Category Archives: Bebencontros Ágora

Bonitas e máxicas: así son as cores

A clase de arte rematara, pero Vashti quedou pegada ao seu asento. A súa folla estaba en branco. A profesora inclinouse sobre ela .

“¡Ah! Un oso polar baixo unha tormenta de neve”, dixo.

”¡Moi divertido!” contestou Vashti.  “Non se me ocorre que debuxar”

O punto. Peter H. Reynols

Hai libros máxicos. Libros sorprendentes que van moito máis lonxe do que neles está contido. Libros que convidan á experimentación e que inclúen pasaporte a novos mundos.

Hervé Tullet é un deses magos experimentais que convidan a ver os libros con outro estoesunlibrpprisma. As obras do autor francés concíbense para ver cos ollos ben abertos, xogar coas ilustracións e ler dunha maneira moi distinta á que estamos afeitos. Para Tullet o libro é un tesouro interactivo que non entende de tecnoloxías, onde o lector só precisa das súas mans e da súa imaxinación para poder desfrutar das infinitas formas, cores e textos que alí se presentan. E non se conforma con publicar: tamén imparte obradoiros por todo o planeta axudando a nenos e nenas a explotar a súa imaxinación e creatividade en relación coa arte.

No último Bebencontro da Biblioteca Ágora demos unha vez máis testemuño do cativadoras que son estas obras. Só precisamos dun panel branco e puntos de luz (ademais dunha marabillosa versión instrumental do tema Somebody that I used to know de Gotye) para experimentar con Xogo de cores: un cadrado violeta, un círculo verde e un triángulo laranxa andaban buscando aos seus pais. E apareceron, claro! As diferentes formas xeométricas descubríronnos como a partir da mestura de cores primarias acadamos as cores secundarias:

Para voltar á calma recorremos aos “gusidedos” (que non eran outros máis que os nosos dedos con ollos e boca) e convertémolos en flores, dinosauros, pasteis e tuberías, ademais de mergullalos no fondo do mar. Dedos contadores de historias. Unha sinxelísima pero marabillosa ferramenta que capta a atención dos bebés a través do movemento das nosas mans e a sorpresa de ver uns protagonistas tan orixinais.

sombras-horz

Podes atopar os títulos da colección Vamos a xogar! no Cascarilleiro, o catálogo en liña das Bibliotecas Municipais. Só aptos para mentes inquietas! 

Desde a Bebeteca abriuse unha porta estelar para formular unha realidade alternativa e asombrosa. Porque non fan falta grandes recursos para facer da lectura unha experiencia inesquecible. Ás veces cunha folla en branco temos todo o que precisamos. Pois coma di o propio Tullet, “dun vaso con pintura que cae ou dunha mancha non desexada sempre se pode obter algo estimulante“.

 

Advertisements

Babies, bubbles & books!

Non sabemos se pola abundancia de auga ou sinxelamente porque a nosa terra tira moito, pero na Biblioteca Ágora andamos moi mariñeiros nesta tempada. Tanto que cando tocou deseñar o Bbencontro en lingua inglesa deste curso, xa un habitual na programación anual, reminiscencias mariñas invadiron as nosas cabezas e convertemos ás cri32926238261_613dfe2d91_naturas con branquias nos protagonistas da xornada. Why not?

Coñecer outros idiomas distintos ao materno é xa prácticamente un requisito imprescindible na sociedade global na que vivimos: unha pasaxe a outras culturas e experiencias que multiplica por centos as nosas posibilidades de comunicación. O estudo do inglés a idades temperás supón múltiples beneficios, xa que o cerebro do bebé é moi moldeable e receptivo ante calquera tipo de aprendizaxe. Nesta ocasión centrámonos na práctica oral para traballar as competencias comunicativas e cognitivas dxs “bilingual babys”. Let´s go!

O pequeno Hooray, extenuado tras unha longa viaxe polos Mares do sur, saiu da súa casa-cuncha para presentarnos aos numerosos “fishy-friends” que fixo nesta animada aventura. Who´s there in the sea? Ledos, enoxados, gordos, a raias… peixiños moi diferentes que nos permitiron practicar adxectivos calificativos básicos a través dos xogos de palabras e as repeticións.

Trala algarabía mariña voltamos á calma con Sea Animals, do popular ilustrador Mike Lowery. Dolphin, shark, octopus, seahorse… todos foron advertidos: It´s time to sleep! Con rimas e xogos de luces aprendimos os seus nomes namentres os mandábamos a durmir: ZzzZzzzZzz!!!

32207570284_282b5355ed_z

Se os animais mariños queres durmir… só con música o poderás conseguir! 

A estimulación musical foi de novo un valor engadido na sesión: o polifacético compañeiro Santiago Manteiga, guitarra acústica en man, reforzou todo este traballo con acordes que envolveron de ritmo a sala infantil. Ata houbo tempo para que nais e pais practicasen o seu english co Yellow Submarine! Estímulos sonoros en riguroso directo que favorecen a potencialidade cognitiva dxs máis pequenxs, tanto polo que respecta ao desenvolvemento da musicalidade como á creatividade e expresión corporal.

32167616104_2a7a84c64c

A proposta non quedou ahí: unha pequena escolma de contos e materiais audiovisuais agardaba a familias e pequenxs para que, xa na casa, podan mergullarse de novo no amplo mundo dos idiomas (todos dispoñibles no Cascarilleiro, o noso catálogo en liña):

Mergúllate na galería de Flickr se queres ver unha pequena mostra da nosa odisea polos fondos abisais. See you soon!

Os esqueletos visitan a Bebeteca Ágora

Conta a lenda celta que, fai moitos anos, na noite do día de defuntos, os espíritos dos mortos camiñaban ceibes polo noso mundo, mentres os vivos gozaban dun gran banquete. Era a noite do Samaín. A tempada de colleitas chegaba ao seu fin e dábase a benvida ao escuro inverno.

untitledEste ano os espíritos decidiron adiantarse un chisquiño no tempo e facer parada na Biblioteca Ágora. Convertéronse en bibliotecarixs e botáronnos un cable cos primeiros Bebencontros do curso. O Samaín pareceunos un bo recurso para facer un achegamento ás nosas tradicións e destacar a influenza da literatura oral no desenvolvemento dxs pequenxs. Recuperamos parte dese imaxinario popular que dende o berce nos achega ó noso entorno cultural e nos regala os primeiros flirteos coa literatura, o arte e a música.

Cando o reloxo marcou a unha, os esqueletos saíron das tumbas e animáronnos a mover o corpo con Chumba la cachumba, da Editorial Ekaré. Un título da colección Clave de sol, libros ilustrados que son á vez contos para contar e cancións para cantar, pertencentes á tradición oral española e hispanoamericana. A golpe de sonaxeiro, conseguimos que xs pequenxs deixaran os medos a un lado e brincaran cos esqueletos. Montouse un bo alboroto no cemiterio!!

tumba

As ocurrentes ilustracións de Carlos Cotte fan deste libro unha festa visual e unha xenial maneira de aprender a contar e cantar a hora.

Para baixar de revolucións recuperamos outro clásico da nosa nenez, aínda que neste caso “remasterizado” pola Editorial Kalandraka: o Veo Veo de Antonio Rubio e Óscar Villán. Un poema convertido en xogo musical que atrae moitísimo axs pequerrechxs pola forza das súas rimas.

veoveo

A parte musical tamén merece unha parrafada: para darlle ritmo ó asunto estiveron sonando dende o Thriller de Michael Jackson ata temas das BSO de Maléfica e Beetlejuice. Pola nosa parte xa hai compromiso manifesto de coidar con máis mimo este aspecto, ir máis alá das cancións meramente infantís e sacarlle todo o xugo á música como motor centrífugo de emocións e sensacións.

Agardando a súa quenda na cestiña bibliográfica do día, outros membros dese imaxinario herdado (todos eles dispoñibles no catálogo das Bibliotecas Municipais):

Xa de cara ao remate da sesión e namentres xs bebés se mergullaban entre contos, aproveitamos para comentar coas familias as modificacións recén feitas no programa de Bebelotes. Ademais dunha nova ubicación na sala infantil, as mochilas contan con cunha reformulación dos seus contidos: novedades editoriais, materiais en lingua estranxeira e enquisas máis sinxelas para o seu enchemento.

post-2

Para descubrir como o pasaron xs nosxs mini-lectores nesta “terrorífica” xornada podes visitar o noso Flickr. Se che dan algo de envexa, xa sabes que facer: acompañarnos na seguinte cita. Truco ou trato?

Monstros na biblioteca de Ágora.

Non podemos negar que na equipa infantil da Biblioteca de Ágora somos moi fans da diferencia. E eu, persoalmente, non podo evitar ser moi fan de Gilles Deleuze. Cando era hora de preparar o post e pensaba en sobre que escribir para definir a sesión de bebencontros que tivemos para clausurar o curso 2015-2016, á miña cabeza viuse a imaxe de Diferencia e Repetición, un libro orixinalmente publicado no 1968 no que a diferencia é sinónimo de cambio, de contraposición a repetición, de avance.

POST BEBE 01

Espazos mutantes que vós enchedes de maxia.

Como parte dunha contorna máis que diferente, cremos nunha identidade diferente, unha identidade que non existe previamente senón que flúe, transfórmase e enriquécese na medida en que novas diferencias vanse sumando a este pedazo de terra no que traballamos, vivimos, respiramos, paseamos e, sobretodo, achegamos a lectura. Podemos falar da diferencia como leitmotiv? Pois en parte debemos confesar que si, porque gústanos acoller a quen veña e recibir os cambios que todas esas novas persoas acheguen a unha contorna tan viva como mutante, sen prexuizos de perder unha tradición senón lembrándoa e avanzando para seguir a facer outra.

Para estas alturas quizais non lembredes, pero estou a falar do que existe detrás da sesión de clausura do programa de Bebeteca na biblioteca de Ágora. E de feito decidimos decir ata pronto dun xeito diferente, diferente ao resto das sesións, e falando da diferencia como necesidade e forma de buscar novos lugares, conformar novos espazos nos que a diferencia faga que o espíritu sexa máis libre.

Olga de Dios sabe perfectamente que a diferencia é

Personajes con carácter

Algunhas das “persoaxes con carácter” de Olga de Dios.

sen dúbida unha riqueza global, e por iso escribiu Monstruo Rosa (Apila, 2013), un libro que non deixa de funcionar entre pequenxs e maiores. E nós pensamos que se debe a que todxs nós somos/temos sido/seremos monstruos rosas que buscan o seu lugar e non cansan ata vivir cun sorriso continuo cando entendemos que a riqueza é a que da escoitar a quen non é coma un·ha mesmx.

É por iso que este post é tamén diferente, máis que o relatorio dos contos contados ou das aventuras do Monstruo Rosa. Este post é unha forma de agradecer a participación de todxs vós como usuarixs e dxs vosxs peques como público obxectivo do programa por parte dun grupo mutante, diferente e diferenciado individualmente, que traballa coa finalidade de que as historias non queden atrapadas nas paredes da biblioteca, senón que traspasen cada muro de hormigón e cada parede de ladrillo para crear lugares diferentes, creativos, mellores, libres de pensamento e de sentir emocións.

Sin máis, vémonos no curso que ven. Saúde e grazas a todxs!

Nel

Día do libro e de bebencontro.

Din que o bo cando é breve é dúas veces bo. Nós pensamos que as cousas boas deixan un regusto tan bo que perduran no tempo e no espazo. Física cuántica ao lado, o pasado sábado a biblioteca de Ágora convertiuse nun lugar especial, desta volta cambiamos espazo e tempo para transformar a biblioteca nun lugar non novo, pero diferente. E todo para celebrar un Día do Libro que pasou voando.

Voar é precisamente un verbo que vale para conectar toda a alada compaña coa que

BEBENCONTRO DÍA DO LIBRO 050

As galiñas picando no chan como xoguete rítmico

compartimos o bebencontro do pasado sábado. Se é ben sabida a repercusión positiva do estímulo musical e rítmico nxs bebés, o estímulo musical que pode supuxo poder asistir a
un concertó en directo na biblioteca, fixo de broche dunha sesión presentada polo Paxaro Ole, guiada polo Polo Pepe e rematada con grullas de papel como agasallo do Día do Libro.

 

Como xa anunciaramos tanto neste blog como en Bibliosons, a presencia de The Chinese Birdwatchers axudou a convertir a zona xuvenil da biblioteca no escenario perfecto para un desenchufado onde xs pequenxs poliñxs amosaron o efecto hipnótico da música nxs pequenxs – e maiores – que observaban e se movían ao ritmo da música.

BEBENCONTRO DÍA DO LIBRO 084

The Chinese Birdwatchers

Pode que a sesión fora breve, pode que o concertó tamén, pero a sensación de frescura que xordeu esa tarde pode ser a porta para un achegamento máis profundo aos beneficios da música  no desenvolvemento cerebral  das primeiras idades. E por si queredes afondar algo neste aspecto, aquí vos deixamos unha serie de referencias bibliográficas que vos axudarán a valorar este aspecto na súa nota correcta:

Barbarroja, M.J. (2007). La música en Educación Infantil. Innovación y experiencias educativas. nº 14 (enero), 1-14.
Campbell, Don. (2006) El Efecto Mozart para niños : despertar con la música la mente, la salud y la creatividad del niñoArgentina : Urano, D.L.
Ceular, M.T. (2009). Educación musical en Infantil, pero ¿cómo? Innovación y experiencias educativas, nº 15 (febrero), 1-12.
Ferrerós, Mª Luisa. (2008) Inteligencia musical : estimula el desarrollo de tu hijo por medio de la música.Barcelona : Scyla.
LaCárcel Moreno, J. (1995). Psicología de la música y educación musical. Madrid: Aprendizaje Visor.
Vilar, M. (2004). Acerca de la Educación Musical. Revista electrónica de Léeme (Lista Europea de Música en la Educación). nº 13(mayo).
Webber Aronoff, F. (1974). La música y el niño pequeño. Buenos Aires: Ricordi.
Zarate Pons, A. (1995). Juegos al aire libre. Madrid: M.E. Editores.

23 DE ABRIL: Un bebencontro alado na biblioteca de Ágora.

Resulta polo menos intrigante chegar a pensar na relación directa que pode existir entre o Día do Libro e os paxaros. Se a esa relación lle engadimos a presenza dxs nosxs bebés polo medio, chegamos a un punto no que as palabras parecen voar sin sentido dun lado a outro.  Mais en realidade, todo esto ten unha explicación, e unha explicación con agasallo, de feito con múltiples agasallos…

CABECERA BLOG

Xa temos falado da música como fío conductor á hora de relatar ou engadir un punto rítmico ao momento de achegarse á lectura nas primeiras idades. O ritmo, a entoación, a musicalidade da palabra, son recursos que enchen os ocos emocionais que propoñen eses obxectos extraños cargados de fantasía: os libros. Precisamente o día do próximo Bebencontro na Biblioteca de Ágora coincide co día de celebrar eses obxectos máxicos, os libros, e por ese motivo temos preparada unha sesión especial grazas a unhas persoas que gostan do repouso que proporciona observar paxaros.

O día 23 de Abril, tan só haberá unha sesión de Bebencontro na Biblioteca de Ágora, con 20 plazas á vosa disposición a partir de mañá ás 10h. na nosa web. Unha sesión única e especial na que desfrutaremos da lectura compartida en familia e abriremos o espazo para un agasallo moi especial: a actuación en acústico do grupo The Chinese Birdwatchers -do que poderedes saber máis no post que ven de ser publicado en Bibliosóns– previo á súa actuación esa noite no Garufa.

Pero non só eso, ademáis xs compoñentes do grupo traen consigo a iniciativa “LibrosXMúsica”, unha proposta para celebrar o Día do Libro. Cada persoa que achegue un libro novo a súa actuación (na biblioteca ou no Garufa) será agasalladx cun disco do grupo. Todos este libros serán logo doados ás Bibliotecas Municipais para pasar a ser parte do fondo colectivo da cidade.

Seguides sin saber qué facer o sábado 23 de Abril pola tarde? Pois sexas bebé ou adulto, non dubides en achegarte a desfrutar da música dos The Chinese Birdwatchers.

Cartel Coruña_v2

Esperámosvos!

Xogar “ao diferente” · Xogar coas palabras

Vivimos nunha sociedade cambiante, na que existen fluxos migratorios que fan que a nosa comunidade sexa diversa en canto á cultura, raza, etnias… É preciso que dende idades temperás exista unha educación na diversidade, no respecto, na comprensión entre grupos culturais diferentes.

A nosa labor como biblioteca é, en primeiro lugar, facer palpable a diferenza para despois traballala dende o entendemento e a tolerancia. Como elemento potencializador e de reforzo: o conto! Historias que abrazan o noso mundo e amosan aos máis pequenos e pequenas novas formas de conexión coa diversidade e a riqueza do global que nos rodea.

"Uélé moliba makasi" · Escoita a nana congoleña extraída do libro-cd "Cancionero infantil do Baobab" da Editorial Kókinos

“Uélé moliba makasi” · Preme na imaxe para escoitar esta nana congoleña

Sempre que plantexamos unha sesión sentimos a necesidade de contextualizala, de adxudicarlle un contido tranversal para achegarnos a aquilo que consideramos preciso. Neste caso, ao diferente.

África, o seu habitat e os ritmos musicais servíronnos para establecer un punto de partida. A través de diferentes xogos de percepción e secuencias acumulativas adaptamos unha lectura de imaxes cargada de onomatopeas, sonoridade e repeticións. O resultado? Un xogo de palabras con efecto rítmico e de desfrute.

Preme na foto para acceder á galería fotográfica da sesión...

Preme na imaxe para acceder á galería fotográfica da sesión…

Xogar coas palabras implica potenciar a imaxinación, a creatividade, a comprensión lectora, a linguaxe e o hábito de lectura. Unha ferramenta “lúdica” para que vós, como adultos e exemplo socializador primario, a poidades empregar co obxectivo de suscitar nos pequenos e pequenas o pracer pola lectura, á vez que compartides espazo-tempo a modo de divertimento.

E iso foi o que tentamos conseguir durante a derradeira sesión: proporcionarvos diversidade de contos, estratexias para xogar coas palabras, recursos para traballar a lectura no fogar dun xeito diferente, divertido e partícipe; potenciando as historias acumulativas, con ritmo e expresividade seguindo as situacións emocionais dos personaxes.

Diversidade de contidos na Bebeteca Ágora

Diversidade de contidos na Bebeteca Ágora

Cómpre destacar a ampla variedade bibliográfica que temos dispoñible nas Bibliotecas Municipais. Postas a #recomendarbmc gustaríanos achegar unha colección que encanta… perfecta para compartir, dende unha fusión sonora-intercultural, cos vosos bebés.

E para rematar, o equipo da Biblioteca Ágora quere adicarlle este post a Alma. Vai por ti súper compi! Por todo o aportado día a día, polo teu permanente sorriso e profesionalidade 😉 #SumandoNoÁgora

Esperámosvos no seguinte BbEncontro!

All You Need Is Love…

… ou a necesidade de transmitir afecto e cariño

Falar de All You Need Is Love é retroceder no tempo, viaxar ata os anos 60 e festexar un canto á liberdade, á paz e ao amor0-12MESES 151 da man dos coñecidos Beatles. Mais para nós, falar de All You Need Is Love supón compoñer unha nota a maiores. É a necesidade de educar no afecto, de ensinar a querer, de facer aos pequenos e pequenas conscientes das súas sensacións afectivas, do cariño, do amor… partindo sempre do apoio, da comprensión, da motivación e do reforzo positivo. En definitiva, dotar das ferramentas necesarias que conformen e favorezan a autoestima e as habilidades sociais dos nenos e nenas.

Sinxelas accións como xogar, cantar ou ler xuntos/as serven para que vós, como adultos, poidades brindarlles aos bebés múltiples mostras de afecto.

Nós, como Bebeteca e como espazo adicado ao fomento da lectura dende idades temperás, temos a necesidade de reforzar a importancia do conto como vehículo diario de comunicación. Un medio que, á marxe de compartir historias, permite desfrutar de momentos únicos que contribúen ao reforzo das relacións afectivas entre grandes e pequenos/as.

111

Con todo esto en mente, propuxémonos  centrar o contido do pasado Bbencontro na expresión da afectividade mediante os contos.

IMAG2775A través dunha escolma específica gozamos de 30 minutos cheos de emocións, sensacións e afectos que tiveron como fío condutor dúas historias tenras e animadas que expresan e manifestan sentimentos: Con locura e Si eres feliz y lo sabes, á vez que proporcionamos varios recursos bibliográficos cos que seguir fomentando o hábito lector no fogar.

Agardámosvos no seguinte Bbencontro con novas e apaixonantes lecturas… and remember that L.O.V.E is all we need 😉

Ratos de cores

O pasado sábado tivemos unha sesión de Bbencontro moi especial na Biblioteca do Ágora, chea de rimas, cores, números e… ratos!

cuentos

Comezamos practicando a sonoridade co conto acumulativo “El cumpleaños del ratón”, de Antonio Santos, onde ademais coñecimos a unha chea de animais diferentes.

E como a sesión ía de ratos… continuamos co conto “Cores”, de Antonio Rubio e Leo Lionni, achegando ós máis pequerrechos ao ritmo e a rima con versos sinxelos e ratiños de moitos cores: azul, verde, amarelo, vermello…

“Ratos de todas as cores, que bailando semellan flores”

bebeteca_02

Neste post gustaríanos afondar un pouco na figura do gran Leo Lionni, considerado un dos pioneros do libro-álbum.

Leo Lionni (Amsterdam, 1910-Toscana, 1999) publicou o seu primeiro libro infantil en 1959, ao que seguiron máis de corenta títulos aclamados pola crítica especializada. Moitos deles podédelos atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña: “Nadarín”, “Frederick”, “O soño de Matías”, “A casa máis grande do mundo”, “Números”… e moitos máis.

O seu primeiro conto, “Pequeño azul y pequeño amarillo”, xurdiu por casualidade, para entreter aos seus netos nunha viaxe en tren, utilizando anacos de papel de cor a modo de personaxes. O estilo de Lionni é inconfundible: técnicas sinxelas, abstracción e collage, que revolucionaron a ilustración dos libros infantís.

“En todos sus libros, compone pequeñas e importantes fábulas que aleccionan sobre la vida, pero no para moralizar, sino para permitir al niño reencontrarse con su propio mundo y ofrecerle una alternativa segura” (Ana Garralón. Clásicos infantiles: Leo Lionni)

Se vos apetece coñecer un pouco máis sobre este autor podedes ler este artigo, que Ana Garralón escribiu para a revista Babar.

E non vos esquezades de visitar a nosa galería de Flickr coas fotos da nosa sesión, para que vexades o ben que o pasamos! Esperámosvos no próximo Bbencontro!

Crocodilos ximnastas.

Jo Lodge é unha autora e ilustradora de sobra coñecida nas bebetecas de Coruña. Quizais polo nome non a lembrades, mais é a  creadora dun crocodrilo que nos ten visitado en numerosas ocasións… O Señor Coc é unha das personaxes pioneras das sesións de Bebeteca das Bibliotecas Municipais. De primeiras coñecimos a súa casa, máis tarde a súa granxa, e así o fomos acompañando en diversas partes da súa vida e a súa rutina diaria.

Aproveitando os numerosos títulos protagonizados por este colorido MOSAICO FLICKR02cocodrilo, o pasado sábado tivemos unha sesión ben movida grazas a ¡Muévase, señor Coc! (Edelvives, 2011) un libro que sirve de excusa perfecta para crear unha sesión na que a psicomotricidade funcione como canle conductora. Coa axuda de peques e familias imitamos sons e movementos nun exercicio de percepción e imitación que axuda ao autocoñecemento e aprendizaxe por mimese. Animais, movementos e xestos axudan a desenvolver a percepción do espazo e a autopercepción propio corpo como espello dependendo da idade.

E por seguir con crocodrilos, desfrutamos de Cocodrilo, da coleción De la cuna a la luna (Antonio Rubio e Óscar Villán), xa que supón unha excelente achega ás sonoridades tradicionais para xs pequenxs por medio dun conto acumulativo no que a rima e a repetición crean a musicalidade ideal para convertirse nun recurso fixo á hora de aprender por medio da lectura. Dende as cores aos alimentos, este conto pódese aplicar en diversos eidos para favorecer o desenvolvemento cognitivo dxs máis pequenxs. Queredes ver como axuda no desenvolvemento da linguaxe? Pois premede aquí.

POSTALNADALBBTECA copyE como non vamos ver a estxs pequenxs ata o próximo ano, dedicamos un ratiño a preparar unha postal para darlle un saúdo ao novo ano que ben, e esperar de novo as vosas visitas e os vosos sorrisos con todxs nós.

POSTALNADALBBTECA 02 copyE xa que estamos de época de nadal, Jo Lodge tamén sabe destas cousas…

Ata o 2016, xente!

 

 

 

%d bloggers like this: