Category Archives: música para niños

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e a musicalidade van da man desde os seus inicios e que a sintaxe lingüística e a sintaxe musical comparten procesos neuronais.

O ser humano desde que está no ventre da súa nai experimenta a musicalidade ao sentir diversos ritmos e sons do corpo da súa nai e do seu propio, sendo a voz humana un dos instrumentos máis marabillosos e variados  e  unha das primeiras cousas que o bebé aprende a ler e interpretar.

Así que, é sumamente necesario falar moito co bebé, cantarlle cancións e  lerlle poesías e contos para que, deste xeito, comece a recompilar información acústica e que posteriormente poida empregala para entrar na cadea simbólica que forma parte do patrimonio simbólico das comunidades.

Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade.

Evelino Cabrejo-Parra (experto en lectura na primeira infancia) sostén que: “Son inesgotables as posibilidades de lecturas que se poden facer e nunca se lerá o suficiente para un bebé. É importante ser consciente diso.  Non se trata de promover o coñecemento futuro dos nenos, é unha necesidade. Os nenos son capaces de interiorizar e asimilar para incorporar ritmos e os adultos teñen que saber que isto é parte do alimento simbólico, necesario para a construción psicolóxica dos nenos”. De aí, a importancia de darlles os ritmos de maneiras moi diferentes.

Nesta liña tamén, a psiquiatra francesa Marie Bonnafé, afirma que a lectura en voz alta é unha maneira de indicar ao bebé que hai significado nos textos. Os nenos que non descobren a tempo que o texto ten significado terán un achegamento tormentoso ao libro, un sufrimento absoluto. Pero, se hai unha lectura en voz alta, unha entrada pracenteira e libre na lingua e na cultura, seguramente o destino dese suxeito será diferente.

Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca.

Nunha entrevista feita a Cabrejo-Parra, Gabriela Romeo pregúntalle:

GR: E por iso é fundamental que a triangulación – mediador, neno e o obxecto-libro – veña da familia. Se isto sucede a partir da familia, o resultado é totalmente diferente.

EC-P: Creo que a familia ten un papel moi importante. Sempre penso en tres aliados, na orde natural: o bebé, a familia e a biblioteca. Na orde institucional: a biblioteca, a familia e o bebé. A familia é decisiva nesta historia. E cando descobre que ao bebé gústanlle os libros, nin un pai, nin unha nai sequera permanece indiferente a iso. Vai descubrir que o bebé ten unha serie de habilidades, poñendo en marcha todo este patrimonio cultural que, como adulto, aparentemente esqueceuse, pero está latente, nun recuncho dunha parte non consciente. Nas cancións de berce, nas cancións, alá está todo o que necesita ser ofrecido aos bebés.

Neste proceso hai unha riqueza que vai máis aló da simple interacción. Cada adulto ten en si un bebé, a parte infantil do adulto que a miúdo dorme, e necesita espertar. Ás veces pode estar morta e logo termina creando unha descontinuidade interna entre a parte adulta e a infantil. É esencial espertar a parte infantil do adulto, paga a pena poñela en marcha, e ás veces, ler para un bebé é como ler ao bebé que unha vez ti fuches.

Por todo iso, nos nosos Bebencontros facemos fincapé en todo o devandito e tentamos sempre que a música e a linguaxe conflúan nunha mesma sesión. Deixámosvos unha pequeña mostra do que aplicamos sobre esta teoría nas nosas últimas sesión.

Advertisements

CantoConto!: Glub, glub, glub

pitocantor

 

Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos “Glub, glub, glub” xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas.

pablo1

Tic tac.

Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando  “Imos contar un conto”. A continuación falamos  dos animais mariños  e  decatámonos que ao vivir nunha cidade con mar e Acuario podemos ver de cerca moitos destes animais que tanto nos gustan. Resultou que os asitentes a CantoConto! son uns especialistas en peixes, coñecen  moitos, de moitas clases diferentes e ata algún que outro famoso!

Descubrimos unhas fermosas poesías  no libro “Ripios y adivinanzas del mar”, de Fernando del Paso, ilustrado por Jonathan Farr.

 

ripios-y-adivinanzas-del-mar-calamarAunque no escribe ni pinta,

me asegura un calamar

tener suficiente tinta

para pintar todo el mar.

 

 

 

Tamén gozamos con outro dos nosos contos favoritos “Nadarín“, de Leo Lionni, gran artista, recoñecido internacionalmente e con máis de 40 obras aclamadas pola crítica especializada, moitas delas están dispoñibles nas Biblioteca Municipais.

descarga.

E como sempre rematamos  a sesión cantando, nesta ocasión non podíamos esquecernos da nosa peixeira favorita, “Manola”, canción  incluída no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de  María Fumaça, editado por Galaxia.  Podes escoitala canto queiras na nosa lista de reproducción de YouTube9788498655216

recomendamos-cantoconto

  • El pez Arcoiris /  Marcus Pfíster. Beascoa, 2005
  • Don caballito de mar / Eric Carle. Kókinos, 2005
  • Animales marinos. Bruño, 2006.
  • Océanos e mares / Nicola Davies. Baía, 2007
  • Los animales marinos al dedillo /  Nathalie Choux. Combel, 2011
  • Acuario / María Canosa; Dani Padrón.  Embora, 2012
  • A mares / María Jesús Jabato; Rocío Martínez. Factoría K de Libros, 2014

Podes visitar a nosa galería de Flickr para ver as fotos desta sesión. Ata pronto!

 

 

CantoConto!: Ti podes!

Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos.pablo1

En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica e divertida posible, e éste non ía ser menos. Coma sempre, abrimos a sesión coa nosa canción de cabeceira “Imos contar un conto” do disco Tic, tac de Pablo Díaz.

Pero logo veñen os contos, e nunca son os mesmos.

nicomedes-o-pelado

 

Presentamos nesta ocasión ó noso amigo “Nicomedes, o pelado” de Pinto&Chinto, editado por Kalandraka e que podedes localizar en calquera das nosas bibliotecas municipais. É unha historia moi divertida sobre tódalas cousas que poden suceder nunha cabeleira nada convencional.

tu-puedes

 

O feito é que todos temos características que nos fan únicos e que non debemos esquecer valorar. O seguinte título que abordamos nesta sesión foi “¡Tú puedes!” de Ole Könnecke e publicado por Editorial Lóguez nun formato moi chusquiño. “¡Tu puedes!” conta a historia dun pequeno paxariño que se atopa cun reto que lle custa afrontar. Cunha ilustración moi sinxela e expresiva, este conto consigue introducirnos na pel deste novo e simpático amigo.

alegria

Rematamos a sesión cunha canción moi inspiradora do libro-disco Alegría! de Sérgio Tannus, publicado por Galaxia na colección Sonárbore. Esta colección está composta por libros-discos para achegar a música ós máis pequenos da casa. Algúns deles xa os coñecemos en CantoConto! e forman parte da nosa lista de reprodución  de YouTube.

recomendamos-cantoconto

  • A escada vermella / Fernando Pérez Hernando. Kalandraka, 2015.
  • El más listo / Mario Ramos. Corimbo, 2012.
  • Nariz de ouro / texto de Raquel Saiz ; ilustracións de Juliana Bollini. OQO, 2010.
  • Tito fai de malabarista / Guido van Genechten. Tambre, 2007.
  • Todos menos uno / Éric Battut. Libros del Zorro Rojo, 2011.
  •  Primeros auxilios emocionales para niños y adolescentes : guía para padres / Javier Urra. La esfera de los libros, 2016.
  • Abrázame, mamá : el desarrollo de la autoestima infantil y juvenil / Mª Luisa Ferrrós. Planeta, 2007.
  • Cuentos para educar con inteligencia emocional : los niños de colores / Clara Peñalver;  Sara Sánchez. Beascoa, 2014.
  • Burbujas de paz / Sylvia Comas; Fermín Solís. Nube de Tinta, 2016.Deixámosvos unhas fotiños das sesións nas diferentes bibliotecas. Poderedes atopar máis na nosa conta de Flickr.

This slideshow requires JavaScript.

 

CantoConto!: “Con ton e son”

En CantoConto! somos unhas apaixoadas dos contos, pero tamén da música, por iso quixemos celebrar con vós o día de Santa Icía, a patrona da Música e da Poesía.

Violín

Nesta sesión non faltaron contos, música, baile e instrumentos musicais! “Levantamos o telón” co conto “Violín” de Antonio Rubio e o ilustrador galego Óscar Villán, cos que coñecimos o son dalgúns instrumentos musicais como a trompeta, o tambor…

Violín, Ed. Kalandraka

portada_paco-y-la-orquesta-libro-musical_magali-le-huche_201506251042Con Paco, un can namorado da música, descubrimos, xunto cos seus amigos do bosque, como a música clásica pode encandilar tanto aos pequenos da casa como aos maiores. Paco vai atopando ao rato, ao elefante, ao esquío… e todos eles tocan un instrumento pero, que pasa cando todos eles se xuntan e forman unha marabillosa orquestra? A través deste conto, “Paco y la orquesta: mi primer libro de sonidos“, a música invadiu as Bibliotecas, e o puidemos comprobar pulsando os iconos do libro e así escoitamos os sons dos instrumentos. Un fantástico libro para desfrutar en familia!

sofiaPero non é tan doado montar unha orquestra como fixo o noso amigo Paco, senón que llo pregunten a Sofía, a protagonista do conto “Sofía, la vaca que amaba la música“. Un marabilloso relato no que, a parte de descubrir a música, aborda o tema da discriminación. Sofía expresa as súas emocións a través da música, pero sufre o rexeitamento polas apariencias e prexuízos dos demais; pero a constancia, a superación de retos e a amizade fai que finalmente os seus soños e os seus esforzos se vexan recompensados.

pitusaE para rematar, dúas palabras: “PITUSA SEMIFUSA“! Da man de Olga Brañas, adentrámonos no mundo da música, avanzando polos pentagramas dalgúns instrumentos e da nosa propia voz, ata rematar nunha completa Festa Musical coa melodía “A canción da percusión” recollida neste libro-CD. Se queredes desfrutar coma nós o fixemos, podedes cantar e bailar coa canción do videoclip que dá nome a esta fantástica recompilación.

Se queredes seguir desfrutando dos contos e da música, ademais de consultar o noso catálogo en liña, deixámosvos as recomendacións desta sesión.

Recomendamos CantoConto!

  • Hola, Tilly / Polly Dunbar.– [Madrid] : Kokinos, cop. 2011.
  • Olivia y su banda / Escrito e ilustrado por Ian Falconer.– México : Fondo de Cultura Económica, 2007.
  • As clases de tuba / T.C. Bartlett e Monique Felix.– Pontevedra : Kalandraka, 1999.
  • Deveribés / Mamá Cabra; ilustraciones, Marina Seoane.– Vigo : Galaxia, 2013.
  • O Carnaval dos animais / Camille Saint-Saëns ; texto de José Antonio Adab Varela ; ilustracións de Joao Vaz de Carvalho.– Pontevedra : Kalandraka, 2013.
  • El saxo y otros instrumentos de viento / cuento, Eladio Reinón ; ilustraciones, Subi.– [Barcelona] : Bellaterra Música, D.L. 2008.
  • Siete hermanos músicos / Cuento de Elisabet Abeyá; ilustraciones de Mercè Arànega.– Barcelona : La Galera, D.L. 2003.
  • Demasiado ruido / Max Velthuijs ; traducción de Carlos Torres.– Madrid : Espasa-Calpe, D.L. 1991.
  •  A banda dos ratos / textos e ilustracións Mon Daporta Padín.– Vigo : A Nosa Terra, D.L. 2002.
  • A princesa do Caurel / Patacrúa ; ilustracións de Javier Solchaga.– Pontevedra : OQO, 2006.
  • El flautista de Hamelin / texto, Pepe Maestro ; ilustración, María Wernicke.– Zaragoza : Edelvives, D.L. 2010.
  • A banda de Vilacendoi / Xulio Gayoso.– Pontevedra : Kalandraka, 2006.
  • Los cuatro músicos / [Cuento original], Hermanos Grimm; [Adaptación], Teresa Sabaté; [Ilustraciones], Julia Serra.– Barcelona : Salvatella, 2000.

 

Deixámosvos unhas fotos das sesións de todas as bibliotecas. Agardamos que vos presten! Vémonos na vindeira sesión e non esquezades reservar a vosa praza!

This slideshow requires JavaScript.

Concerto “Fíos do querer” para público de 1 a 5 anos

Dende a Biblioteca de Monte Alto, queremos convidar ás familias a un espectáculo único e orixinal que terá lugar o vindeiro martes 22 de novembro ás 18.00 h. Cé orquestra pantasma presentará o seu traballo “Fíos do querer” . Se tedes nenos e nenas de entre 1 e 5 anos, non podedes deixar pasar esta ocasión.

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular.

“Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo”. Estas verbas serven para presentar o traballo en formato libro-cd de Cé orquestra pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para os máis pequenos da casa. Cada canción está acompañada por unha fermosa ilustración por conta de Cristina Ouro.

palminasbarqueiro

Lembrade que para poder asistir, é necesario reservar praza. Requírese unha inscrición previa a través da nosa páxina web , no mostrador da biblioteca ou chamando por teléfono ao 981184382. O prazo de inscrición remata o martes día 22 de novembro ás 17.00 h e todavía quedan prazas dispoñibles, así que animádevos a traer aos vosos fillos e fillas.

Para coñecer  un pouquiño máis o traballo deste artista podedes visitar a súa páxina Cé orquestra pantasma no Facebook e facervos unha idea do marabilloso concerto que terá lugar na biblioteca. Pero para adiantarvos un añaquiño do mesmo, aquí deixámosvos este fermoso video promocional do libro-cd “Os fíos do querer“. Non volo podedes perder!

CantoConto! Andanzas…

pito revirado

Xa chegou o momento de contar e cantar historias para os máis pequenos da casa, CantoConto! está de volta e abrimos a tempada 2016-17 con Andanzas.

Acaba de rematar o verán e quen máis, quen menos, desfrutou dalgunha aventura durante as vacacións. Non ían ser menos os nosos protagonistas e nós non podíamos quedar sen contárvolas.

Tras abrir a sesión coa nosa canción de cabeceira, “Imos contar un conto” de Pablo Díaz, descubrimos unha historia moi “silenciosa”. “¡Shhh! Tenemos un plan é un álbum ilustrado de Chris Haughton que mostra a historia duns amigos moi valentes ós que non lles saen de todo ben as cousas… Aínda que cremos que renderse non está dentro dos seus plans.

A perseverancia destes amigos tamén é unha das cualidades do outro protagonista desta sesión, un neno tan pequeno tan pequeno, que cando naceu, os seus pais puxéronlle de nome Garavanciño. A adaptación desde conto popular escollida  foi a de  Olalla González ilustrada por Marc Taeger e editado en 2008 por Kalandraka. Se queredes disfrutar deste clásico podedes atopalo en  calquera das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Todas as sesións de CantoConto! comezan e finalizan con cancións, coas que tentamos achegar ó público máis miúdo a riqueza de sensacións que nos proporciona a música. E como de Andanzas vai a cousa, non podía faltar o noso querido “Pájaro Federico” de Beatriz Doumerc que voando, voando foi atopando polo camiño una chea de cousas pero ó fin… Podedes ver como remata no video que montamos para vós.

Para escoitar as cancións que cantaremos en CantoConto! visitade a nosa lista de reprodución.

Para rematar deixámosvos unhas fotiños das sesións e algunhas recomendacións.

This slideshow requires JavaScript.

  • Imos cazar un oso. versión de Michael Rosen ; ilustrado por Helen Oxenbury; [traducción, Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez]. Kalandraka, 2013.
  • Chibos chibóns. Adaptación de Olalla González; ilustracións de Federico Fernández. Kalandraka, 2006.
  • Paco Papán. Patacrúa; ilustracións de Evelyn Daviddi. OQO, 2007
  • Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso. Christiane Pieper ; traducción Pepe Martínez. Kalandraka, 1998.
  •  Pluma y tapón /Emilio Urberuaga.– Madrid : Anaya, D.L. 1999  pitocantorpitocantor
  • ¡¡Máaas!! Peter Schössow. Lóguez, 2010.pitocantor

 

“Festa Final” en CantoConto!

Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan buliciosa e ímolo botar de menos.

Pablo cantounos canción dos seus discos, todos grandes éxitos entre os pequerrechos, e que podedes levar prestados das bibliotecas.

Pero, entre tanto e ata que chegue o outono, seguiremos visitando as bibliotecas, que non pechamos durante o verán, claro que non! E lendo e levando para casa contos coma os que nos contou Pablo: “Un becho estraño“, “Un, dous, tres, qué ves?“, “O gato lambón“, “Os de arriba e os de abaixo“, “Paco“, “Paxariña“…

Deixámosvos unhas fotos das sesións, para que vexades qué ben o pasamos. Esperamos vervos a volta do verán. Grazas, familias!

This slideshow requires JavaScript.

Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.

“Se estarricamos moito os brazos, moi  lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?…”

O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde : Avoa Youja Teatro. As familias participantes con nenos ata os 3 anos disfrutarán mediante a música ó vivo e a manipulación de obxectos dun espectáculo cheo de estrelas e astros: “O alumiño dunha estrela”.

“…No espazo agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos  experimenten a marabilla da beleza e ofrecerlles así a posibilidade de voar tan alto como a súa capacidade de imaxinar novos mundos. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posible”.

O alumiño dunha estrela

Estades invitados

Recordámosvos como podedes facer para inscribirvos:

Sete días antes da celebración do Bbencontro a partir das 10h 

en  www.coruna.es/bibliotecas

Prazas limitadas

%d bloggers like this: