Author Archives: Safa's Team

CantoConto!: Ti podes!

Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos.pablo1

En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica e divertida posible, e éste non ía ser menos. Coma sempre, abrimos a sesión coa nosa canción de cabeceira “Imos contar un conto” do disco Tic, tac de Pablo Díaz.

Pero logo veñen os contos, e nunca son os mesmos.

nicomedes-o-pelado

 

Presentamos nesta ocasión ó noso amigo “Nicomedes, o pelado” de Pinto&Chinto, editado por Kalandraka e que podedes localizar en calquera das nosas bibliotecas municipais. É unha historia moi divertida sobre tódalas cousas que poden suceder nunha cabeleira nada convencional.

tu-puedes

 

O feito é que todos temos características que nos fan únicos e que non debemos esquecer valorar. O seguinte título que abordamos nesta sesión foi “¡Tú puedes!” de Ole Könnecke e publicado por Editorial Lóguez nun formato moi chusquiño. “¡Tu puedes!” conta a historia dun pequeno paxariño que se atopa cun reto que lle custa afrontar. Cunha ilustración moi sinxela e expresiva, este conto consigue introducirnos na pel deste novo e simpático amigo.

alegria

Rematamos a sesión cunha canción moi inspiradora do libro-disco Alegría! de Sérgio Tannus, publicado por Galaxia na colección Sonárbore. Esta colección está composta por libros-discos para achegar a música ós máis pequenos da casa. Algúns deles xa os coñecemos en CantoConto! e forman parte da nosa lista de reprodución  de YouTube.

recomendamos-cantoconto

  • A escada vermella / Fernando Pérez Hernando. Kalandraka, 2015.
  • El más listo / Mario Ramos. Corimbo, 2012.
  • Nariz de ouro / texto de Raquel Saiz ; ilustracións de Juliana Bollini. OQO, 2010.
  • Tito fai de malabarista / Guido van Genechten. Tambre, 2007.
  • Todos menos uno / Éric Battut. Libros del Zorro Rojo, 2011.
  •  Primeros auxilios emocionales para niños y adolescentes : guía para padres / Javier Urra. La esfera de los libros, 2016.
  • Abrázame, mamá : el desarrollo de la autoestima infantil y juvenil / Mª Luisa Ferrrós. Planeta, 2007.
  • Cuentos para educar con inteligencia emocional : los niños de colores / Clara Peñalver;  Sara Sánchez. Beascoa, 2014.
  • Burbujas de paz / Sylvia Comas; Fermín Solís. Nube de Tinta, 2016.Deixámosvos unhas fotiños das sesións nas diferentes bibliotecas. Poderedes atopar máis na nosa conta de Flickr.

This slideshow requires JavaScript.

 

Advertisements

CantoConto! Mimitis aguda!

pito revirado

Remataron as festas e tocou voltar ó cole e á biblioteca para cantar coas bibliotecarias e escoitar contos. Estes días quizais nos atopemos máis sensibles do normal; sen dúbida, a volta á rutina non sempre nos senta ben. Hai quen di que con abrazos todo se leva un pouquiño mellor e en CantoConto! fixemos a proba.

el-libro-de-los-abrazos

Na biblioteca déronnos un truco para superar esta separación: contáronnos o “Libro de los abrazos” de Guido Van Genechten. Neste conto móstranse os diferentes tipos de abrazos que se dan e, de feito, que variedade deles! Non todos saben igual, pero todos transmiten o mesmo, o cariño e o afecto que son tan necesarios.

Pero non pensedes que nos pasamos toda a tarde abrazándonos os uns ós outros, aínda que non estaría mal. Continuamos contando contos, que é o que máis nos gusta. E esta vez escollimos “El chupete de Gina” de  Christine Naumann-Villemin.el-chupete-de-gina

Saberedes que Gina ten unha debilidade: non pode separarse do seu chupete. Úsao todo o día, para todo, e aínda que a súa nai lle insiste en que non sempre poderá ser así, ela non está totalmente segura.

Ás veces precisamos dunha persoa, da súa compaña, ou dun obxecto para sentirnos tranquilos e seguros. O apego forma parte do desenvolvemento das persoas como tal, e preséntase de moitas  formas diversas.

Apego.gal é o nome dun proxecto que vai dirixido ás familias que están a esperar a chegada dun novo membro e tamén ás que teñen nenos e nenas ata 6 anos. Un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística de varios concellos de Galicia e da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. A páxina web contén unha morea de arrolos, recitados e xogos para pasalo ben cos máis pequenos.

pablo-diazAs sesións de CantoConto! tamén teñen que rematar, mal que nos pese, e con quen mellor que con Pablo Díaz, o noso artista de cabeceira. No seu disco Toc, Toc atopamos unha canción que vén ó pelo con esta temática e ademais resulta moi divertida, “Teño un can de trapo”.

As lecturas recomendadas a continuación tratan a temática do apego para os máis pequenos, e poden resultar unha boa ferramenta para abordar con eles estes temas tan sensibles. Podédelas atopar nas nosas bibliotecas. Consulta o noso catálogo.

recomendamos-cantoconto

  • Roro, el rugidos / David Bedford y Mandy Stanley.– Madrid : Jaguar, cop. 2015.
  • El trapito feliz / Tony Ross.– México : Fondo de Cultura Económica, 1995.
  • Abrázame, mamá : el desarrollo de la autoestima infantil y juvenil / Mª Luisa Ferrrós.– Barcelona : Planeta, 2007.
  • Mimo exprés / Émile Jadoul ; [tradución ao español de Rafael Ros].– Barcelona : Corimbo, 2012.
  • La isla de los mimos / Carl Norac, Claude K. Dubois ; tradución ao español de Anna Coll-Vinent.– Barcelona : Corimbo, 2012.
  • Abrázame / Simona Ciraolo.– Boadilla del Monte (Madrid) : SM, D.L. 2015. (Cactus).
  • La gallina Cocorina / Mar Pavón ; ilustracións de Mónica Carretero.– Madrid : Cuento de Luz, D.L. 2010
  •  El chupete / Orianne Lallemand, Émile Jadoul.– Zaragoza : Edelvives, cop. 2011
  • Tortololita / Roberto Aliaga Sánchez ; [ilustracións] Paula Alenda.– Almería : Libre Albedrío, 2015.

Queremos tamén recomendarvos a cantante colombiana, Marta Gomez e o seu libro-disco “canciones de sol y de luna”

This slideshow requires JavaScript.

CantoConto! Andanzas…

pito revirado

Xa chegou o momento de contar e cantar historias para os máis pequenos da casa, CantoConto! está de volta e abrimos a tempada 2016-17 con Andanzas.

Acaba de rematar o verán e quen máis, quen menos, desfrutou dalgunha aventura durante as vacacións. Non ían ser menos os nosos protagonistas e nós non podíamos quedar sen contárvolas.

Tras abrir a sesión coa nosa canción de cabeceira, “Imos contar un conto” de Pablo Díaz, descubrimos unha historia moi “silenciosa”. “¡Shhh! Tenemos un plan é un álbum ilustrado de Chris Haughton que mostra a historia duns amigos moi valentes ós que non lles saen de todo ben as cousas… Aínda que cremos que renderse non está dentro dos seus plans.

A perseverancia destes amigos tamén é unha das cualidades do outro protagonista desta sesión, un neno tan pequeno tan pequeno, que cando naceu, os seus pais puxéronlle de nome Garavanciño. A adaptación desde conto popular escollida  foi a de  Olalla González ilustrada por Marc Taeger e editado en 2008 por Kalandraka. Se queredes disfrutar deste clásico podedes atopalo en  calquera das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Todas as sesións de CantoConto! comezan e finalizan con cancións, coas que tentamos achegar ó público máis miúdo a riqueza de sensacións que nos proporciona a música. E como de Andanzas vai a cousa, non podía faltar o noso querido “Pájaro Federico” de Beatriz Doumerc que voando, voando foi atopando polo camiño una chea de cousas pero ó fin… Podedes ver como remata no video que montamos para vós.

Para escoitar as cancións que cantaremos en CantoConto! visitade a nosa lista de reprodución.

Para rematar deixámosvos unhas fotiños das sesións e algunhas recomendacións.

This slideshow requires JavaScript.

  • Imos cazar un oso. versión de Michael Rosen ; ilustrado por Helen Oxenbury; [traducción, Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez]. Kalandraka, 2013.
  • Chibos chibóns. Adaptación de Olalla González; ilustracións de Federico Fernández. Kalandraka, 2006.
  • Paco Papán. Patacrúa; ilustracións de Evelyn Daviddi. OQO, 2007
  • Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso. Christiane Pieper ; traducción Pepe Martínez. Kalandraka, 1998.
  •  Pluma y tapón /Emilio Urberuaga.– Madrid : Anaya, D.L. 1999  pitocantorpitocantor
  • ¡¡Máaas!! Peter Schössow. Lóguez, 2010.pitocantor

 

%d bloggers like this: