Author Archives: marta.rivadulla

CantoConto!: Festa final con Migallas Teatro.

Queridísimas familias, moi ao noso pesar tivemos que dicir adeus a CantoConto! Iso si, só durante uns meses: en outubro volveremos vernos para seguir contando contos e cantando moitas cancións. Pero, para despedirnos ao grande deste curso, quixemos contar cuns amigos moi divertidos que sabiamos que vos ían a namorar: nada menos que Migallas Teatro.

Para os que non puidestes vir, deixámosvos aquí unha selección das fotos que sacamos nas catro sesións que se celebraron, nas bibliotecas do Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón.

CantoConto!: Ti podes!

Os nosos amigos Bea e Paolo presentáronnos a un amigo seu, un lobiño que non era capaz de soltar o seu chupete. Para conseguilo, con moito agarimo foron contando e cantando uns contos marabillosos: “Polo camiño“, “Chibos chibóns“, “Qué fai falta?“, “Lúa“, etc.

Qué contento estaba o noso lobo! Grazas a tenrura de Bea e Paolo, e, como non, ao seu sentido do humor, pasamos unha tarde deliciosa. Moitas grazas por acompañarnos!

Esperamos volver vervos o curso que vén, estade atentos ao noso blogue, a nosa páxina web e ás redes sociais (facebook e twitter) das bibliotecas municipais. Lembrade que este é un programa para familias con nenos de 2 e 3 anos, así que se voso peque ten esta idade só tedes que inscribirvos sete días antes da sesión á que queredes asistir.

Feliz verán, cantoconteiros!

Advertisements

CantoConto!: “Érase unha vez… un bosque”.

E pasiño a pasiño chegamos a última sesión de CantoConto! deste curso; antes, por suposto, da gran festa final que se celebrará en breve nas catro bibliotecas: Fórum (18 de maio), Sagrada Familia (23 de maio), Monte Alto (24 de maio) e Castrillón (25 de maio). En breve teredes máis información, estade moi atentos.

Nesta ocasión os protagonistas da tarde foron os bosques e os animais que viven neles. O noso amigo o bufo veunos visitar e contounos que lera un libro moi triste dun bosque feito enteiramente de lixo. Qué espanto! Non foi quen de acabar o conto. Menos mal que nos acordamos de que ese libro estaba na biblioteca, que o liamos e acababa ben. 

O conto titúlase “Érase unha vez… un bosque“, de Helen Ward con ilustracións de Wayne Anderson. Nel coñecemos a un ancián que vive nunha solitaria casa no medio dun bosque de lixo; o ancián reutiliza todo o que pode, pero cada noite soña cun verdadeiro bosque cheo de plantas e animais salvaxes e felices. Un día, unha vella lámpada rota daralle unha marabillosa idea…

As preciosas e poéticas ilustracións deste libro achégannos a un mundo onde podemos conseguir o que desexamos se poñemos empeño e ilusión. O noso amigo bufo quedou máis tranquilo ao descubrir que o conto remataba ben e que o lixo non acababa invadíndoo todo. Aproveitamos a ocasión para falar sobre a importancia de manter limpos a natureza en xeral e os bosques en particular.

E para celebralo decidimos contar outro conto, máis divertido e tamén cheo de animaliños do bosque: “Boas noites, bufo“, de Pat Hutchins. Pat gústanos moito, é a autora do divertido libro “O paseo de Rosalía“, e este non queda atrás: mentres o pobre bufo tenta durmir, as abellas, os estorniños, os corvos e moitos outros animais dedícanse a facer toda clase de ruídos e a non deixarlle descansar. Iso si, conseguirá o seu desquite antes de que termine a historia! Un conto acumulativo cheo de sons e de risas.

A continuación coñecemos as Maimiñas, unhas amigas que un día decidiron ir dar un paseo e acabaron dando a volta ao mundo, coñecendo outros países, culturas e cancións. Todos xuntos cantamos e bailamos “De safari“, unha alegre canción onde as feras campan ás súas anchas!

Hoxe recomendamos estas lecturas:

  • Las cuatro estaciones desde el gran árbol. Ilustrado por Britta Teckentrup; texto Patricia Hegarty. Bruño, 2015.
  • O meu pequeño animalario: a montaña e o bosque. Francesca Chiapponi, Marina Raffo e Patrick David; ilustracións, Olivier Verbrugghe. A Coruña: Bahía, D.L. 2009.
  • El grúfalo. Julia Donaldson; ilustraciones de Axel Scheffler.
  • Piñeiro (Kalandraka) de la colección Do berce á lúa. Antonio Rubio e Óscar Villán. Pontevedra: Kalandraka, 2014.
  • Solo en el bosque, Ian Beck. Juventud, D.L. 2001.
  • El Sr. Conejo y el regalo perfecto, Charlotte Zolotow. Ilustraciones de Maurice Sendak. Barcelona: Corimbo.
  • Juguemos en el bosque, Monica Bergna. Caracas: Ekaré, 2003.
  • El pequeño castor, Amy MacDonald e Sarah Fox-Davies. Barcelona: ING Ediciones, 2011.
  • Con las puntas de los dedos, Truus. Madrid: SM, 1999.
  • Hambre de lobo, Ignacio Sanz. Ilustraciones, Carlos Velázquez. Barcelona: Edebé, 2010.
  • Una noche en el bosque, Philippe Bertrand. Madrid: SM, 2007.

Deixámosvos algunhas fotos destas sesións, que, como sempre, compartimos na nosa conta de Flickr. Non vos esquezades de reservar a vosa invitación para a gran festa final con Migallas Teatro. Como sempre, abrirase a inscrición unha semana antes en cada biblioteca. Ata entón!

CantoConto!: Ti podes!

Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”


Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e singulares como o que máis. Que viva a diversidade!

Comezamos a tarde coa canción de Pablo DíazImos contar un conto“, un clásico de CantoConto! que peques e maiores cantan e bailan con alegría. Unha das cousas que máis nos unen é o gusto pola boa múscia, e Pablo é un artista que nunca decepciona.

O primeiro conto da tarde foi esta marabilla: “Ricitos de oso“, de Stèphane Servant e Laetitia Le Saux. Unha historia divertida sobre unha familia de osos que están a preparase para o Antroido. Cando o pequeno oso cóntalles que se quere disfrazar de Ricitos de Oso, cunha saia e coletas louras, papá Oso tentará por tódolos medios facerlle cambiar de idea. Pero a interrupción dun personaxe inesperado dará un xiro sorprendente á historia…

A continuación chegou un novo amigo, o “Monstruo rosa”. Contounos que, desde que naceu, sempre sentiu diferente do resto dos seus amigos: mais grande, máis torpe, menos serio e máis espontáneo. Como non conseguía ser feliz, emprendeu unha longa viaxe onde, tras varios días dunha longa travesía, conseguiu chegar a un lugar… case mellor deixemos que descubrades o final do conto por vós mesmos, seguro que vos gustará.

A canción escollida para rematar a tarde foi “Pero ti que pensas!“, da Banda Migallas (do seu disco “Zaragallada“). A historia comeza cun valse de voda e remata cunha rumba moi rebelde. Unha homenaxe a todas as mulleres que pelexan cada día por mellorar as súas condicións de vida.



Deixámos aquí unhas recomendacións de lecturas relacionadas coa temática da sesión:

Azul y Bertie / Kristyna Litten.– Barcelona : Blume, 2016.
Quen é ese becho? / [texto e ilustracións], Carmen Queralt ; [traducción, Manuela Rodríguez].– Pontevedra : Kalandraka, 2014.
¡Ves al revés! / Jeanne Willis ; ilustraciones de Tony Ross.– México : Fondo de Cultura Económica, 2008.
Tuk es Tuk / Claudia Legnazzi.– Buenos Aires : Del Eclipse, 2004.
Kiwi : un pájaro más bien raro / Susanna Isern; Rebeca Luciani.– La Seu d´Urgell (Lleida) : La Fragatina, 2012.
Monosapiens / [autor] Davide Calí, [ilustrador] Gianluca Folí.– [Granada] : Barbara Fiore, D.L. 2013.
Fede diferente / Miriam Koch.– Barcelona : Corimbo, 2013.
Un bicho raro / ilustraciones Emilio Urberuaga ; texto Paz Rodero, José Moraán.– Zaragoza : Edelvives, cop. 2003.
Elmer / David McKee.– Barcelona : Beascoa, D.L. 2006.
Lolo un conejo diferente / Guido Van Genechten.– Madrid : S.M., D.L. 2013.
¡Zas pum! / Heinz Janisch; Helga Bansch.– Salamanca : Lóguez, D.L. 2003.
Pájaro Amarillo / Olga de Dios [autora e ilustradora].– Zaragoza : Apila, 2015.
¡Soy una niña! / Yasmeen Ismail.– Barcelona : Corimbo, 2016.
Ernesto / texto, Lola Casas y Gusti; ilustraciones, Gusti.– Barcelona : Serres, cop. 2007

E, coma sempre, compartimos as fotos de CantoConto! en Flickr, para que as poidades gozar na casa e, así, non esquezades voltar para a próxima sesión.

CantoConto!: Ti podes!

Ata pronto!

CantoConto!: “Trasnadas”

final sen marcoEstos días en CantoConto! portámonos un pouquiño mal: fomos algo remexedoras e falcatrueiras, gastando bromas e sen facer caso á compañeira. Vamos, que estabamos de “non”. Igualiño que o protagonista do primeiro conto da tarde: “¡Más te vale, mastodonte!“, de Micaela Chirif e ilustrado por Issa Watanabe. Unha historia moi divertida sobre unha mascota moi peculiar e pouco obediente.

mastodonte

ruedaA continuación lemos unha historia moi invernal: “No“, da colombiana Claudia Rueda. É unha das nosas autoras favoritas, e nas nosas bibliotecas podedes atopar moitos títulos seus: “Mientras se enfría el pastel”, “La vida salvaje”, “Dos ratones, una rata y un queso”, “Formas” e moitos máis. O de hoxe, especialmente vistoso e fermoso, contámolo utilizando o kamishibai ou teatro de papel, unha arte xaponesa do século XII. Maiores e peques quedaron atrapados nesta historia dun osiño que non quería facer caso aos consellos da súa nai.

julietaO último conto da tarde foi “Julieta estate quieta“, de Rosemary Wells. autora de marabillosos clásicos como “El saco de desaparecer”, “Lucas y Virginia”, “Carlos el tímido” e as sagas de Max ou Timoteo. E este conto en particular encántanos! Julieta é divertida, traste, simpática a rabiar e tremenda. O texto rimado é ocorrente e sinxelo de seguir. Como irmá do medio é a que menos atención recibe por parte dos seus pais, e decide pasar á acción para remedialo. Menuda arma! Cunha pequena obra teatral demos a coñecer a nosa Julieta.

E rematamos a tarde cantando, como non. A melodía escollida para hoxe foi “El monstruo soy yo“, do disco “No nos da pereza la naturaleza”, do grupo asturiano Petit Pop.

Recomendamos CantoConto!

As recomendacións desta sesión de CantoConto foron:

  • La vocecita / Michaël Escoffier; [ilustraciones de Kris Di Giacomo] Kókinos.
  • ¡Oh no, Lucas! / Chris Haughton; Milrazones : Pepa Montano, 2014.
  • ¡Ay, no! / Rotraut Susanne Berner. Madrid : Anaya, 2007.
  • Eduardo : o neno máis terrible do mundo / John Burningham. Kalandraka: Faktoría K de libros, 2006.
  • ¡Ha sido el Pequeño monstruo! / Helen Cooper. Juventud, 1999.
  • A galiña roxa / adaptación de Pilar Martínez a partir do conto popular; ilustracións de Marco Somá. Kalandraka, 2012.
  • Un cuíño independente / José Luis Cortés, Avi. S.M., D.L. 1993.
  • ¡Te lo he dicho 100 veces! / Gabriela Keselman, Claudia Ranucci. Destino, 2006.
  • La casa de los ratones / Karina Schaapman. Blackie Little Books, 2016.

Deixámosvos unha selección de fotos das sesións de todas as bibliotecas. Esperamos que vos gusten e non esquezades reservar a vosa plaza para a próxima sesión. Esperámosvos!

This slideshow requires JavaScript.

“Festa Final” en CantoConto!

Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan buliciosa e ímolo botar de menos.

Pablo cantounos canción dos seus discos, todos grandes éxitos entre os pequerrechos, e que podedes levar prestados das bibliotecas.

Pero, entre tanto e ata que chegue o outono, seguiremos visitando as bibliotecas, que non pechamos durante o verán, claro que non! E lendo e levando para casa contos coma os que nos contou Pablo: “Un becho estraño“, “Un, dous, tres, qué ves?“, “O gato lambón“, “Os de arriba e os de abaixo“, “Paco“, “Paxariña“…

Deixámosvos unhas fotos das sesións, para que vexades qué ben o pasamos. Esperamos vervos a volta do verán. Grazas, familias!

This slideshow requires JavaScript.

“Mamitis & papitis” en CantoConto!

final sen marcoEsta foi a derradeira sesión de CantoConto! que fixemos @s bibliotecari@s este curso. Eso sí, temos preparada unha sorpresa final, un concerto de Pablo Díaz para os peques para o que podedes reservar xa praza na web das bibliotecas municipais. Apurade que voan! E é que Pablo, un bo amigo das bibliotecas, acompañounos cada tarde coa súa canción “Imos contar un conto“. E estamos desexando cantala con él.

E, xa que se trataba dunha sesión especial, ocorréusenos renderlle homenaxe aos papás e as mamás, que tanto nos coidan e nos queren. E, ademáis, lévannos as bibliotecas, o mellor lugar do mundo despois da nosa casa.

Mi-Papa

Así que, para empezar, convidamos a “Mi papá“, de Anthony Browne; un autor que recibiu moitos recoñecementos polo seu traballo: libros cheos de humor, imaxinación e surrealismo, tinguidos dun estilo moi persoal. Nesta historia, un neno conta cántas cousas marabillosas é capaz de facer o seu pai. As ilustracións, cheas de riqueza, ofrecen chiscadelas aos adultos, que nos agasallan unha lectura cómplice entre o neno e a persoa que llo lea.

adivina-cuanto-te-quiero-grande

Este neno quería moitísimo o seu papá. E vos, seríades capaces de dicir cánto queredes a papá ou mamá? É moi difícil contestar, a que sí? Pois neste conto, “Adivina cuánto te quiero“, de Sam McBratney e Anita Jeram, unha pequena lebre téntalle explicar á lebre grande cal é a medida do seu amor. Unha tenra competición na que non pode haber gañadores. Se queredes gozar coa versión dixital, deixámosvos o enlace:

tragapupasE, para rematar, un conto de superheroes: “El tragapupas“, de Émile Jadoul. Un autor que xa triunfou en CantoConto! con “Con locura“, “Mimo exprés” ou “Emilio está enfermo“. Nesta ocasión, un orgulloso fillo narra cómo o seu pai é quen de facer desaparecer calquera pupa ou dor. Pero, qué ocorre cando é o papá quen cae e ten a pupa? Pois haberá que poñerlle remedio, e alguén moi cercano conseguirao, claro que sí!

E hoxe cantamos unha canción con moitísimo ritmo: “Mamitis aguda”, do grupo Petit Pop, un grupo asturiano con música para toda a familia. Os nenos gozaron do baile e lavaron o ritmo coa axuda de diversos instrumentos de percusión. Unha festa!

Como sempre, despois de cada sesión, non nos esquecemos de deixarvos unhas boas recomendacións de contiños para levar para casa:

Recomendamos CantoConto!

  • ¿Me quieres o no me quieres? / Carl Norac e Claude K. Dubois.
  • P de papá / Isabel Martins.
  • 33 cosas que sólo hacen los padres / Harriet Ziefert.
  • Zea / Michel Gay.
  • Mi amor / Beatrice Alemagna.
  • Miña nai é fantástica! / Nick Butterworth.
  • En los hombros de papá / Manuela Monari.
  • Meu pai é estupendo! / Nick Butterworth.
  • Como mi mamá / David Melling.
  • Como mi papá / David Melling.
  • Porque te quiero / Pascal Teulade.
  • Mimo exprés / Émile Jadoul.
  • Una mamá para Owen / Marion Dane Bauer.

Deixámosvos as fotos das sesións de todas as bibliotecas. Esperamos que vos gusten! Lembrade reservar a vosa praza para a festa final, na web das bibliotecas municipais. Ata a próxima!

This slideshow requires JavaScript.

“Non, non e non” en CantoConto!

pito volteadoEstos días as bibliotecarias andamos algo tristes: empezamos a contar cántas sesións de CantoConto quedan para rematar o curso, e démonos conta de que son moi poucas! Isto provocounos un gran desgusto, como poderedes imaxinar. Menos mal que as compañeiras conseguiron animarnos lembrando que, despois do verán, volveremos; e ademais quedan moitas sorpresas antes de que acabe o curso. Pero aínda non podemos desvelar nada, teredes que esperar un pouquiño.

Imos contar un conto“, de Pablo Díaz, non podía faltar para inaugurar a tarde. E é que Pablo é un gran amigo dos nenos, dos libros e das bibliotecas.

rabietaO primeiro conto do día foi “Vaia rabieta“, de Mireille d’Allancé. Nel coñecemos a Roberto, un cativo que pasou un día moi malo, e, cando chega a casa e ve que ten verdura para cear… ui ui ui! Comenzou a sentir dentro del algo terrible que lle sae para fora e que rompe todo o que atopa. Como fará para detelo?

Mireille d’Allancé é unha autora francesa moi implicada no mundo infantil; ademáis de publicar unha chea de libros, gústalle facer actividades con escolas, bibliotecas e librerías.

otra-vez

Este conto gustou tanto, pero tanto tanto, que nos emperrenchamos en volver a lelo. “Outra vez!”, pedíamos, “outra vez!” E fixéronnos caso, pero non como nós pensabamos. “¡Otra vez!” é un divertido conto de Emily Gravett, unha autora inglesa da que podedes atopar máis libros nas bibliotecas (e varios deles no idioma orixinal, ademáis). Cedric, un pequeno dragón, non pode durmir sen escoitar antes o seu conto favorito. Pero qué ocorre se mamá dragona empeza a cansarse? O inimaxinable!

E rematamos a tarde cunha canción ben xeitosiña: “Amolado“, de Mamá Cabra, que nos fala de cómo estar alegres, non enfadarse e soñar moito!:

Recomendamos CantoConto!
Se queredes levar algunhas lecturas para casa, atentos ás seguintes recomendacións:

  • Lo siento” / Sam McBratney e Jennifer Eachus.
  • ¡Soy un dragón!” / Philippe Goosens e Thierry Robberecht.
  • Cuando los dragones sueñan” / James Mayhew e Lindsey Gardiner.
  • ¡Julieta, estate quieta!” / Rosemary Wells.
  • ¡A la cama, no!” / Victoria Bermejo e Miguel Gallardo.
  • O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba / David Aceituno e Miguelanxo Prado.
  • La mejor mascota” / David LaRochelle e Hanako Wakiyama.
  • A cova = The cave” / Enric Lluch e Jordi Villaverde.
  • ¡Así fue! ¡No, fue así! ¡No, así!” / Kathrin Schärer.
  • O segredo de Flora” / Paloma Rodríguez, Cristina Justo e Spela Trobec.
  • Yo no he sido” / Oliver Jeffers.
  • “Rabietas” / Susana Gómez Redondo e Anna Aparicio Català.
  • Que tal, vexetal? Alimentos con sentimentos” / Saxton Freymann e Joost Elffers.

Deixámosvos algunhas das fotos que sacamos nesta sesión. Oxalá que vos gusten!

This slideshow requires JavaScript.


Esperamos vervos o próximo día, lembrade que so quedan dúas sesións antes de que remate este curso e que é preciso reservar praza na web das bibliotecas municipais. Ata a próxima, familias!

“Qué susto!”, en CantoConto!

logo CantoConto!Qué susto!” foi unha das sesións máis divertidas das que gozamos en CantoConto! Lemos, cantamos e pasámolo xenial. Seguide lendo para saber máis. Pero non teñades medo, porque os sustos que levamos foron moi divertidos!

Cantamos a canción de Pablo DíazImos contar un conto“. Sempre veñen cativos novos que deseguido aprenden a letra e os xestos cos que a acompañamos. É unha canción que nos relaxa e nos leva paseniño ao mundo don contos.

EL REY HUGO Y EL DRAGÓNUnha coroa e unha loita de risa con dúas espadas brandiñas conducíronnos ata “El rey Hugo y el Dragón“, de Peter Bently e ilustrado por Helen Oxenbury, unha das nosas artistas favoritas (ilustrou “Imos cazar un oso” e “Alicia en el País de las Maravillas” da Editorial Lumen, entre outros). Tres nenos moi valentes constrúen no seu xardín un castelo onde loitarán con dragóns e monstruos. Unha historia chea de tenrura e de imaxinación.

porquiños

A continuación escollemos un conto clásico, dos de toda a vida: deses que nos contaron os nosos pais, a eles contáronllo os avós, aos nosos avós contáronllo os bisavós, a eles os tataravós e así indefinidamente. “Os tres porquiños“, nunha edición de OQO e coa axuda duns monicreques moi simpáticos.

untitledPara contarnos a última historia da tarde, recibimos de novo a visita dos nosos amigos Caracol e Caracola, outro libro da colección de OQO onde os nosos amigos tiveron un paseo moi axitado. Vaia susto!

E, para rematar, unha canción con moito ritmo, alegre e divertida: “A voz do son“, do disco “Ollos de mel“, do grupo Pirilampo, un grupo para nenos (e non tan nenos!) que coa axuda da música queren poñer o seu graniño de area na educación dos nenos. Escoitade qué delicia de canción:

Recomendamos CantoConto!

Queremos deixarvos algunhas recomendacións de lecturas, neste caso unha selección da Editorial OQO:

  • Mariluz avestruz“, de Rachel Chaundler.
  • Cocorico“, de Marisa Núñez.
  • Loboferoz“, de Patacrúa.
  • Fiz, o coleccionista de medos“, de Fina Casalderrey.
  • Ramón Preocupón“, de Anthony Browne.
  • Mateo“, de Paula Carballeira.
  • Coas mans baleiras“, de Ana Tortosa.
  • A visita dos domingos“, de Matteo Gubellini.
  • Os mil brancos dos esquimós”, de Isabel Minhós Martins.
  • Tres desexos”, de Eva Mejuto.
  • Paco Papán“, de Patacrúa.

E mirade qué fotos tan divertidas gardamos de recordo destas sesións. Non vos perdades a próxima, reservando o teu convite na páxina web das Bibliotecas Municipais. Xa quedan pouquiñas sesións! Ata a próxima, familias!

This slideshow requires JavaScript.

“Imos durmir”, en CantoConto!

pito reviradoNon, non se trata dun convite para pasar a noite nas bibliotecas, aínda que algún día igual nos animamos! Pero si que foi unha tarde especial na que falamos cos nenos e as familias da hora de ir para a cama. De cando en vez, este momento se nos atragoa a todos: por preguiza, porque queremos seguir un ratiño máis con mamá ou papá, porque non damos caído no sono ou tamén por algún medo, claro que sí! Pero non hai nada que un bo conto non consiga arranxar. E nas bibliotecas municipáis temos os mellores do mundo!

Para comezar, o noso amigo Pablo Díaz dános como sempre a benvida a CantoConto! “Imos contar un conto” é unha canción sinxela e chea de agarimo que xa nenos en maiores cantan e bailan connosco.

Logo OvellaHoxe acompañounos a ovelliña Tecelá, unha vella amiga que veu por primeira vez moi preocupada buscando información de por qué lle ían cortar a la; desde entón é unha usuaria moi fiel das bibliotecas. É unha experta en temas de insomnio, porque, como todo o mundo sabe, cando alguén non pode durmir conta ovellas. Así que ela mesma escolleu os contos que contamos nesta sesión.

O RABAÑOO primeiro foi “O rabaño“, de Margarita del Mazo con ilustracións de Guridi. Unha ovella farta de dar saltos para axudar á xente a durmir, decide levar a contraria e interromper ás demáis ovellas. ¿Cómo rematará o conto? Para descubrilo, e se non puideches vir a CantoConto! achégate ás bibliotecas e lévao en préstamo.

MI PAPÁ

E o seguinte conto foi Mi papá“, de Coralie Saudo y Kris Di Giacomo. Unha historia moi divertida onde un papá e un fillo intercambian os seus roles e, por unha vez, e o pai quen non se quere ir durmir, e o neno quen debe convencerlle. O neno aprenderá tamén qué difícil é ser pai.

E, para rematar, proxectamos diferentes cancións que, hai anos, os adultos escoitábamos antes de ir para a cama. Acordádesvos? A familia Telerín, Casimiro, Los Lunnis… Uns personaxes moi entrañables que nos volveron arrincar un sorriso.

a la cama



No vos perdades a selección de contos feita pola nosa amiga Tecelá:

Recomendamos CantoConto!

 

  • Contos para nenos que dormen deseguida / Pinto & Chinto.
  • Duerme bien, pequeño oso / Quint Buchholz.
  • La siesta / Silvia Nanclares.
  • Manu se va a la cama / Lucía Moreno Velo e Javier Termenón Delgado.
  • A durmir / Liesbet Slegers.
  • La campeona mundial de mantenerse despierta / Sean Taylor e Jimmy Liao.
  • Canción de cuna para una ovejita / Eleonora Bellini.
  • Buenas noches, mamá / Imapla.
  • ¡Una vez más! / Elsa Devernois e Michel Gay.
  • ¡Te aseguro que los monstruos no existen! /Steve Smallman e Caroline Pedler.
  • Tan grandes, tan pequenos / Tere Puig e Isao.
  • ¡Otra vez! / Emily Gravett.

Mirade as fermosas fotografías que fixemos nas bibliotecas do Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón.

This slideshow requires JavaScript.

Lembra que, para poder asistir, é preciso reservar o teu convite na páxina web das bibliotecas municipáis. Quedan pouquiñas sesións para rematar o curso e poder gozar dos contos e cancións de CantoConto!

“Libro de familia” en CantoConto!

pito volteado Nas bibliotecas municipáis estamos moi felices coa pequena familia que se está a formar nas sesións de CantoConto! Así que, para facerlles unha homenaxe como se merecen, decidimos dedicarlles unha tarde as familias: familias nas bibliotecas, familias nas escolas e familias no fogar; todas elas moi importantes para o desenvolvemento afectivo dos cativos.

Para comezar ben a tarde, nada mellor que Pablo Díaz e “Imos contar un conto“. Todo un éxito entre o público asistente, que xa a trae ben aprendida e a canta e baila connosco.

PEQUEO primeiro conto de hoxe foi “Peque“, de Jessica Meserve. Fálanos de dúas irmás, Peque e Grande, que teñen os seus pequenos conflitos, como todas as familias. Pero un día Grande enfadouse moito e Peque fixo algo terrible que o cambiaría todo…

huevo

A continuación botamos unhas risas coa divertida historia “El huevo del erizo“, de Nozomi Takahashi: un pequeno ourizo que desexa formar unha familia e téntao con todo o seu empeño da forma máis inverosímil. Unha historia sobre o amor, a ilusión e a importancia de ser constante.

xogosE hoxe, como un pequeno agasallo, contamos e cantamos co fermoso libro-disco Xogos musicáis, de Luis Prego. Un libro en galego con cancións tradicionáis, rimas, bailes e arrolos para cantar cos máis pequerrechos e aprender as partes do corpo, os números, os animáis… “Aserrín aserrán“, “Os dediños da man“, “Tantarantán“, etc. Pequenos encantamentos que sempre rematan con risas, cóxegas e moito agarimo. Un libro perfecto para familias que queren gozar de momentos inesquecibles.

Recomendamos CantoConto!

Algúns dos contos que se levaron para casa as familias foron as nosas recomendacións:

  • Una mamá para Owen. Marion Dane Bauer. Serres
  • Días de hijo. Philip Waechter. Loguez
  • A familia. Pep Bruno. Kalandraka
  • Unha familia normal. Daniela Kulot. Factoría K de libros.
  • En los hombros de papá. Manuela Monari. Imaginarium.
  • Vaya lío de familia! Pascale Francotte. La Galera.
  • ¿Un pequeño qué? Isabel Carrier. Edelvives.

Non vos perdades as mellores fotos desta semana. E non vos esquezades de reservar a vosa praza para as seguintes sesións, na páxina web das bibliotecas municipáis. Ata a próxima!

This slideshow requires JavaScript.

 

 

%d bloggers like this: