Bebencontros

Actividade dirixida a familias con nenos e nenas de 0 a 2 anos

En que consisten os Bebencontros?

Os Bebencontros son sesións que se fan nas bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña: Ágora, Fórum, Os Rosales e Infantil e Xuvenil.

Nestas sesións, a biblioteca preséntase como un espazo aberto á vosa presenza e á vosa participación. Dásevos a oportunidade de descubrir xuntos aspectos como o valor da narración nas primeiras idades, a importancia de contarlles contos ás crianzas antes de que saiban ler e a necesidade de que a familia se implique nese labor de crear e alimentar os hábitos da lectura.

Como participar?

Para poder participar nas sesións requírese unha inscrición previa.

O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade. Ás 10:00 h da mañá habilitarase na web de bibliotecas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

 

Biblioteca 0 a 12 meses 13 a 24 meses Prazas Frecuencia
Biblioteca Ágora sábados 11.00 h sábados 18.00 h 10 Mensual
Biblioteca Fórum Metropolitano sábados 18.00 h sábados 18.00 h 6 Mensual
Biblioteca Infantil e Xuvenil martes 11.00 h, e sábados 18.00 h sábados 18.00 h 10 Mensual
Biblioteca Os Rosales sábados 11.30 h sábados 11.30 h 15 Mensual

..: Calendario de los Bebencontros en las distintas Bibliotecas Municipales 

Calendario bebencontros 2017/2018

Non te esquezas de preguntar polos BEBELOTES:

Servizo de préstamo (hazte socio/a, é gratuito) temporal dunha mochila con material de lectura de diferentes temáticas, xéneros e soportes dirixidos ao fomento da lectura no fogar.

IMG_4905

Advertisements

52 thoughts on “Bebencontros

Add yours

  1. Hola
    Son un Hadrian, cumplin fai uns dia 2 anos e estou moi contento de andar a crecer .. claro que agora son demasiado maior para os bebeencontros e demasiado pequeno para ir coas actividades da biblioteca de infantil que comenzan entre os 3-4 anos…
    ¿ Os nenos e nenas entre 25 e 36 meses non contamos nas bibliotecas?
    Saudos…

    1. Ola Hadrian! Alegramonos de que sigas medrando e por suposto que os nenos coma ti contades e moito nas nosas bibliotecas. Para os maiores de 24 meses temos na Biblioteca do Forum e na Biblioteca Castrillón dous programas destinados a vosa idade:

      Contos encantos na Biblioteca Castrillón https://www.facebook.com/events/196480270537411/

      Os nosos contos na Biblioteca Fórum Metropolitano https://www.facebook.com/events/440463166065607/

  2. Que ben!! Pois preguntare no Castrillon que vou moitas vewces a xogar a praza de Pablo Iglesias.. a ver se xa esta posto o calendario do 2014!!!
    Feliz Nadal..

  3. No es en esta página donde aparece u formulario para inscribirse en los bebencontros? Por varias veces he entrado lunes a partir de las 10h y no encuentro el formulario. Que hago mal?

    Gracias

    1. Ola Leticia!

      El formulario se publicada los lunes a las 10.00 cuando hay reparto en la página principal https://bebeteca.wordpress.com ahora mismo puedes verlo, pero una vez que se acaban las entradas, actualizamos la información informando de que ya no quedan entradas y por tanto se cierra el formulario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: