Mans arriba… crab revolution!

Ás veces tes sentimentos de tristeza? Dás brincos de felicidade? Que ocorre cando notas como os teus ollos se enchen de bágoas pero non estás enfadado/a? Repartes bicos a moreas ou pola contra sentes medo?...  Deixando atrás as fresquiñas sandías e os doces xeados (xa degustados polos nosos usuarios e usuarias), achegámosvos unha nova proposta estival baseada... Continue Reading →

Advertisements

Live · Love · Green

"O segredo é não correr atrás das borboletas... É cuidar do jardim para que elas venham até você” Mário Quintana E co desexo de que esas bolboretas cheguen até ao noso xardín plantexamos: MUNDO VIVO... PASAPORTE Á NATUREZA! Mundo vivo é unha escolma de contos infantís que ten por obxectivo espertar o interese pola natureza... Continue Reading →

Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil

Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Continue Reading →

Unha nai é unha nai

Cantas veces temos escoitado o de que "unha nai é unha nai"? Co gallo do Día Internacional da Muller queremos, dende as Bibliotecas Municipais, adicarlle este post ás que non teñen acougo pero dan acougo, están cansas pero non descansan, que fan rir ata chorar e choran da risa, que son calma, son apego, son día... Continue Reading →

¿Como llo explico?

¿Separádesvos pola miña culpa? ¿Que pasa cando un morre? ¿Como chegan os bebés á barriga? ¿Os meus papás de verdade non me querían? ¿Por que me sinto triste? Os nenos e nenas son conscientes de máis cousas das que cremos, e a súa curiosidade asemella non ter fin. Ás veces, falar de certos temas con eles require... Continue Reading →

Libros en directo: encontro con Jordi Sierra i Fabra no Centro Ágora

Por cuarto ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina o ciclo Libros en directo, unha serie de encontros con autores de recoñecido prestixio que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes. Durante a conversa con Pedro Ramos, coordinador e presentador do ciclo, os autores invitados... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: