Category Archives: Chegou o Outono

Chegou o Outono!

Parece unha obviedade anunciar a chegada do Outono cando xa levamos 15 días de nova estación. Mais non é soamente o cambio de estación, senón o inicio e desenvolvemento dunha estación máxica, chea de opcións, chea de cores, de follas, de rituais…Chegou o Outono!

E por ese motivo, da man da pequena toupiña Mole -moi importante para a nosa bebeteca– decidimos meter un pouco de Outono na biblioteca de Ágora, por medio dunha selección diversa, dividida temáticamente e orientada de 0 a 8 anos que podedes consultar aquí. Mais tamén vos convidamos a achegarvos a un rincón que tenta recoller o cheiro das landras nos camiños e as pingas das xiadas nas follas do castiñeiro pola mañá. O Outono é sensorial, e a mellor maneira de desfrutalo é sentilo, por eso, a mellor forma de sentir esta mostra é empezando por leer a súa intención na foto de abaixo:

Saudando ao Outono

Dende os libros da toupiña Mole para xs bebés da casa, aos de recoñecemento de cogumelos para xs maiores de 5 anos, Chegou o Outono espéravos na Biblioteca de Ágora até Decembro. E lembrade desfrutar das cores outonais!

Advertisements
%d bloggers like this: