Author Archives: aceleiro

CantoConto!: Glub, glub, glub

pitocantor

 

Esta semana chegamos á décima sesión de CantoConto!, que titulamos “Glub, glub, glub” xa que decidimos descubrir contos, rimas, libros informativos e cancións onde os animais mariños son os protagonistas.

pablo1

Tic tac.

Comenzamos escoitando a Pablo Díaz, cantando e bailando  “Imos contar un conto”. A continuación falamos  dos animais mariños  e  decatámonos que ao vivir nunha cidade con mar e Acuario podemos ver de cerca moitos destes animais que tanto nos gustan. Resultou que os asitentes a CantoConto! son uns especialistas en peixes, coñecen  moitos, de moitas clases diferentes e ata algún que outro famoso!

Descubrimos unhas fermosas poesías  no libro “Ripios y adivinanzas del mar”, de Fernando del Paso, ilustrado por Jonathan Farr.

 

ripios-y-adivinanzas-del-mar-calamarAunque no escribe ni pinta,

me asegura un calamar

tener suficiente tinta

para pintar todo el mar.

 

 

 

Tamén gozamos con outro dos nosos contos favoritos “Nadarín“, de Leo Lionni, gran artista, recoñecido internacionalmente e con máis de 40 obras aclamadas pola crítica especializada, moitas delas están dispoñibles nas Biblioteca Municipais.

descarga.

E como sempre rematamos  a sesión cantando, nesta ocasión non podíamos esquecernos da nosa peixeira favorita, “Manola”, canción  incluída no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de  María Fumaça, editado por Galaxia.  Podes escoitala canto queiras na nosa lista de reproducción de YouTube9788498655216

recomendamos-cantoconto

  • El pez Arcoiris /  Marcus Pfíster. Beascoa, 2005
  • Don caballito de mar / Eric Carle. Kókinos, 2005
  • Animales marinos. Bruño, 2006.
  • Océanos e mares / Nicola Davies. Baía, 2007
  • Los animales marinos al dedillo /  Nathalie Choux. Combel, 2011
  • Acuario / María Canosa; Dani Padrón.  Embora, 2012
  • A mares / María Jesús Jabato; Rocío Martínez. Factoría K de Libros, 2014

Podes visitar a nosa galería de Flickr para ver as fotos desta sesión. Ata pronto!

 

 

CantoConto!: Somos artistas

pitocantor

Unha semana máis comenzamos a sesión de CantoConto! coa canción de Pablo Díaz “Imos contar un conto”, que cada vez coñecemos mellor e que nos encanta escoitar na biblioteca.

cavalo-azul-g_01Esta semana visitounos Ole, que está moi emocionado pois comenzou a pintar, inspírase na biblioteca con moitos dos libros de arte e manualidades que temos na sección de Saber e coñecer, coa boa música e por suposto, cos contos.

Temos moitos pequenos grandes artistas que non dubidan no emprego das cores e que nos axudaron a contar o conto “O artista que pintou un cabalo azul“, de  Eric Carle,  escritor e ilustrador estadounidense que leva editados máis de setenta libros distribuidos arredor de todo o mundo e traducidos a máis de cincuenta idiomas. Nas Bibliotecas Municipais poderás atopar moitas das súas obras.

900-257-261-6_gLogo proxectamos a historia de “Matías dibuja el sol”, de Rocío Martínez. A Matías tamén lle gusta pintar, está practicando e esfórzase para facer o mellor debuxo do sol pero comprobamos que  non todos vemos o mesmo nas obras de arte.

 

51k57nynshl-_sx258_bo1204203200_Dentro dos nosos libros favoritos sempre están os da colección “Do berce á lúa“, de Antonio Rubio e Óscar Villán, nesta ocasión contamos, xogando coas imaxes e as rimas, o conto de “Crocodilo”.  Non cansamos de  recomendar  esta colección publicada por Kalandraka.

 

Para rematar a sesión, escoitamos a Mamá Cabra coa canción “Son un artista”,  incluída no libro-cd-dvd ‘Ola, ola, la!’, da Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2010, xa coñecida para moitos dos asistentes e un gran descubrimento para quen non a coñecía, animándonos a cantar e bailar.  Podes escoitala canto queiras na nosa lista de reproducción de YouTube

recomendamos-cantoconto

  • Soy un artista / Marta Altés. Blackie Books, 2014
  • El punto / Peter H. Reynolds. Serres, 2003
  • El sueño de Matías / Leo Lionni. Lumen, 1992
  • Mis primeras manualidades : para descubrir el placer de crear / Isabelle Bochot. San Pablo, 2015
  • Plastilina / Anna Llimós. Parramón, 2005
  • Manualidades ecológicas para niños / Kate Lilley. Juventud, 2014

Deixámosvos unhas fotos das sesións nas bibliotecas na nosa conta de Flickr

 

 

CantoConto!:Xogamos

 

logo CantoConto!

En CantoConto! estamos moi emocionados polas datas nas que nos atopamos;968-16-7182-1_g durante estes días preparamos a chegada do Nadal, e con el as vacacións e o tempo  para estar en familia. Alégranos poder aproveitar este tempo de lecer para descansar, ler, escoitar música, xogar… Falamos dos nosos xogos e xoguetes favoritos,  escoitamos atentamente o conto “Olivia y el juguete desaparecido“, de Ian Falconer, historia coa que nos identificamos e recomendamos tamén polas bonitas ilustracións.  Olivia é unha pequena porquiña cunha grande personalidade e imaxinación; poderás coñecela a través de outras historias do autor como “Olivia”, “Olivia y su banda”, “Olivia salva el circo”, “Olivia en Venecia”, etc. que podes atopar  nas bibliotecas municipais.

non-e-unha-caixa-g_01Nesta sesión tamén deixamos voar a imaxinación co conto “Non é unha caixa“, de Antoinette Portis, e fomos capaces de viaxar en globo, correr cun coche de carreiras, ser capitáns dun temible barco pirata,  alcanzar o cume dunha montaña, transformarnos en robots  e ata viaxar ao espazo exterior. Que mellor agasallo que unha caixa chea de momentos de xogo compartido?

 

Tamén compartimos un conto da escritora Estrella Ortiz, “El libro de la espera”, que atopamos na rede e pensamos en crear o noso propio libro da espera. O resultado final gustounos moito.
descarga

Rematamos a sesión xogando ás adiviñas con Golfiños, e a sua canción “Adiviñas”, do libro-cd  “Té, chocolate, cafe”. Usamos algunhas pistas, pero finalmente adiviñámolas todas.

E como sempre deixámosvos mais recomendacións desta sesión e lembrámosvos que podedes consultar o noso catálogo en liña.recomendamos-cantoconto

  • Día de lluvia / Ana María Machado ; ilustraciones de Francesc Rovira. – Madrid : Alfaguara, 2004.
  • Atrapados / Oliver Jeffers; [traducción de Mariana Mendía].– México : Fondo de Cultura Económica, 2012
  • ¿A qué jugamos Lilú? / Romeo P.- Zaragoza : Edelvives, cop. 2005
  • Jugando / Helen Oxenbury.- Barcelona : Juventud, 1990.
  • Juego de dedos / Hervé Tullet  : Kókinos, cop. 2007.
  • Juego de construcción / Hervé Tullet : Kókinos, 2008.
  • Juegos creativos para tu hijo : proyectos de juguetes educativos para niños de 2 a 4 años
  • Mis primeros juegos : juegos para niños entre 0 y 6 años / Ana Serna Vara.– 3ª ed.– Madrid : SM, 2002

Deixámosvos unha selección de fotos das sesións de todas as bibliotecas. Esperamos que vos gusten e non esquezades reservar a vosa plaza para a próxima sesión. Esperámosvos!

This slideshow requires JavaScript.

Cos avós en CantoConto!

 

final sen marco

Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas .

Falamos da importancia das relacións interxeracionais co conto: “El jardín del abuelo”  nesta historia, faise un percorrido pola vida dun home que está comezando a esquecer e, que esculpe as suas vivencias nos arbustos do seu xardín coa axuda e complicidade do seu neto. Conta con unhas delicadísimas ilustracións de Lane Smith, nas que xoga co protagonismo do verde das figuras que crean xuntos,  sobre o fondo branco.

Outro conto do que disfrutamos xuntos, foi “Regalos” no que se demostra o agarimo e xenerosidade que desprenden as avoas polos seus netos sendo quen de multiplicar por 10 a seu único agasallo, para repartilo coa sua decena de netiños.

E como en toda boa troula, rematamos cantando e bailando a pegadiza e alegre canción  “Miña abuela Manuela” do CD de Pan de millo do grupo Migallas.

Antes de marchar recomendamos lecturas, como non, e máis nestas datas nas que podemos aproveitar para agasallar aos nosos cativos con fermosas historias para compartir en familia.

Recomendamos CantoConto!

guia 1Sin título

Unha sorte poder compartir tempo de agarimo e contos, cos nosos pequechos de 2 e 3 anos e as suas familias.

Sin títuloTamén aproveitamos para presentarvos a guía de Nadal, unha selección  de pequenos tesouros  que nos gustan para regalar nestas datas. Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado e que implica pensar moito nos que o reciben; por iso, os títulos  van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos nas bibliotecas municipais durante estas datas.

 

Aquí tedes algunha das fotos que sacamos durante as sesións,  hai moitas máis na galería de Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.  Boas festas!

This slideshow requires JavaScript.

Reserva de entradas para o contacontos de 2 a 4 anos Contos enCantos na Biblioteca Castrillón

Para facilitarvos a tarefa de conseguir as entradas para os contacontos dos máis pequenos, a partir de hoxe,  permitimos as reservas de convites para participar na actividade para nenos de 2 a 4 nos, Contos enCantos na Biblioteca Castrillón. a través deste blog, pero se prefires podes achegarte a calquera das Bibliotecas Municipais e alí axudaremosche  a inscribirte.

ImaxeLembra que esta actividade está dirixida a familias con cativos de 2 a 4 anos;  e as reservas das 20 prazas son para o contacontos que terá lugar o próximo xoves 6 de febreiro, ás 18:30h na Biblioteca Castrillón.

As sesións son totalmente gratuítas e, se ademais es socia ou socio das Bibliotecas Municipais, poderás levar en préstamo materias especialmente escollidos para esta actividade.  E se ainda non es socio/a,  podes cubrir a solicitude e recoller o carné pasados dous días.

Se queres participar, cubre os teus datos no seguinte formulario,  atenderemos as solicitudes por rigurosa orde de entrada e enviarémosche por correo electrónico a confirmación de que estás inscrito/a ou en listaxe de agarda nas próximas horas.

Unha vez que recibas a confirmación deberás pasar pola Biblioteca Castrillón ata a víspera da sesión (ata o mércores 5 de febreiro) para recoller o teu convite no mostrador da sala infantil.

XA NON QUEDAN PRAZAS PARA CONTOS ENCANTOS, OS QUE FIXECHEDES A RESERVA RECIBIREDES UN CORREO NAS PRÓXIMAS HORAS.

E lembra que se non queres que a tua nena, o teu neno  ou ti mesmo,  saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para difundirmosn este e outros programas e servizos,  fáinolo saber na biblioteca.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a que os seus datos persoais poderán ser inocorporados a un  ficheiro do  Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita lei.

Contos enCantos na Biblioteca Castrillón

caperucita

 Esta preciosa imaxe da Carapuchiña Vermella (Silvia Gándara) representa a nova actividade que estamos levando a cabo na Biblioteca Municipal de Castrillón e da que hoxe vos presentamos o calendario das próximas sesións. Contos enCantos é un contacontos dirixido a cativos/as de 2 a 4 anos.

Reparto de invitacións

As entradas repartiranse os xoves anterior á sesión nun formulario que se habilitará neste blog a partir das 10:00 horas.
Se queres participar, cubre os teus datos, atenderemos as solicitudes por orde de entrada e enviarémosche por correo electrónico a confirmación de que estás inscrito/a ou en listaxe de agarda.

Unha vez que recibas a confirmación deberás pasar pola bilioteca ata a víspera da sesión para recoller o teu convite no mostrador da sala infantil.

calendario

Durante estas sesións, facilitamos un primeiro achegamento, sosegado e pracenteiro, das familias cos seus nenos/as e axudámoslles a descubriren os recursos e espazos da Biblioteca para así desfrutaren dela desde pequenos. Descubriremos unha gran variedade de contos, música, xogos, ritmos, personaxes, etc. e viviremos momentos máxicos de lecturas compartidas gozando das palabras e dos sons.

Os recursos utilizados durante esta actividade están dispoñibles nas Bibliotecas Municipais e pódense levar en préstamo.

Estes son algúns dos materiais que utilizamos.

tralari tres porquiños estrella gina lua ola ola tic tac todo el mundo va

É preciso resaltar que os pais/nais sodes unha peza clave nesta actividade, pois participades, desfrutades, apoiádesnos e, sobre todo, estades cos vosos nenos e nenas, co que conseguides así que para eles sexa un momento máxico de diversión e de tenrura.

 

Cuentos que permiten educar sobre la diversidad sexual

En la actualidad, existe una gran variedad de cuentos infantiles para abordar el tema de la diversidad sexual, los cuales acercan a los niños a su realidad, promoviendo actitudes de empatía, respeto y tolerancia.
Desde las Bibliotecas Municipales recomendamos estas lecturas para compartir con vuestros hijos, para que poco a poco comprendan qué es la diversidad sexual, de acuerdo a su edad y desarrollo cognitivo.

Colección Manu. Manu es una colección de álbumes ilustrados de cartón dirigidos a niños y niñas de 0 a 3 años. Cada título explora una situación o un conflicto de la vida diaria de Manu y sus dos mamás. Los libros son bilingües (inglés-español).
Están escritos por Lucía Moreno Velo e ilustrados por Javier Termenón Delgado.

Manu pone la mesa                          Manu no!                                  Manu se va a la cama

 Manu pone la mesa                   Manu no                  Manu se va a la cama

      Dirigidos a niños ya en edad escolar os recomendamos otros títulos que podeis encontrar en el catálogo de nuestras bibliotecas .

tres con tango    piratas y quesitos       las cosas que le gustan a fran       isla magica     esta bien ser diferente  ana y los patos  titiritesa   dia ra vermella   rey y rey   nos gustamos

orgullo

El Día del Orgullo Gay, también conocido como Día Internacional del Orgullo LGBT (lesbiana, gay, bisexual, transexual), se celebra cada 28 de junio para reivindicar tolerancia y libertad para aquellos colectivos de personas no heterosexuales.

El año pasado desde las Bibliotecas Municipais da Coruña, inauguramos una wiki que aglutina materiales que tratan la temática LGTB: cine, series de televisión, libros, divulgación, etc

 

Durante la semana del orgullo, además, hemos publicado en nuestros blogs entradas reflexionando sobre este tema. Dos de ellos tomando como base dos de los cuentos que mencionamos aquí:

Tres con tango en el blog del Club de ciencia e investigación, y Rey y Rey en el del Club de lectura.

Leer para crecer

Queremos enseñaros un recurso disponible en internet y elaborado por el Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil “Leer para crecer. Primeros conceptos para descubrir el mundo”.

      Se trata de una selección de recursos de lectura para entretener a niños pequeños y ayudarles a adquirir conocimientos básicos.

untitledContiene libros, música, películas, aplicaciones y páginas web sobre temas relacionados con conceptos básicos de los primeros aprendizajes.Está organizado en siete apartados, que se corresponden con las franjas de edad más significativas desde el punto de vista de la adquisición de habilidades, desde el nacimiento hasta los 6 años.

%d bloggers like this: