CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Continue Reading →

Advertisements

CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Continue Reading →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Continue Reading →

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e... Continue Reading →

A música impacta no cerebro do teu bebé

Cando as notas musicais penetran no ouvido do teu bebé non só xeneran a actividade das áreas que procesan a audición, senón que activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro: a amígdala e o núcleo acumbens (zonas relacionadas coas emocións), o hipocampo (que participa nos procesos de memoria), o cerebelo (encargado do ritmo)... Continue Reading →

CantoConto! Parabéns!

Con motivo da celebración do aniversario dunha das nosas bibliotecarias, aproveitamos esta sesión para felicitar todos os aniversarios do ano, tanto das nenas e nenos como de seus pais e nais, avós e avoas... pero, ao estilo CantoConto!, con cancións e contos. Descubrimos que a nosa compañeira estaba de aniversario, como non, a través do... Continue Reading →

CantoConto!: “Con ton e son”

En CantoConto! somos unhas apaixoadas dos contos, pero tamén da música, por iso quixemos celebrar con vós o día de Santa Icía, a patrona da Música e da Poesía. Nesta sesión non faltaron contos, música, baile e instrumentos musicais! "Levantamos o telón" co conto "Violín" de Antonio Rubio e o ilustrador galego Óscar Villán, cos que coñecimos o... Continue Reading →

Masaxe para bebés na sesión final dos Bebencontros do Forum

Rematamos os Bebencontros na Biblioteca Forum desta tempada, non nos queremos despedir sen antes agradecer a todas as familias, ás que puideron e ás que non puideron asistir, agradecer a vosa confianza e participación. Nesta última sesión abordamos o tema da masaxe infantil. Contamos coa experiencia de Carla Console para realizar esta derradeira sesión da tempada.... Continue Reading →

“A Flor de Pel”, obradoiro de masaxes proximamente na Biblioteca Forum

Queremos despedir os Bebencontros da Biblioteca Forum dun xeito especial, e que mellor maneira que dun xeito moi próximo, cunha sesión de masaxes. Aprenderedes da man de Carla Console (Boga Psicólogos) o fundamental sobre esta técnica ancestral e descubriredes a importancia do sentido do tacto na relación co voso bebé. Neste obradoiro atoparedes recursos e... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: