Estrelas en CantoConto!

Boas de novo, familias! Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa. Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e... Continue Reading →

Advertisements

CantoConto!: comezamos novo curso.

Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións. Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción "Imos contar un conto". A continuación démoslles a todas as familias unha... Continue Reading →

CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro. Para os... Continue Reading →

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: "Non hai maneira", adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto! Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro...... Continue Reading →

CantoConto!: Glub, glub, glub

  Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos "Glub, glub, glub" xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas. Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando  "Imos contar un conto". A continuación falamos  dos animais mariños  e  decatámonos que ao vivir nunha cidade... Continue Reading →

Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”

Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e... Continue Reading →

CantoConto!: Somos artistas

Unha semana máis comenzamos a sesión de CantoConto! coa canción de Pablo Díaz "Imos contar un conto", que cada vez coñecemos mellor e que nos encanta escoitar na biblioteca. Esta semana visitounos Ole, que está moi emocionado pois comenzou a pintar, inspírase na biblioteca con moitos dos libros de arte e manualidades que temos na... Continue Reading →

CantoConto!: Ti podes!

Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos. En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: