Os previos tamén son importantes

No 2017, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil quixemos darlle un espazo tamén ós que agardan a chegada dun novo membro á familia. Presentámosvos os Pre-lotes (para futuras familias). E que son? Son  lotes ideados coa finalidade de axudar, sacar medos e divertir ás futuras mamás e papás. Neles atoparedes libros sobre o embarazo, adicados ao... Continue Reading →

Advertisements

Festa final “Contos do chupete” con Migallas Teatro na Biblioteca Infantil

Como facer que adultos e pequechos queiran máis contos, máis festa e máis biblioteca? Pois con música, con risas e moitos moitos libros. Todo iso foi posible co grupo Migallas, na festa final dos Bebencontros que a Biblioteca Infantil e Xuvenil (Durán Loriga) preparou para despedirse desta volta. Dende outubro disfrutamos na Bebeteca de Durán Loriga... Continue Reading →

Acumula que sempre tes

Repetición, recoñecemento verba-imaxe, afianzar conceptos, seguridade... un conto repetitivo ou un conto acumulativo dá todo esto. Na sesión de bebeteca dos "máis maiores" na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a descubrir a qué lle sabía á Lúa aos animáis co libro A que sabe a lúa? de MICHAEL GREJNIEC e cal era a nosa mascota con  Veo... Continue Reading →

Bebencontro na Biblioteca Infantil e Xuvenil: 1, 2, 3, movendo o meu corpo da cabeza aos pés

Coma sempre os nosos encontros tentan darvos ideas para que a través da lectura, o xogo e a música fomentar o desenvolvemento dos máis pequenos. Nesta ocasión adicamos as sesións para traballar as partes do corpo a través da psicomotricidade e así, entre outras cousas, favorecer o proceso de desenvolvemento da identidade, xa que entre o... Continue Reading →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Un ano máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil invitamos aos máis pequechos a pasar as tardes de sábado entre libros, os seus protagonistas e cancións que acompañan. Coma sempre intentamos que os futuros novos lectores pasen uns momentos agradables e divertidos na biblioteca, onde, a través da estimulación temperá e nutrindo a súa contorna, axudamos ao desenvolvemento... Continue Reading →

A música envolveunos na Festa final dos Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil

O sábado pasado, 16 de maio, previo ao noso Día das Letras Galegas, quixemos despedir os Bebencontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil como se merecen, con contos, con música e moito cariño. Porque pensamos que libros, música e cariño é unha das mellores combinacións para que as familias leven un bo recordo de tódolos momentos... Continue Reading →

Reparto de entradas para a festa final dos bebencontros da Biblioteca Infantil

Finalizamos os Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil cunha festa moi especial. Pablo Díaz utilizará a música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos nunha sesión na que as historias, a fantasía e a ilusión serán os protagonistas. Para bebés de 0 a 36 meses Sábado 16 de maio, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e... Continue Reading →

Emocións de despedida no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil. 25 de abril

O sábado 25 de abril, tivemos na Biblioteca Infantil e Xuvenil a derradeira sesión de Bebeteca antes da festa concerto do 16 de maio. Xunto a Nico, Druso, Martina, Helena, Lúa, Pepe, Jaime, Miguel, Laura e as súas familias, achegámonos ó mundo das adiviñas e das partes da cara.   Mediante o conto ¿Qué esconde... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: