Author Archives: Bibliotecas Municipais da Coruña

Disciplina positiva: educar con paciencia

El próximo miércoles 13 en el Centro Cultural de A Fábrica tendrá lugar una charla gratuita sobre Disciplina Positiva, a cargo de María Soto Álvarez de Sotomayor, logopeda certificada por la “Positive Discipline Association”:

La Disciplina Positiva es una metodología basada en la teoría de Alfred Adler y Rudolf Dreikurs. El Dr. Adler en 1920 introdujo la idea de educar a los padres para la crianza de los hijos y abogó por un mejor trato a los niños basado en el respeto mutuo. En sus investigaciones descubrió que los niños que no tenían límites o eran sobreprotegidos tenían problemas  de comportamiento. Dreikurs y Adler se refirieron a este enfoque como crianza “democrática”. (+info)

En nuestras bibliotecas contamos con algunos libros que abordan esta corriente educativa basada en el respeto mutuo y la colaboración:

Disciplina positiva para preescolares : educar niños responsables, respetuosos y capaces / Jane Nelsen, Cheryl Erwin, Roslyn Ann Duffy.– Barcelona : Medici, cop. 2014.

 

Resultado de imagen de Disciplina positiva para preescolares : educar niños responsables, respetuosos y capaces / Jane Nelsen

Cómo educar con firmeza y cariño : disciplina positiva / Jane Nelsen.– Barcelona : Medici, D.L. 2007.

Resultado de imagen de Disciplina positiva para preescolares : educar niños responsables, respetuosos y capaces / Jane Nelsen

 

Disciplina positiva de la A a la Z : 1001 soluciones para los problemas cotidianos en la educación de los hijos / Jane Nelsen, Lynn Lott, Stephen Glenn.– 3ª ed. completamente rev. y act.– Barcelona : Medici, D.L. 2008.

Resultado de imagen de Disciplina positiva de la A a la Z : 1001 soluciones para los problemas cotidianos en la educación de los hijos / Jane Nelsen

 

Educar niños felices y obedientes con disciplina positiva : estrategias para una paternidad responsable / Virginia K. Stowe, en colaboración con Andrea Thompson ; [traducción de Joan Carles Guix].– Barcelona : Oniro, [2001]

Resultado de imagen de Educar niños felices y obedientes con disciplina positiva : estrategias para una paternidad responsable / Virginia K. Stowe,

Y si queréis ir abriendo boca, compartimos los cinco criterios a tener en cuenta para una disciplina positiva según la autora Jane Nelsen en su libro “Cómo educar con firmeza y cariño” son:

  1. Es amable y firme al mismo tiempo (respetuosa y motivadora)
  2. Ayuda a los niños a sentirse importantes (Conexión)
  3. Es eficaz a largo plazo
  4. Enseña valiosas habilidades para la vida (Respeto, habilidad para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidad…)
  5. Ayuda a que los niños desarrollen sus capacidades y sean conscientes de ellas
Advertisements

Concerto “Fíos do querer” para público de 1 a 5 anos

Dende a Biblioteca de Monte Alto, queremos convidar ás familias a un espectáculo único e orixinal que terá lugar o vindeiro martes 22 de novembro ás 18.00 h. Cé orquestra pantasma presentará o seu traballo “Fíos do querer” . Se tedes nenos e nenas de entre 1 e 5 anos, non podedes deixar pasar esta ocasión.

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular.

“Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo”. Estas verbas serven para presentar o traballo en formato libro-cd de Cé orquestra pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para os máis pequenos da casa. Cada canción está acompañada por unha fermosa ilustración por conta de Cristina Ouro.

palminasbarqueiro

Lembrade que para poder asistir, é necesario reservar praza. Requírese unha inscrición previa a través da nosa páxina web , no mostrador da biblioteca ou chamando por teléfono ao 981184382. O prazo de inscrición remata o martes día 22 de novembro ás 17.00 h e todavía quedan prazas dispoñibles, así que animádevos a traer aos vosos fillos e fillas.

Para coñecer  un pouquiño máis o traballo deste artista podedes visitar a súa páxina Cé orquestra pantasma no Facebook e facervos unha idea do marabilloso concerto que terá lugar na biblioteca. Pero para adiantarvos un añaquiño do mesmo, aquí deixámosvos este fermoso video promocional do libro-cd “Os fíos do querer“. Non volo podedes perder!

Comezamos os bebencontros nas Bibliotecas Municipais da Coruña

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2016-2017 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales.

Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros. E se aínda non sabedes que son e qué facemos nas bebetecas, lede, lede… qué é unha bebeteca.

Bbencontros das Bibliotecas Municipais da Coruña

Como bibliotecas públicas  que somos brindamos aos nenos a oportunidade de experimentar o desfrute da lectura e a emoción de descubrir o coñecemento e as creacións da imaxinación. Aos pequenos débeselles estimular a usar a biblioteca dende unha idade temperá xa que así será máis probable que sigan sendo lectores no futuro, é todo isto pretendemos levar a cabo nos bebencontros aos que podedes acudir co vosos bebes cos convites que repartimos neste blog a semana anterior á celebración da actividade.

Como acadar unha praza para un bebencontro: Preinscrición: prazas limitadas

Para poder participar nos bebencontros requírese unha inscrición previa a través da nosa páxina web www.coruna.es/bibliotecas. O prazo de inscrición ábrese 7 días antes á celebración da actividade a partir das 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para calqueira dúbida ou información podedes acudir persoalmente as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono.

Recorda que nas nosas bibliotecas contamos con ordenadores dispoñibles con conexión a internet gratuita. Así, en horario de apertura dos nosos centros, consulta horarios,  podes acceder a eles para facer a inscripción, tamén co apoio e asesoramenteo do persoal bibliotecario.

Os espazos para os nosos pequenos lectores

No resto das nosas bibliotecas, aínda que non conten cun espazo propio, existen zonas destinadas aos máis pequenos, equipados con gran cantidade de materiais de lectura en diferentes soportes para as primeiras idades, asesoramento por parte dos bibliotecarios e un servizo de préstamo.

bebeteca

Se queres descubrir  como gozan os nosos lectores máis pequenos nas sesións de anos anteriores visita a Galería Fofográfica de Flickr de Bibliotecas Municipais, Bebeteca. E para estar ao tanto de cada unha das sesións aqui tedes o calendario para este curso 2016-2017:

calendario bebencontros 2016/2017

Así que tomade nota, porque o sábado 8 de outubro ás 10.00 h. repartimos os convites para o bebencontro para bebes de 13 a 24meses da biblioteca do Forum do vindeiro 15 de outubro.

Comeza Merendas con contos para nenos de 3 a 7 anos

Iniciamos unha nova tempada do programa “Merendas con contos” para nenos de 3 a 7 anos. Peluxe e Plumas convidan a todos aqueles que queiran asistir a unha suculenta merenda. O menú, como non! contos de aquí e de alá, de antes e de agora, que lles contaron ou que leron. Peluxe e Plumas cantan, contan, dramatizan e orientan estes encontros á procura de estratexias que provoquen a lectura en familia.

Peluxe e Plumas

Podedes retirar as invitacións unha semana antes da celebración do contacontos a partir das 10 h. a través da nosa páxina web   ou acudindo a algunha das nosas bibliotecas.

calendario merendas con contos 2015-2016

Achegámosvos un calendario coa programación completa para que non perdades ningunha e se tedes algunha dúbida, escribide a bibliotecas@coruna.es

Nova actividade para raparigos de 2 e 3 anos: CantoConto!

logo CantoConto!Os cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros crecen, por iso este ano temos un novo programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura: Nace CantoConto!, unha actividade para nen@a de 2 e 3 anos.

CantoConto! é un contacontos diferente, familiar, para cantar, bailar, escoitar e compartir historias que terá lugar nas bibliotecas municipais de Castrillón, Fórum, Monte Alto e Sagrada Familia cada 15 días de 18.00 a 19.00 horas.

Sesións cheas de maxia, nas que rodeados de contos compartiremos historias e moitas melodías que se celebrarán cada quince días.

Para poder participar en CantoConto! requírese inscrición previa (só os nenos e nenas necesitan inscrición. Unha mesma persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións por sesión) a través da web das bibliotecas. A inscrición ábrese unha semana antes da celebración de cada sesión, ás 10 horas.

Consulta as datas no calendario e lembra que o vindeiro xoves 15 de outubro ás 10.00 h. xa podedes inscribiros dende a web para a primeira sesión de CantoConto! que terá lugar na Biblioteca do Forum:

CALENDARIO CANTOCONTO!

Comezan os bebencontros nas Bibliotecas Municipais da Coruña

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2015-2016 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales.

Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros. E se aínda non sabedes que son e qué facemos nas bebetecas, lede, lede… qué é unha bebeteca.

Bbencontros das Bibliotecas Municipais da Coruña

Como bibliotecas públicas  que somos brindamos aos nenos a oportunidade de experimentar o desfrute da lectura e a emoción de descubrir o coñecemento e as creacións da imaxinación. Aos pequenos débeselles estimular a usar a biblioteca dende unha idade temperá xa que así será máis probable que sigan sendo lectores no futuro, é todo isto pretendemos levar a cabo nos bebencontros aos que podedes acudir co vosos bebes cos convites que repartimos neste blog a semana anterior á celebración da actividade.

Como acadar unha praza para un bebencontro: Preinscrición: prazas limitadas

Para poder participar nos bebencontros requírese unha inscrición previa a través da nosa páxina web www.coruna.es/bibliotecas. O prazo de inscrición ábrese 7 días antes á celebración da actividade a partir das 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para calqueira dúbida ou información podedes acudir persoalmente as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono.

Recorda que nas nosas bibliotecas contamos con ordenadores dispoñibles con conexión a internet gratuita. Así, en horario de apertura dos nosos centros, consulta horarios,  podes acceder a eles para facer a inscripción, tamén co apoio e asesoramenteo do persoal bibliotecario.

Os espazos para os nosos pequenos lectores

No resto das nosas bibliotecas, aínda que non conten cun espazo propio, existen zonas destinadas aos máis pequenos, equipados con gran cantidade de materiais de lectura en diferentes soportes para as primeiras idades, asesoramento por parte dos bibliotecarios e un servizo de préstamo.

bebeteca

Se queres descubrir  como gozan os nosos lectores máis pequenos nas sesións de anos anteriores visita a Galería Fofográfica de Flickr de Bibliotecas Municipais, Bebeteca. E para estar ao tanto de cada unha das sesións aqui tedes o calendario para este curso 2015-2016:

calendario bbencontros 2015-2016

Así que tomade nota, porque o sábado 10 de outubro ás 10.00 h. repartimos os convites para o bebencontro para bebes de 0 a 12 meses da biblioteca do Forum do vindeiro 17 de outubro.

Músicas para unha bebeteca

Hai tempo que tiñamos ganas de compartir con vós un post centrado nas músicas que empregamos nas sesións da nosa Bbteca, tanto para poñermos en común a importancia que nós lle outorgamos ao emprego da música como ferramenta comunicativa cara aos bebés como tamén pola posibilidade que abre para sabermos a vosa opinión sobre a escolla e o uso que facemos das diferentes músicas ao longo do calendario anual do programa.

A música foi protagonista das nosas sesións

A música foi protagonista das nosas sesións

Como sabedes -e quen tivestes ocasión de facer parte dos Bbencontros podedes acreditalo- a música é, sen dúbida, un dos factores máis importantes no deseño e no desenvolvemento das nosas sesións. Axúdanos a crear un ambiente propicio para a presentación dos contidos, contribúe a suxerir emocións e a reforzar os elementos visuais cos que traballamos as historias -a nivel xestual e corporal-  e marca os diferentes momentos do bebencontro: na benvida, con ritmos máis dinámicos; no desenvolvemento dos contos, con músicas axeitadas para o seu acompañamento; na exploración final, con melodías máis relaxantes. A importancia do uso das músicas é tal que moitas veces é o texto quen se subordina ao ritmo da propia canción, por ser esta quen mellor transmite as sensacións e os contidos que queremos facer chegar aos bebés.

Wim Mertens, Mundo Livre S.A., Bjork… moitas foron as músicas da nosa Bebeteca

Canto á escolla, o criterio que empregamos é simplemente que resulten axeitadas para comunicar o que queremos, sen nos limitar a ningún estilo ou prexuízo estético previo. O resultado, desta maneira, é ecléctico e rico en matices, e para nós vólvese un pracer comprobar como poden interactuar textos e ilustracións dirixidas aos máis pequenos con cancións que non definiriamos nunca como infantís. O resultado, do noso punto de vista, é suxerente, interesante e, sobre todo, eficaz. Funciona, gusta, acompaña. Mantén a atención dos bebés e reforza os contidos a transmitir.

Fanfare Ciocarla, Moby e Tom Zé foron algúns dos artistas que empregamos nos Bebencontros

Fanfare Ciocarla, Moby e Tom Zé foron algúns dos artistas que empregamos nos Bebencontros

Lembramos por iso aquí algunhas das maridaxes propostas. Eric Carle con Duke Ellington ou The Cure, Hervé Tullet con Bjork e a Orquestra Riverside, Paula Bossio con St. Germain, Strauss e Dave Brubeck, Noemí Villamuza con Tom Zé, Guadi Galego, Fanfare Ciocarlia e Moby, Jo Lodge con Wim Mertens e Toquinho… En definitiva, unha verdadeira festa de combinacións sen complexos, de mesturas capaces de provocar o gozo estético tanto dos bebés como dos pais e nais asistentes.

Mais se en todos os casos as músicas seleccionadas resultan básicas para o desenvolvemento das sesións, nalgunhas foron directamente as súas protagonistas centrais. Ocorreu desa maneira, por exemplo, na deseñada arredor da tradición dos arrolos e das cantigas de berce (na que empregamos diferentes creacións de Xabier Díaz e do seu fermosísimo disco Arrolos de salitre) e igualmente na que desenvolvemos para traballar a multiculturalidade, para a cal aproveitamos diferentes volumes da estupenda colección de Kókinos sobre as músicas do planeta, singularmente os relacionados coa África negra e o mundo da lusofonía.

Gustaríanos, porén, complementar este noso post coa vosa opinión. Interésanos saber que vos pareceu o emprego das músicas naquelas sesións das que fostes partícipes, e igualmente coñecer a vosa experiencia particular, nos vosos fogares, con artistas ou con cancións en concreto, en relación á atención, emoción e resposta dos vosos bebés.

A estas alturas xa seguramente teredes lido moito sobre o efecto Mozart, ou saberedes da importancia de xogar e investigar sobre a clase de música da que gosta o voso bebé. Escoller diferentes tipos de música e ver as súas reaccións pode ser un exercicio, neste sentido, útil e divertido a un tempo. Polo que indican os expertos, ao comezo é probable que lle agraden as músicas máis suaves, para despois ir variando os seus gustos a medida que vaia medrando.

En fin, neste post non tiñamos máis pretensión que facer unha simple achega ao papel da música nos nosos Bebencontros e, por extensión, aos beneficios do uso da música como ferramenta para a estimulación dos bebés. Agardamos que fose do voso interese e convidámosvos a seguir experimentando pola vosa conta. E aínda que o programa dos BBencontros xa rematou e non volveremos até o mes de outubro, neste caso non queremos marchar “coa música a outra parte”. Que quede con nós e que non nos falte!

Aplauso final para un post musical

Reparto de entradas para os bebencontros do 23 de maio

Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 0 a 12 meses

Sábado 23 de maio, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)

Sábado23 de maio, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade)

Sábado 23 de maio ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (25 prazas compartidas co seguinte tramo de idade) ENTRADAS ESGOTADAS

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Sábado 23 de maio ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (25 prazas compartidas co anterior tramo de idade)  ENTRADAS ESGOTADAS

Sábado 23 de maio ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)  ENTRADAS ESGOTADAS

Sábado 23 de maio, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co anterior tramo de idade)

Bebeteca Ágora

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

ACTUALIZACION: XA NON QUEDAN PRAZAS PARA OS BBENCONTROS DESTA SEMANA

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

O 17 de maio máis noviño

Estamos xa na semana do 17 de maio, Día das Letras Galegas, e desde este blog queremos aproveitar a data para falarmos de algo que nos incumbe e nos apetece poñer en común con todas e todos vós: a produción cultural infantil en lingua galega e a súa vizosa realidade actual.

En efecto, duns anos para acó vimos observando con alegría o crecente peso e a maior visibilidade que a produción cultural para nenos e nenas está a gañar na nosa sociedade. Dicimos con alegría e facémolo conscientemente, porque entendemos que a vivencia íntima de libros, concertos, discos, contacontos, teatro… desde ben pequeniños vai contribuír, de seguro, a educarmos aos pequenos dunha maneira que ha permitir que no futuro teñan unha relación máis natural e gozosa cos diferentes ámbitos artísticos, e tamén que se sintan motivados para desenvolver as súas propias capacidades creativas.

Se este proceso, ademais, se fai en galego, mel nas filloas! A nosa lingua segue moi necesitada de impulsos positivos que axuden a normalizar a súa situación e a fagan estar presente na vida das crianzas, especialmente en contextos nos que isto non está garantido, caso da maioría dos entornos urbanos. Por poñer un exemplo, resulta do máis habitual que na nosa biblioteca moitos pais e nais soliciten un libro para os fillos e que, estando este dispoñible, o acaben rexeitando polas dificultades que teñen os pequenos e pequenas para a súa comprensión. Esta anomalía na relación co idioma propio entendemos que debera facernos reflexionar sobre dous aspectos: colectivamente, sobre o fracaso dun modelo educativo que non é capaz de garantir o coñecemento axeitado das dúas linguas oficiais, mais tamén individualmente sobre os propios problemas de (auto) estima que padecemos en relación á nosa cultura e identidade.

MATERNIDADE E CREACIÓN

Un dos fenómenos que están a protagonizar o momento actual da nosa cultura é o da aparición de diferentes traballos artísticos que teñen como punto de orixe a experiencia da maternidade.  A xornalista Carme Vidal recolle  esta cuestión no número 144 do semanario Sermos Galiza (7 de maio de 2015) nun artigo titulado “As maternidades irrompen na cultura”.

Guadi Galego, María Lado, Susana Seivane, Mónica Alonso… diversas son as creadoras de noso que están a reflectir nas súas obras a experiencia de seren nais. A primeira delas faino nun disco igual de bonito que de exitoso, Lúas de outubro e agosto, que está a ser a gran sensación do ano na música galega.  Con cancións como Mergullei, Sentir ou co videoclip Matriarcas mesmo conseguiu “levar  a maternidade a primeiro termo do debate cultural”, xerando unha sucesión de artigos de voces como Helena Miguélez ou Carme Adán. Ao respecto do tema a autora sinala que “foi unha revolución, non contabamos con tanta aceptación. Converteuse en viral. Defendo que ese sentimento do matriarcado existe en Galiza e esa maneira de verbalizalo con música fixo que moita xente se sentise próxima”.

Seguindo no campo da música, a gaiteira Susana Seivane vén de presentar o seu novo single Esperando a Fiz, adianto do disco no que quixo recoller todas as emocións do embarazo e da posterior chegada ao mundo do seu primoxénito Fiz. É, nas súas propias palabras, “un disco romántico, evocador e inspirador” onde a artista centra por vez primeira as súas creacións nun público claramente familiar, para pais, nais, fillos e fillas.

Mudando das cancións á escrita, moi recomendábel é o libro de poemas Oso, mamá, si? da ceense María Lado, na que a poeta evoca o que a maternidade ten “de bonito mais tamén de doloroso”. O libro comeza no parto e trata temas diversos, da volta traumática ao traballo á vivencia dos medos e ilusións que provoca achegada dunha nova criatura. O libro engarza dalgún modo co clásico Darío a diario, no que a desaparecida Xela Árias visitaba a súa experiencia da maternidade e que hoxe está considerado como o claro precedente de toda a literatura posterior que abordou, dun ou doutro xeito, o tema (Teresa Moure, Inma López Silva, …).

montaxe

UN MUNDO DE MÚSICAS INFANTÍS

Se a presenza da maternidade na creación de noso é fenómeno que ocupa o presente da nosa cultura, a vitalidade da escena musical galega dirixida ao público infantil leva sendo noticia feliz dos últimos anos.

Mamá Cabra, Migallas, Pirilampo, Pablo Díaz, Magín Blanco, María Fumaça, … son algúns dos nomes que se están a facer habituais para o lecer dos nosos nenos e nenas, sexa en actividades e concertos ao vivo sexa en formato físico para desfrutar no espazo familiar. Pola imposibilidade de ir desenvolvendo unha a unha todas as propostas que consideramos de interese facemos unha única recomendación xeral: visitade e mergulládevos no blog Aliali.gal, que recolle boa parte da oferta hoxe existente.

A maior abondamento, achamos que resulta tamén de interese constatar a tendencia, cada vez máis habitual, que leva a artistas da escena pop adulta a se interesar pola creación de músicas para a infancia, tanto en Galiza como fóra dela. Casos relevantes que vos convidamos a coñecer son os da galega Uxía, a brasileira Adriana Calcanhotto ou as integrantes dos grupos indie asturianos Nosotrash e Pauline en la Playa. A primeira é impulsora de traballos como María Fumaça, Rosalía Pequeniña ou Xiqui xoque fiú fiú, de éxito notable nos últimos anos, a segunda muda en Adriana Partimpim cando elabora coloristas e delicados discos para os máis pequenos e as terceiras crearon Petit Pop para tocaren pop e rock para os fillos e fillas dos colegas e delas mesmas.

Como vedes, as posibilidades ás que se achegar son moitas e ben variadas. Agardamos que nos parágrafos anteriores atoparedes motivos para afondar máis pola vosa conta nas diferentes propostas que fomos citando e que, coma nós, compartades o desexo dun futuro cheo de primaveras para a nosa lingua e os nosos pequenos e pequenas.

Reparto de entradas para a festa final dos bebencontros da Biblioteca Infantil

Finalizamos os Bebencontros deste ano na Biblioteca Infantil cunha festa moi especial. Pablo Díaz utilizará a música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos nunha sesión na que as historias, a fantasía e a ilusión serán os protagonistas.

  • Para bebés de 0 a 36 meses

Sábado 16 de maio, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (20 prazas)

Bebeteca Infantil

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

ACTUALIZACIÓN: Nestes momentos todas as prazas están agotadas.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

%d bloggers like this: