Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e... Continue Reading →

Advertisements

Bebencontros outubro Biblioteca Fórum

As marionetas son o complemento perfecto para acompañar a narración das historias, estimulan de forma fascinante a capacidade de atención dos máis pequenos, axúdanlles a imaxinar, e cando van medrando, interactúan con elas creando as súas propias historias e xogos simbólicos. Algúns contos levan incorporadas as súas propias marionetas, pero se non é así podemos... Continue Reading →

“A espertar” – Bebencontro Final na Biblioteca Fórum

O vindeiro 27 de maio na Biblioteca Fórum celebramos o Bebencontro Final cos bebés de 0 a 24 meses. Este ano Estíbaliz Veiga e Erica González coa peza"A espertar" farán que os bebés desfruten sendo estimulados a través da música, da pantomima e a doce palabra. Emocións, cores, baile, cantos de berce... minutos inesquecibles para compartir... Continue Reading →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Continue Reading →

O ritmo da poesía

No noso post anterior “A música impacta no cerebro do bebé” expoñiamos que diversos estudos afirmaban que a música “activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro”. Pois ben, tamén son moitos psicólogos, pedagogos e musicólogos que nos falan da musicalidade da linguaxe; Perret, Malloch e Trevarthen,  apoian e explican como a linguaxe e... Continue Reading →

CantoConto!: Glub, glub, glub

  Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos "Glub, glub, glub" xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas. Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando  "Imos contar un conto". A continuación falamos  dos animais mariños  e  decatámonos que ao vivir nunha cidade... Continue Reading →

Babies, bubbles & books!

Non sabemos se pola abundancia de auga ou sinxelamente porque a nosa terra tira moito, pero na Biblioteca Ágora andamos moi mariñeiros nesta tempada. Tanto que cando tocou deseñar o Bbencontro en lingua inglesa deste curso, xa un habitual na programación anual, reminiscencias mariñas invadiron as nosas cabezas e convertemos ás criaturas con branquias nos... Continue Reading →

CantoConto!: Ti podes!

Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos. En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: