Category Archives: Actividades

Disciplina positiva: educar con paciencia

El próximo miércoles 13 en el Centro Cultural de A Fábrica tendrá lugar una charla gratuita sobre Disciplina Positiva, a cargo de María Soto Álvarez de Sotomayor, logopeda certificada por la “Positive Discipline Association”:

La Disciplina Positiva es una metodología basada en la teoría de Alfred Adler y Rudolf Dreikurs. El Dr. Adler en 1920 introdujo la idea de educar a los padres para la crianza de los hijos y abogó por un mejor trato a los niños basado en el respeto mutuo. En sus investigaciones descubrió que los niños que no tenían límites o eran sobreprotegidos tenían problemas  de comportamiento. Dreikurs y Adler se refirieron a este enfoque como crianza “democrática”. (+info)

En nuestras bibliotecas contamos con algunos libros que abordan esta corriente educativa basada en el respeto mutuo y la colaboración:

Disciplina positiva para preescolares : educar niños responsables, respetuosos y capaces / Jane Nelsen, Cheryl Erwin, Roslyn Ann Duffy.– Barcelona : Medici, cop. 2014.

 

Resultado de imagen de Disciplina positiva para preescolares : educar niños responsables, respetuosos y capaces / Jane Nelsen

Cómo educar con firmeza y cariño : disciplina positiva / Jane Nelsen.– Barcelona : Medici, D.L. 2007.

Resultado de imagen de Disciplina positiva para preescolares : educar niños responsables, respetuosos y capaces / Jane Nelsen

 

Disciplina positiva de la A a la Z : 1001 soluciones para los problemas cotidianos en la educación de los hijos / Jane Nelsen, Lynn Lott, Stephen Glenn.– 3ª ed. completamente rev. y act.– Barcelona : Medici, D.L. 2008.

Resultado de imagen de Disciplina positiva de la A a la Z : 1001 soluciones para los problemas cotidianos en la educación de los hijos / Jane Nelsen

 

Educar niños felices y obedientes con disciplina positiva : estrategias para una paternidad responsable / Virginia K. Stowe, en colaboración con Andrea Thompson ; [traducción de Joan Carles Guix].– Barcelona : Oniro, [2001]

Resultado de imagen de Educar niños felices y obedientes con disciplina positiva : estrategias para una paternidad responsable / Virginia K. Stowe,

Y si queréis ir abriendo boca, compartimos los cinco criterios a tener en cuenta para una disciplina positiva según la autora Jane Nelsen en su libro “Cómo educar con firmeza y cariño” son:

  1. Es amable y firme al mismo tiempo (respetuosa y motivadora)
  2. Ayuda a los niños a sentirse importantes (Conexión)
  3. Es eficaz a largo plazo
  4. Enseña valiosas habilidades para la vida (Respeto, habilidad para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidad…)
  5. Ayuda a que los niños desarrollen sus capacidades y sean conscientes de ellas
Advertisements

CantoConto!: Glub, glub, glub

pitocantor

 

Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos “Glub, glub, glub” xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas.

pablo1

Tic tac.

Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando  “Imos contar un conto”. A continuación falamos  dos animais mariños  e  decatámonos que ao vivir nunha cidade con mar e Acuario podemos ver de cerca moitos destes animais que tanto nos gustan. Resultou que os asitentes a CantoConto! son uns especialistas en peixes, coñecen  moitos, de moitas clases diferentes e ata algún que outro famoso!

Descubrimos unhas fermosas poesías  no libro “Ripios y adivinanzas del mar”, de Fernando del Paso, ilustrado por Jonathan Farr.

 

ripios-y-adivinanzas-del-mar-calamarAunque no escribe ni pinta,

me asegura un calamar

tener suficiente tinta

para pintar todo el mar.

 

 

 

Tamén gozamos con outro dos nosos contos favoritos “Nadarín“, de Leo Lionni, gran artista, recoñecido internacionalmente e con máis de 40 obras aclamadas pola crítica especializada, moitas delas están dispoñibles nas Biblioteca Municipais.

descarga.

E como sempre rematamos  a sesión cantando, nesta ocasión non podíamos esquecernos da nosa peixeira favorita, “Manola”, canción  incluída no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de  María Fumaça, editado por Galaxia.  Podes escoitala canto queiras na nosa lista de reproducción de YouTube9788498655216

recomendamos-cantoconto

  • El pez Arcoiris /  Marcus Pfíster. Beascoa, 2005
  • Don caballito de mar / Eric Carle. Kókinos, 2005
  • Animales marinos. Bruño, 2006.
  • Océanos e mares / Nicola Davies. Baía, 2007
  • Los animales marinos al dedillo /  Nathalie Choux. Combel, 2011
  • Acuario / María Canosa; Dani Padrón.  Embora, 2012
  • A mares / María Jesús Jabato; Rocío Martínez. Factoría K de Libros, 2014

Podes visitar a nosa galería de Flickr para ver as fotos desta sesión. Ata pronto!

 

 

Charla-obradoiro sobre porteo

Dentro do ciclo de charlas de Biblioteca Verde “Simplemente Vive” , o día 29 de marzo ás 19.00h., na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, adicámosllo ao porteo.

Cartel de SIMPLEmentePortea

Sendo conscientes do contacto “pel con pel”, do apego, dos agarimos, aloumiños que lles damos aos nosos bebés, e do que conleva  telos en brazos moito tempo, coidamos que unha boa opción é saber portealos.

Arkhè Espacio Educativo impartirá esta charla-obradoiro e poderemos coñecer os beneficios dun bo porteo así como as distintas formas para levar ós nosos pequechos sen facernos dano e ter a seguridade de que a súa saúde fisiolóxica non se verá afectada.

Aquí vos deixamos a ruta para inscribirvos.

Para facer boca, deixámosvos uns titoriais:

 

Tamén vos convidamos a que lle botedes unha ollada á bibliografía escollida para a charla, que as Bibliotecas municipais imos deixando no noso tablón de Pinterest e á seguinte selección de recursos web, que de seguro son moi interesantes e conteñen boa información ao respecto:

#recomendamosbmc

Agardámosvos na biblioteca coas vosas dúbidas e as vosas ganas de aprender.

 

Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”


Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e singulares como o que máis. Que viva a diversidade!

Comezamos a tarde coa canción de Pablo DíazImos contar un conto“, un clásico de CantoConto! que peques e maiores cantan e bailan con alegría. Unha das cousas que máis nos unen é o gusto pola boa múscia, e Pablo é un artista que nunca decepciona.

O primeiro conto da tarde foi esta marabilla: “Ricitos de oso“, de Stèphane Servant e Laetitia Le Saux. Unha historia divertida sobre unha familia de osos que están a preparase para o Antroido. Cando o pequeno oso cóntalles que se quere disfrazar de Ricitos de Oso, cunha saia e coletas louras, papá Oso tentará por tódolos medios facerlle cambiar de idea. Pero a interrupción dun personaxe inesperado dará un xiro sorprendente á historia…

A continuación chegou un novo amigo, o “Monstruo rosa”. Contounos que, desde que naceu, sempre sentiu diferente do resto dos seus amigos: mais grande, máis torpe, menos serio e máis espontáneo. Como non conseguía ser feliz, emprendeu unha longa viaxe onde, tras varios días dunha longa travesía, conseguiu chegar a un lugar… case mellor deixemos que descubrades o final do conto por vós mesmos, seguro que vos gustará.

A canción escollida para rematar a tarde foi “Pero ti que pensas!“, da Banda Migallas (do seu disco “Zaragallada“). A historia comeza cun valse de voda e remata cunha rumba moi rebelde. Unha homenaxe a todas as mulleres que pelexan cada día por mellorar as súas condicións de vida.



Deixámos aquí unhas recomendacións de lecturas relacionadas coa temática da sesión:

Azul y Bertie / Kristyna Litten.– Barcelona : Blume, 2016.
Quen é ese becho? / [texto e ilustracións], Carmen Queralt ; [traducción, Manuela Rodríguez].– Pontevedra : Kalandraka, 2014.
¡Ves al revés! / Jeanne Willis ; ilustraciones de Tony Ross.– México : Fondo de Cultura Económica, 2008.
Tuk es Tuk / Claudia Legnazzi.– Buenos Aires : Del Eclipse, 2004.
Kiwi : un pájaro más bien raro / Susanna Isern; Rebeca Luciani.– La Seu d´Urgell (Lleida) : La Fragatina, 2012.
Monosapiens / [autor] Davide Calí, [ilustrador] Gianluca Folí.– [Granada] : Barbara Fiore, D.L. 2013.
Fede diferente / Miriam Koch.– Barcelona : Corimbo, 2013.
Un bicho raro / ilustraciones Emilio Urberuaga ; texto Paz Rodero, José Moraán.– Zaragoza : Edelvives, cop. 2003.
Elmer / David McKee.– Barcelona : Beascoa, D.L. 2006.
Lolo un conejo diferente / Guido Van Genechten.– Madrid : S.M., D.L. 2013.
¡Zas pum! / Heinz Janisch; Helga Bansch.– Salamanca : Lóguez, D.L. 2003.
Pájaro Amarillo / Olga de Dios [autora e ilustradora].– Zaragoza : Apila, 2015.
¡Soy una niña! / Yasmeen Ismail.– Barcelona : Corimbo, 2016.
Ernesto / texto, Lola Casas y Gusti; ilustraciones, Gusti.– Barcelona : Serres, cop. 2007

E, coma sempre, compartimos as fotos de CantoConto! en Flickr, para que as poidades gozar na casa e, así, non esquezades voltar para a próxima sesión.

CantoConto!: Ti podes!

Ata pronto!

CantoConto!:Xogamos

 

logo CantoConto!

En CantoConto! estamos moi emocionados polas datas nas que nos atopamos;968-16-7182-1_g durante estes días preparamos a chegada do Nadal, e con el as vacacións e o tempo  para estar en familia. Alégranos poder aproveitar este tempo de lecer para descansar, ler, escoitar música, xogar… Falamos dos nosos xogos e xoguetes favoritos,  escoitamos atentamente o conto “Olivia y el juguete desaparecido“, de Ian Falconer, historia coa que nos identificamos e recomendamos tamén polas bonitas ilustracións.  Olivia é unha pequena porquiña cunha grande personalidade e imaxinación; poderás coñecela a través de outras historias do autor como “Olivia”, “Olivia y su banda”, “Olivia salva el circo”, “Olivia en Venecia”, etc. que podes atopar  nas bibliotecas municipais.

non-e-unha-caixa-g_01Nesta sesión tamén deixamos voar a imaxinación co conto “Non é unha caixa“, de Antoinette Portis, e fomos capaces de viaxar en globo, correr cun coche de carreiras, ser capitáns dun temible barco pirata,  alcanzar o cume dunha montaña, transformarnos en robots  e ata viaxar ao espazo exterior. Que mellor agasallo que unha caixa chea de momentos de xogo compartido?

 

Tamén compartimos un conto da escritora Estrella Ortiz, “El libro de la espera”, que atopamos na rede e pensamos en crear o noso propio libro da espera. O resultado final gustounos moito.
descarga

Rematamos a sesión xogando ás adiviñas con Golfiños, e a sua canción “Adiviñas”, do libro-cd  “Té, chocolate, cafe”. Usamos algunhas pistas, pero finalmente adiviñámolas todas.

E como sempre deixámosvos mais recomendacións desta sesión e lembrámosvos que podedes consultar o noso catálogo en liña.recomendamos-cantoconto

  • Día de lluvia / Ana María Machado ; ilustraciones de Francesc Rovira. – Madrid : Alfaguara, 2004.
  • Atrapados / Oliver Jeffers; [traducción de Mariana Mendía].– México : Fondo de Cultura Económica, 2012
  • ¿A qué jugamos Lilú? / Romeo P.- Zaragoza : Edelvives, cop. 2005
  • Jugando / Helen Oxenbury.- Barcelona : Juventud, 1990.
  • Juego de dedos / Hervé Tullet  : Kókinos, cop. 2007.
  • Juego de construcción / Hervé Tullet : Kókinos, 2008.
  • Juegos creativos para tu hijo : proyectos de juguetes educativos para niños de 2 a 4 años
  • Mis primeros juegos : juegos para niños entre 0 y 6 años / Ana Serna Vara.– 3ª ed.– Madrid : SM, 2002

Deixámosvos unha selección de fotos das sesións de todas as bibliotecas. Esperamos que vos gusten e non esquezades reservar a vosa plaza para a próxima sesión. Esperámosvos!

This slideshow requires JavaScript.

CantoConto!: “Trasnadas”

final sen marcoEstos días en CantoConto! portámonos un pouquiño mal: fomos algo remexedoras e falcatrueiras, gastando bromas e sen facer caso á compañeira. Vamos, que estabamos de “non”. Igualiño que o protagonista do primeiro conto da tarde: “¡Más te vale, mastodonte!“, de Micaela Chirif e ilustrado por Issa Watanabe. Unha historia moi divertida sobre unha mascota moi peculiar e pouco obediente.

mastodonte

ruedaA continuación lemos unha historia moi invernal: “No“, da colombiana Claudia Rueda. É unha das nosas autoras favoritas, e nas nosas bibliotecas podedes atopar moitos títulos seus: “Mientras se enfría el pastel”, “La vida salvaje”, “Dos ratones, una rata y un queso”, “Formas” e moitos máis. O de hoxe, especialmente vistoso e fermoso, contámolo utilizando o kamishibai ou teatro de papel, unha arte xaponesa do século XII. Maiores e peques quedaron atrapados nesta historia dun osiño que non quería facer caso aos consellos da súa nai.

julietaO último conto da tarde foi “Julieta estate quieta“, de Rosemary Wells. autora de marabillosos clásicos como “El saco de desaparecer”, “Lucas y Virginia”, “Carlos el tímido” e as sagas de Max ou Timoteo. E este conto en particular encántanos! Julieta é divertida, traste, simpática a rabiar e tremenda. O texto rimado é ocorrente e sinxelo de seguir. Como irmá do medio é a que menos atención recibe por parte dos seus pais, e decide pasar á acción para remedialo. Menuda arma! Cunha pequena obra teatral demos a coñecer a nosa Julieta.

E rematamos a tarde cantando, como non. A melodía escollida para hoxe foi “El monstruo soy yo“, do disco “No nos da pereza la naturaleza”, do grupo asturiano Petit Pop.

Recomendamos CantoConto!

As recomendacións desta sesión de CantoConto foron:

  • La vocecita / Michaël Escoffier; [ilustraciones de Kris Di Giacomo] Kókinos.
  • ¡Oh no, Lucas! / Chris Haughton; Milrazones : Pepa Montano, 2014.
  • ¡Ay, no! / Rotraut Susanne Berner. Madrid : Anaya, 2007.
  • Eduardo : o neno máis terrible do mundo / John Burningham. Kalandraka: Faktoría K de libros, 2006.
  • ¡Ha sido el Pequeño monstruo! / Helen Cooper. Juventud, 1999.
  • A galiña roxa / adaptación de Pilar Martínez a partir do conto popular; ilustracións de Marco Somá. Kalandraka, 2012.
  • Un cuíño independente / José Luis Cortés, Avi. S.M., D.L. 1993.
  • ¡Te lo he dicho 100 veces! / Gabriela Keselman, Claudia Ranucci. Destino, 2006.
  • La casa de los ratones / Karina Schaapman. Blackie Little Books, 2016.

Deixámosvos unha selección de fotos das sesións de todas as bibliotecas. Esperamos que vos gusten e non esquezades reservar a vosa plaza para a próxima sesión. Esperámosvos!

This slideshow requires JavaScript.

Concerto “Fíos do querer” para público de 1 a 5 anos

Dende a Biblioteca de Monte Alto, queremos convidar ás familias a un espectáculo único e orixinal que terá lugar o vindeiro martes 22 de novembro ás 18.00 h. Cé orquestra pantasma presentará o seu traballo “Fíos do querer” . Se tedes nenos e nenas de entre 1 e 5 anos, non podedes deixar pasar esta ocasión.

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular.

“Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo”. Estas verbas serven para presentar o traballo en formato libro-cd de Cé orquestra pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para os máis pequenos da casa. Cada canción está acompañada por unha fermosa ilustración por conta de Cristina Ouro.

palminasbarqueiro

Lembrade que para poder asistir, é necesario reservar praza. Requírese unha inscrición previa a través da nosa páxina web , no mostrador da biblioteca ou chamando por teléfono ao 981184382. O prazo de inscrición remata o martes día 22 de novembro ás 17.00 h e todavía quedan prazas dispoñibles, así que animádevos a traer aos vosos fillos e fillas.

Para coñecer  un pouquiño máis o traballo deste artista podedes visitar a súa páxina Cé orquestra pantasma no Facebook e facervos unha idea do marabilloso concerto que terá lugar na biblioteca. Pero para adiantarvos un añaquiño do mesmo, aquí deixámosvos este fermoso video promocional do libro-cd “Os fíos do querer“. Non volo podedes perder!

Masaxe para bebés na sesión final dos Bebencontros do Forum

Rematamos os Bebencontros na Biblioteca Forum desta tempada, non nos queremos despedir sen antes agradecer a todas as familias, ás que puideron e ás que non puideron asistir, agradecer a vosa confianza e participación.

Nesta última sesión abordamos o tema da masaxe infantil. Contamos coa experiencia de Carla Console para realizar esta derradeira sesión da tempada.

f0344832

 A masaxe infantil é un instrumento de relación e de comunicación entre o neno e as súas persoas de apego, como unha ferramenta que promove a nutrición afectiva a través do tacto.

O desenvolvemento infantil durante os primeiros anos de vida caracterízase pola adquisición progresiva de control postural, autonomía no desprazamento,  comunicación, a linguaxe verbal e a interacción social. Por tanto, a etapa 0-3 supón un período crítico no desenvolvemento humano debido ao nivel de plasticidade cerebral do sistema nervioso central. O sistema nervioso do neno desenvólvese grazas a dúas fontes principais: a dotación xenética e o procesamiento dos estímulos externos.

Os cinco sentidos son a porta de entrada destes estímulos, mentres que o cerebro é o procesador. Sendo a pel é o noso órgano máis grande, por tanto o sentido do tacto ten moita importancia desde as primeiras etapas.

  • Durante a xestación: O tacto é o primeiro sentido en desenvolverse dentro de útero (entre 6ª e 9ª semana).
  • No nacemento: O tacto continúa sendo o sentido máis potente de todos.
  • Cando o neno crece comeza a tocalo todo. Trátase dun modo primario de aprendizaxe: pode ver os obxectos que o rodean, pero non está satisfeito ata que tamén pode manipulalos.

This slideshow requires JavaScript.

A necesidade do tacto é tamén un dos elementos fundamentais no  establecemento do vínculo afectivo (apego). De feito durante a masaxe activamos: contacto ocular, cheiro, contacto pel con pel e voz.

A medida que os nenos van crecendo, o contacto ocular e a voz do adulto non son suficientes para manter a atención durante o momento da masaxe, en particular durante a fase de explosión motriz. Así mesmo, durante este momento evolutivo é fundamental achegar unha dose importante de creatividade á masaxe infantil: cancións, xogos e contos sobre a pel.

Os contos con tacto achégannos ao mundo da masaxe infantil dunha maneira lúdica, fomentando a fantasía e a imaxinación necesarias cando os nenos crecen. Nesta ocasión mixturaremos verbas e tacto, poesías e masaxes.

Agardamos que participedes nos vindeiros Bebencontros da tempada que vén e que veñades a escoller lecturas para o verán. Querémosvos deixar unhas recomendacións para que vaiades abrindo boca…

#Recomendamos Beba

 

 

 

  • Masaje para bebés: una guía paso a paso para lograr su bienestar / Mercé Simón, Marián Sánchez, Queca Elizalde.– 2ª ed.– Barcelona: Parenting, 2005.
  • Shiatsu para bebés: contactos felices para los más pequeños / Karin Kalbantner-Wernicke; Tina Haase.– Barcelona: Urano, 2013.
  •  ¿Qué te pico la hormiga de los pies a la barriga? / texto, Isaías Isabel; ilustraciones, Pablo Prestifilippo.– México: CIDCLI, 2003.
  • Diez amigos / Inés Rosales, Elena Odriozola.– Zaragoza: Imaginarium, D.L. 2002.
  •  Los disfraces de Tento / Ricardo Alcántara, Gusti.– Zaragoza: Edelvives, cop. 2010.

 

“Festa Final” en CantoConto!

Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan buliciosa e ímolo botar de menos.

Pablo cantounos canción dos seus discos, todos grandes éxitos entre os pequerrechos, e que podedes levar prestados das bibliotecas.

Pero, entre tanto e ata que chegue o outono, seguiremos visitando as bibliotecas, que non pechamos durante o verán, claro que non! E lendo e levando para casa contos coma os que nos contou Pablo: “Un becho estraño“, “Un, dous, tres, qué ves?“, “O gato lambón“, “Os de arriba e os de abaixo“, “Paco“, “Paxariña“…

Deixámosvos unhas fotos das sesións, para que vexades qué ben o pasamos. Esperamos vervos a volta do verán. Grazas, familias!

This slideshow requires JavaScript.

Bebencontros de maio na Bebeteca Forum

Nestas dúas últimas sesións os contos e as cancións foron os protagonistas da Bebeteca Forum:

“La ratita presumida”, ilustrada por Chantal Vizcaíno, onde relatamos este clásico da literatura xogando con máscaras.

“Un caracol?” e “ Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, que nos permite crear as nosas historias, adaptar cancións e  incorporar recursos sonoros. Despregando as solapas e descubrindo novos animais mantemos a atención dos bebés.

“La granja del señor Coc” señor Coc preséntanos aos animais da súa granxa: ao pitiño Lito, a vaca Lola, a gata Timotea,ao burro Tontón e a unha familia de patos e ras que viven nun estanque. Xogando coas súas voces e os seus sons.

 

Xa vos falamos no post anterior da sesión final e conxunta que temos argallada con Carla Console de Boga Psicólogos para o vindeiro 28 de maio na Bebeteca do Forum. Os obxectivos principais do encontro son o de dar a coñecer recursos (cancións, contos, materiais) e ferramentas baseadas na técnica da Masaxe Infantil (segundo o Programa da Asociación Española de Masaxe Infantil) para fomentar a comunicación e a nutrición afectiva  entre pais e fillos.

Pero tamén pretendemos axudar e reforzar os vínculos positivos afectivos; fomentar dun xeito lúdico a imaxinación e fantasía dos bebés; establecer o hábito de comunicación entre pais e fillos; crear un momento de adicación exclusivas (Mamá-Time / Papá-Time); proporcionar confianza e seguridade aos pais; reforzar o sistema inmunitario; e axudar a madurar o sistema nervioso.

Porque os contos e o tacto tamén están relacionados. Pero coa calidade dos libros tamén están relacionadas outras cousas, por iso, querémosvos aconsellar un pouco sobre que debemos mirar á hora de escoller contos para os vosos fillos:

  • As ilustracións deben ser chamativas, brillantes e contrastadas, para que as poidan ver ben e capten a súa atención.
  • Os formatos óptimos son os que poidan manipular (mellor de dimensións reducidas) e os que sexan resistentes: de tea, de plástico brando (para a bañeira) ou de cartón duro cos cantos redondeados.
  • Moi importante sempre para nós é a musicalidade dos contos, que conviden ao recitado e ao xogo corporal. Escolléde contos para poder cantalos ou que poidades pronunciar moitas onomatopeias, retahílas, rimas ou repeticións sinxelas.
  • O texto debe ser breve, claro e moi sinxelo. A tipografía se é bastante grande e en maiúsculas, mellor, pois serán as primeiras letras que aprenderán os bebés.
  • A temática do mundo que os rodea é das mellores, pois presentan obxectos coñecidos e accións cotiás (irse a durmir, o baño, xantar, etc.) que recoñecen facilmente.
  • Os bebés gostan dos contos con fotografías reais (de nenos ou animais), tamén con sons ou texturas.
  • Os libros pop-up non soen fallar. Os seus formatos sorprendentes e interactivos non deixan impasibles aos pequenos.

Todos estes consellos e máis en: http://www.clubpequeslectores.com/

Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións do 30 de abril e do 14 de maio na Biblioteca Forum Metropolitano premendo na galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Non nos queremos despedir sen antes agradecer ás familias participantes o seu entusiasmo e confianza e sen vos recomendar algunas lecturas interesantes. Xa sabedes que todos estes libros e máis podédelos consultar no catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.

#Recomendamos Beba

 

 

 

Para que vaiades entrando na materia do tacto, deixámosvos a recomendación da colección “Toca, toca” de Combel, onde poderedes descubrir infinidade de texturas e xogos interactivos.

%d bloggers like this: