Category Archives: 13 a 36 meses

Grazas por vir e… por favor, volvede!!

Hai unha lección fundamental que desde pequenxs nos prepara para saber dar as grazas, pedir as cousas por favor e pedir perdón cando se fai algo mal. Aprendemos que esas “palabras máxicas” son a base de todo, porque fan do mundo un sitio máis amable e acolledor. Non como simples fórmulas de cortesía, senón como base do respecto e a educación en calquera relación social. Por desgraza, aos adultos tamén se nos esquece de cando en vez utilizalas.

É por isto que nas Escolas que contan, a fase que pecha o ciclo do programa de Bebescolas, un oso panda algo malhumorado (pero bo tipo) foi o encargado de rescatar esta ensinanza. Non era outro que o prota de Por favor, señor Panda, a divertida e educativa historia de Steve Antony incluida dentro da colección Somos8 da Editorial NubeOcho.

34532467742_0dc0cc39d3_k-horz

O señor Panda, tras ofrecer as súas rosquillas, négallas ao seus interlocutores ante a incredulidade destes, e sen que nun primeiro momento cheguemos a entender o porqué. E así, tras toparse con distintos animais nunha secuencia reiterativa (e, polo tanto, fácil de seguir para xs pequenxs) o señor Panda crúzase no seu camiño cun cortés lemur, que ante o ofrecemento de rosquillas por parte do Panda responde cun “A min gustaríame comer unha rosquilla! Por favor, señor Panda”. É precisamente ese “por favor” o que levaba todo o tempo buscando o Señor Panda! Tanto que non lle dá unha rosquilla ao lemur, senón todas. Total, a el nin sequera lle gustan!

Para acompañar esta historia eliximos Mi cara, de Margarita del Mazo e Cecilia Moreno. Un divertido xogo que compara as partes da casa coas da cara, ideal para prelectores e/ou primeiros lectores polo seu texto rimado con moita dozura e as coloristas ilustracións.

Contos diferentes pero coa mesma vontade: achegar as mellores historias ao público miúdo e amosarlles a liberdade imaxinaria que se atopa detrás de cada liña, de cada personaxe, de cada portada. Agradecemos ás escolas participantes (EI Ventorrillo, EI Carmen Cervigón-Padre Rubinos, EI Agra do Orzán, EI Xénesis, EI Parrulos Ventorrillo, EI Nazaret e EI PSN Bicos) a implicación e o cariño que recibimos nas súas visitas á Biblioteca Ágora. Un ano máis se confirma que o noso traballo como biblioteca pública só ten sentido cando se fai da man da comunidade.

E patatín, e patatán… este curso chegou ó seu final! Ata o ano que ven!

Advertisements

CantoConto!: “Non hai maneira”

Na 11ª sesión de CantoConto!: “Non hai maneira”, adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto!

Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro… como di o noso amigo Pablo Díaz.

Acompañounos nesta sesión o noso querido Ole, mascota singular das Biblios e fermoso paxariño azul. Pero resulta que Ole non se sentía ben con el mesmo e tivémolo que convencer a través do conto “Por cuatro esquinitas de nada“, que tan ben narra Jérôme Ruillier

Este libro versa sobre a exclusión e a amizade. É unha historia deliciosa que nos lembra que, a pesar das nosas diferenzas cos demais, todos temos un sitio no mundo, e que moitas veces, aínda que nos empeñemos en ser como os demais, sempre hai algo que nos fai distintos. E iso non debería ser un problema nunca.

 

Aprendimos a desprendernos dos prexuízos e a valorar a amizade da man de Felipe, un pequeno cactus, o máis novo dunha longa estirpe de cactus importantes que lle dan importancia á aparencia e ao status. Pero Felipe non consegue empatizar con iso, porque o pobre Felipe só quere que alguén lle dea unha aperta. Pero, ai!, quen vai apertar a un cactus?

Este delicioso e emotivo albume, “Abrázame“, está escrito e ilustrado por Simona Ciraolo.

Presentamos a colección, “El mundo en fotos”, da editorial La Galera. A través dela descubrimos todas as culturas do planeta. Descubrimos que non todos somos iguais e que nesas diferencias radica a grandiosidade do ser humano.

A sesión finaliza coa presentación do libro-CD “A bruxa discordia: cancións para a paz” de Mamá Cabra, ilustrado por Iria Fafián. Bailamos e cantamos ao son da peza “A Danza da Paz”. Esta e outras melodías desfrutadas nas anteriores sesións, podédelas escoitar na lista de distribución de CantoConto! que temos no Youtube.

 

 

 

–   ¡Qué pena! / Rémi Courgeon.– Girona: Tramuntana, 2016.

–   Gigante poco a poco / Pablo Albo, Aitana Carrasco.– [S.l.] : Hermes: Almadraba, D.L. 2009.

–   El búho que quería ser gallo / Mick Manning, Brita Granström.– Madrid: Artime, 2007.

–   ¿Cuál es mi color? / Antoine Guillopé; Géraldine Alibeu; traducción de Ana Rey Kochinke.– Madrid: Anaya, D.L. 2006.

–   La mariquita y su puntito / África Coll.– Valencia: Brosquil, D.L. 2006.

–   Pequeno Azul e Pequeno Amarelo / Leo Lionni; traducción de Chema Heras e Pilar Martínez.– Pontevedra: Kalandraka, 2005.

–   ¡Hombre de color! / inspirado nun conto africano e ilustrado por Jérôme Ruillier.– Barcelon: Juventud, D.L. 2003.

–   Óscar y la gata de medianoche / Jenny Wagner; Ron Brooks.– Salamanca: Lóguez, D.L. 1999.

 

Estas recomendacións podédelas atopar consultando o noso catálogo en liña ou visitando as Bibliotecas Municipais de A Coruña.

Agardamos tivérades desfrutado con nós! Deixámosvos unha mostra do acontecido na galería Flickr das Bibliotecas Municipais. Vémonos na vindeira sesión!

Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.

“Se estarricamos moito os brazos, moi  lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?…”

O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde : Avoa Youja Teatro. As familias participantes con nenos ata os 3 anos disfrutarán mediante a música ó vivo e a manipulación de obxectos dun espectáculo cheo de estrelas e astros: “O alumiño dunha estrela”.

“…No espazo agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos  experimenten a marabilla da beleza e ofrecerlles así a posibilidade de voar tan alto como a súa capacidade de imaxinar novos mundos. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posible”.

O alumiño dunha estrela

Estades invitados

Recordámosvos como podedes facer para inscribirvos:

Sete días antes da celebración do Bbencontro a partir das 10h 

en  www.coruna.es/bibliotecas

Prazas limitadas

Un Nadal D.I.Y.

Poucas son as loas que escoitamos do Inverno habitualmente, mais non dosCartaz (1) días máis escuros desta estación…O Nadal. Pois precisamente porque o Inverno non só son frío, choiva e vento que corta, nós facemos  fincapé nese momento de días cortos nos que poder perderse na escuridade das noites frías ao lado do mar ou pasear co bafo xélido das mañás ao sol do inverno no medio dun bosque tras dunha xeada.

Soa ben, non si? Pois precisamente son esas paisaxes as que queremos facervos desfrutar coa proposta Un Nadal D.I.Y. Todas esas ramas do monte, as follas das árbores caídas ou as cochas que atopades nos paseos pola beira do mar. Todo eso é un material excelente para transformalos en miles de cousas diferentes. E se ademáis empregades todo ese material que vai ir para a basura moitas veces tras dos excesos navideños, pois nada mellor!

Un Nadal D.I.Y. é unha mostra que se atopa na Biblioteca de Ágora e que pretende achegar o reciclaxe como forma de ver o nadal dun xeito creativo, positivo e colaborativo a nenxs entre 3 e 8 anos. Cos lotes que vos temos preparadxs que atoparedes na mostra poderedes desfrutar de contos e libros que fagan crear e recrear centos de obxectos en familia ou individualmente e sempre intentando manter como obxectivo unha conciencia do sostible, a reutilización e o reciclaxe como forma de aforrar recursos e fomentar a imaxinación.

DIY (2)

Pero ademáis, o de un Nadal Faino tí mesmx (D.I.Y.) non se reduce só a unha mostra, senón que tamén temos un par de actividades en diferentes bibliotecas para que vexades que as Municipais móllanse coa sostenibilidade:

· Para empezar, todavía podedes apuntarvos ao obradoiro DIY, Xoguetes de DIYrefugallo, que se celebrará o próximo día 10 deste mes na Biblioteca do Fórum Metropolitano para pequenxs de 7 a 12 anos onde aprenderán como empregar todo ese material que doutra forma iría ao lixo para facer xoguetes novos, maxia? Non, reciclaxe! E podedes inscribirvos aquí!

· O día 22 na Biblioteca de Ágora o grupo Viravolta Títeres amosará a pequenxs de 6 a 12 anos como revivir o material de refugallo e transformalo en títeres de man para interpretar novas historias imaxinadas. Podedes inscribirvos a partir do día 15 de este mes.

Gústavos o plan? Pois xa sabedes, nada mellor que crear cada época do ano feita por un·ha mesmx. Esperámosvos nas Bibliotecas Municipais este Nadal (e sempre)!

 

BEBESCENA + EXPRESIÓN CORPORAL

Apetécevos xogar nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións? Ou voar con dous paxariños pequeniños que chían para descubrir o mundo a través das cancións? Imaxinádesvos viaxando nun sofá-tren ou nunha alfombra-espello?

Non hai moito que compartimos neste blog a apertura do programa BEBESCENA: unha achega “miúda” ás Artes Escénicas que se está a celebrar no Centro Ágora. Hoxe, e xa en pleno outubro, queremos mencionar algún dos espectáculos programados para este outono: Cuál es mi nombre? de Da.Te danza (Granada) e Chíos da Compañía Teatro da Semente (A Coruña). Ambas producións, baseadas na poesía sensorial e na linguaxe non verbal, mesturan xogo, movemento, luz e música.

A EXPRESIÓN CORPORAL COMO LINGUAXE DE COMUNICACIÓN

Desenvolver as habilidades comunicativas nas diferentes linguaxes e formas de expresión é un dos obxectivos contemplados na etapa da Educación Infantil. O traballo da Expresión Corporal permite que os nenos e nenas poidan exteriorizar o seu mundo interno, expresando emocións, sentimentos, pensamentos e mellorando a convivencia e interacción social.

A continuación, compartimos un proxecto que se está levando a cabo nas escolas públicas de NY (US) e que ten como base a Danza e Expresión Corporal:

Para rematar, animámosvos a desfrutar destas dúas obras que, tendo como fío condutor a linguaxe non verbal, espertarán a imaxinación dos vosos pequenos e pequenas!

Abraiate con Bebescena.

BEBESCENAPor terceiro ano consecutivo, o centro Ágora énchese de estímulos para xs máis cativxs. A programación de Bebescena volve a convidar a todas as familias a participar dunha programación ideada para xs  peques de 1 a 3 anos mais que inclúe a toda a familia.

Dende este domingo 27 con Berços de electrónica e ate Decembro, sete espectáculos diferentes farán fncapé na estimulación por medio de ritmo, música e expresión corporal. Poderémonos achegar á importancia da música como elemento de desfrute colectivo con Azul, Pom Pom ou Arrolos de salitre, argumentos oníricos coma o de Pezes ou case coreográficos como o de Chíos, e máis específicamente centrado na expresión corporal con Cuál es mi nombre?, onde se fai patente a importancia do corpo como elemento comunicativo perfectamente intelixible para xs máis pequenxs.

En definitiva, estades todxs emprazadxs a achegarvos a algún destes espectáculos nos que o importante é a comunicación, a expresión e os sentimentos xerados en base ao sensorial, á participación colectiva e a creatividade común. Si queredes todo o referente a prezos, horarios e datas concretas, podedes descargar o programa premendo aquí e planificar os vosos domingos en familia para este trimestre.

As Escolas Infantís enchen a Biblioteca Ágora

Sete escolas infantís (Parrulos Ventorrillo, Xénese, Bicos, Nazaret, Galiña Azul Ventorrillo, Agra do Orzán e Carme Cervigón Padre Rubinos) e máis de douscentos pequenos foron os protagonistas das nosas mañás do mes de maio na Biblioteca Ágora.

Ao longo de nove días compartimos co profesorado, as familias e parte do persoal das escolas da nosa contorna a idea que representa o programa de Bebescolas: chegar a todo o mundo e facer da Bebeteca un espazo equilibrador.

Compartindo a maleta viaxeira da Beba, Escola Infantil Xénese
Compartindo a maleta viaxeira da Beba, Escola Infantil Xénese

Para iso, e tendo como protagonistas aos contos, fomos quen de, cun lápis, vivir a experiencia do conto a través dun trazo, e foron os nenos e nenas quen guiaron a sesión imaxinando a historia que nós trasladabamos con música e mímica.

Cos pequenos de Padre Rubinos,  seguindo á protagonista do conto de Paula Bossio
Cos pequenos de Padre Rubinos, seguindo á protagonista do conto de Paula Bossio

Como diciamos no mes de febreiro, a escola xoga un papel prioritario no desenvolvemento da lectura. É por iso que foi unha alegría para nós ver que a complementariedade coa que se entendeu a colaboración entre escolas infantís e biblioteca deu os seus froitos.

Paula Bossio, nun mural con outro dos protagonistas do conto. Compartindo a maleta viaxeira co alumnado de Xénese

Paula Bossio, nun mural con outro dos protagonistas do conto. Compartindo o traballo en aula co alumnado de Xénese

Mais tamén nós recibimos sorpresas e agasallos. Dende a escola de recente apertura Padre Rubinos presentáronnos a súa mascota, o polbo Roque; os pequenos da Galiña Azul prepararon unha regadeira co seu nome para recibir á nosa mascota Beba e, desde a escola infantil Xénese ensináronnos a maleta que todos os pequenos levaron para a súa casa, presentando a bebeteca a través da nosa mascota entre as súas familias. Todas e cada unha das escolas participantes, ademais, agasalláronnos cos debuxos que os pequenos realizaron, seguindo a liña de imaxinación e creatividade na que se baseaba a sesión.

Portada do Lápiz, compartindo contos co alumnado da Galiña Azul do Ventorrillo

Portada do Lápiz, compartindo contos co alumnado da Galiña Azul do Ventorrillo

Finalmente, con este traballo día tras día confirmamos tamén que a nosa existencia como biblioteca de barrio ao servizo da comunidade xa non se entende sen a colaboración e traballo conxunto coas nosas escolas infantís. Queremos por iso agradecerlles, tanto ás que levan participando do programa dende o inicio como ás que co devir do tempo se foron sumando ao proxecto, a súa implicación e traballo a prol da promoción lectora.

E nada máis. Agardamos que a experiencia da participación neste programa tivera resultado proveitosa para cada un dos vosos pequen@s alumn@s e despedímonos lembrando que contamos con todas vós para o vindeiro curso.

Até pronto!!!

Con todos vostedes… un circo divertido!

Montaxe nenos

O pasado sábado desfrutamos dunha fantástica tarde de circo con Daniel, Iago, Jacobo, Noa, Ricardo, Sabela e as súas familias. Aplaudimos aos malabaristas, rimos cos pallasos, pero coa entrada dos leóns, prodúxose un momento de tensión:

Os leóns ensinan os dentes, pero… que domadores tan valentes!

Encantounos este espectacular Juego del circo de Hervé Tullet. Pero tamén houbo ocasión para pasalo en grande cun clásico da literatura infantil, Los tres cerditos y el lobo feroz,traducido por Carmen Gil e ilustrado por Jenny Arthur, nun divertido libro carrusel. Cantamos cos tres porquiños e soplamos moi forte co lobo feroz.

Montaxe contos

Ao remate da sesión xogamos a ser malabaristas. Pais e nenos convertíronse en expertos do equilibrio, manteando e non deixando caer as pelotas ao chan. Todos xuntos collimos unha manta de cor rechamante e ao son da música do circo, fixemos bailar unhas pelotas. Deste xeito, logramos estimular aos pequenos a desenvolver a súa coordinación visual, manual e auditiva.

Montaxe manteo

Encántannos as #recomendacións, nas sesións recomendamos moitos contiños para os nenos, agora queremos recomendar aos pais un libro para facer actividades durante as vacacións. Xa sabedes que estes libros e outros podédelos consultar no catálogo das Bibliotecas Municipais.

Recomendamosbmc

#Recomendamos Beba

365-experiencias-con-tus-hijos-Lonely-Planet1

Contacontos para bebés: contos e cantos con Pablo Díaz

Contacontos con Pablo Diaz

Contacontos con Pablo Diaz

Dentro da programación de Ler conta moito, o vindeiro 6 de maio (de 18 a 19 horas) poderemos disfrutar na Biblioteca Municipal Monte Alto dun contacontos para bebes de 0 a 3 anos con Pablo Díaz, quen empregará a música como fio conductor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos nunha sesión na que as historias, a fantasía e a ilusión serán os protagonistas.

Para participar, podedes inscribir ao voso bebe no seguinte formulario,  antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, confirmaremosvos a praza nun máximo de 48 horas.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

ACTUALIZACIÓN: Xa non quedan entradas para esta actividade.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Xa están aquí os Bblotes da Infantil!

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil xa contamos con novos Bblotes, unha selección pensada e renovada para vós.

Contamos con lotes axeitados ás diferentes idades:

bblotes

 

Podedes atopar todo tipo de documentos: libros para os máis pequenos, para compartir en familia, material audiovisual para bailar e soñar… E tamén libros dirixidos aos pais, para orientalos nas posibles dúbidas que poden aparecer nestas etapas.

Recordade que podedes pasar  pola Biblioteca e coñecer de primeira man estes Bblotes, estaremos encantadas de presentárvolos!

 

%d bloggers like this: