Arquivo do blog

LIX e LGTB #AsMunicipaisEntenden

· 53 Christopher Street. Greenwich Village – New York ·

Os Disturbios de StoneWall (28 de xuño do 1969) marcaron un inicio a prol do colectivo LGTB e ao recoñecemento dos seus dereitos. Dende entón e cada mes de xuño, conmemórase tal reinvindicación coa celebración do Día do Orgullo.

BIBLIOTECA: LIX E DIVERSIDADE SEXUAL LGTB

O compromiso que as Bibliotecas Municipais temos en relación a esta efeméride é permanente. Non só participamos na transformación das desigualdades sociais e culturais senón que tamén tentamos implementar accións efectivas e inclusivas con vistas a unha diversidade sexual que reforce a educación plural dende idades temperás.

Os contos son as nosas ferramentas máxicas (educativas e formativas). Excelentes vehículos de comunicación que fomentan aptitudes e desenvolven actitudes. Axúdannos a promover a igualdade e detectar estereotipos sexistas, homófobos e transfóbicos dende o respecto á diversidade.

Mais o traballo se é en equipa resulta moito mellor. É por iso que vos queremos facer partícipes desta “reinvindicación permanente” achegando lecturas (dirixidas a nenos e nenas de 0 a 8 anos) que axuden a entender a diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade. Variedade de historias para compartir no fogar-escola e establecer bases coa fin de evitar posibles discriminacións en idades adultas.

Só tedes que visitar as nosas bibliotecas, levar en préstamo algún destes materiais e unirvos á campaña municipal “Vive a túa Cor. Sexualidades Diversas, Identidades Libres” co obxectivo de reivindicar os dereitos e visibilizar ao colectivo LGTBQI Rainbow Flag on Apple iOS 10.3 SUPPORT US!

Advertisements

Contacontos especial: as munipais entenden

Esta é semana na que, desde hai 3 anos, as Bibliotecas Municipais da Coruña celebramos o DÍA DO ORGULLO LGTBq.

Xa vos falamos nun post anterior de distintos contos infantís que introducen a diversidade afectivo sexual e que vos poden resultar de axuda para tratar este tema.

Se tedes fillos de entre 5 e 8 anos tamén vos interesará saber que esta semana temos 2 citas (o xoves 26, ás 18.30h na Biblioteca Castrillón e o sábado 28, ás 12h na Biblioteca Ágora) que vos van interesar. Trátase de 2 contacontos especiais para os que tedes que sacar entradas cubrindo un formulario se queredes asistir.

Contacontos Tres con tango

Contacontos Tres con tango

Se estades interesados en coñecer outros recursos coma películas, novelas, etc que aborden esta temática non dubidedes en visitar a nosa wiki LGTB e botar un ollo á selección que preparamos. Hai materiais para todos os gustos e para todas as idades.

Tampouco deixedes de ver a guía de lectura que acabamos de publicar.

 

%d bloggers like this: