, rematamos cheos de contos con novas historias coas que soñar e pasalo ben.

Como remate, queriamos dar as gracias a todas as familias que participaron con nós neste primeiro ano de Bebeteca, pola ilusión posta, polo ben que o pasamos xuntos e o moitisimo que aprendimos todos. Agardámosvos en Outono para volver a xuntarnos e ter novas experiencias comúns.

Non esquezades que estamos á vosa disposición para cando queirades.

Para que poidades curiosear nas fotos das sesións só tedes que consultar o Flickr das Bibliotecas Municipais.

Ata a próxima!

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: A que sabe a lúa?

Nesta tardiña de primaveira na Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas gozamos dunha divertida tarde rodeados de animais, cancións, descubrimentos…

 

Nicolás, Manu, Pablo, Greta, Nico, Román e Dani, xunto coas súas familias descubriron os animais máis divertidos da granxa do noso amigo o Señor Coc, de  Jo Lodge. Aprendemos que os pitiños fan PIO PIO PIO, as rás CRUA CRUA CRUA….

Para despedirnos do Señor Coc contámoslle o conto de “A que sabe a lúa?” , onde os animais, con moito esforzo, acadan un anaquiño de lúa que lles sabe, exactamente, ó que máis lle gusta a cada un.

 

Ao final, puxémonos a imitar aos diferentes animais acompañándoo de imaxes. Como camiñan, que ruidos fan…un xogo moi divertido que ademáis axuda ao desenvolvemento psicomotor, moi relevante para o progreso das habilidades básicas de aprendizaxe.

Non esquezades que temos as fotos das sesións no noso Flickr para que vexades o ben que o pasamos todos xuntos.

Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil: ¿Un gato?

Un tarde máis na  Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil gozamos dun bebencontro cheo de diversión, sorepresas, cancións, rimas…

This slideshow requires JavaScript.

Pablo, Antón, Mariña, Nicolás, Emma, Adela, Nico, Iván, Leo e Claudia e as súas familias compartiron connosco unha tarde de descubrimentos, xa que coñecimos o gato Mitifú, que tiña unha orella xoguetona e que facía que se convertese en moitos animais diferentes, esto puidémolo ver no conto de “¿Un gato?” de  Guido van Genechten.

Non se nos pode esquecer o noso amigo o señor Coc, que nos mostrou a súa casa e nos ensinou unhas rimas moi divertidas con ” La casa del Señor  Coc” de  Jo Lodge.

Ademais, como xa sabemos, o xogo é o medio máis divertido e natural en que os máis pequenos se relacionen co seu ámbito e coas persoas que lle rodean, por iso non dubidamos en xogar todos xuntos ao Cucú-trás, tanto pequenos coma maiores gozamos dun momento cheo de risas e sorpresas.

Xa sabedes que máis fotos da sesión se atopan no noso Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Bebencontro da Biblioteca Infantil: Disfrazando ao Señor Coc

Nesta nova sesión de bebeteca da Biblioteca Municipal Infanil e Xuvenil, participaron Lucas, Jorge, Román, Greta, Anabel, Sabela, Pablo, Eduardo e Santi e as súas familias e adicámonos  a disfrazar ao Señor Coc co seu libro ” Los disfraces del Señor Coc” de Jo Lodge, ademáis de descubrir novos e imaxinarios animais a través dos contos “El Varvo” e “El Ganejo” do autor Guido van Genechten.

Tamén acompañamos a sesión cun repertorio de cancións  que todos e todas coñecíamos e coas que voltamos a épocas anteriores, a nosa infancia, xuventude (tengo una vaca lechera, un elefante se balanceaba, un rayo de sol, etc.).

Como sempre, a xuntanza foi moi familiar e divertida e na que se intercambiaron experiencias e vivencias comúns.

This slideshow requires JavaScript.

Xa sabedes que máis fotos da sesión se atopan no noso Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña

Bebencontro na Bibliotea Infantil, 19 de decembro

Unha tarde máis na Biblioteca Infantil nenos, nenas, mamás, papás e avoas gozaron do ritmo, das verbas e dos xogos, cos que recoñecemos as partes do noso corpo e como poden moverse.

This slideshow requires JavaScript.

Jo Lodge

Pablo, Naiara, Leo,  Nico, Alejandra, Leo, Iago, Juan, Sabela e os seus papás e mamás aprenderon que cos movementos dos animais podemos facer moita ximnasia como nos amosou o noso amigo o Señor Coc, un crocodilo de cor verde ó que lle encanta ensinarnos cousas novas.

Este e o maimiño

Ademáis, aprendimos que cada man ten cinco dediños e que cada un deles ten un nome especial: maimiño, veciño, pai de todos, fura bolos e mata piollos que é o mais gordo.

E para rematar, xogamos con diferentes intrumentos musicais, porque o ritmo é moi importante e divertido. Con cada instrumento moviamos unha parte do noso corpo, xogamos cas maracas, unha pandeireta, cunchas, uns cascabeis e ata un caixón, porque podemos facer música case con calquer cousa.

Se queredes ver en fotos todas as sesións das Bibliotecas Municipais podedes acceder aos nosos álbums de Flickr, feitos con moito moito agarimo.

Recordarvos, tamén, que nas Bibliotecas temos máis Bebelotes, por idades e mesmo por temas, e que no catálogo poderedes atopar todos aqueles documentos que vos interese. Esperámosvos sempre que queirades, nas redes sociais, tanto a través de Facebook como de Twitter.

Enlace al catálogo on-line de las Bibliotecas Municipales de Coruña

Xa están aquí os Bbencontros para nenos de 13 a 24 meses!

O pasado xoves na Biblioteca Municipal  Infantil e Xuvenil tivemos o noso primeiro bbencontro con nenos e nenas de 13 a 24 meses.
Gozamos todos xuntos: Claudia, Clara, André, Iago, Xiana, Sergio, Sabela, Sofía, Hadrián, Adela e as súas mamás, papás e algúns avós e avoas.

¿Qué esconde el pequeño Edu?Coñecemos ao pequeno Edu co libro ” ¿Qué esconde el pequeño Edu? ” de Linne Bie, quen nos descubriu todas as partes da nosa cara. Con Edu aprendemos que hai cabezas redondas, ovaladas…. que as orellas oen todo, que nos pode picar o nariz…

Ademais aprendemos novas cancións, que a cara é o espello da alma e podemos mostrar aos demais o que sentimos coas nosas expresións faciais, puxemos cara de pirata e de susto.

Xa nos tarda volver reunirnos todos xuntos e descubrir novas cousas no noso recuncho da biblioteca.

Se queredes comprobar o ben que o pasamos só tedes que pasarvos polo Flickr das Bibliotecas Municipais.

Agardámosvos nas seguintes sesións!

%d bloggers like this: