Un verán con libros para os máis pequenos


Nas Bibliotecas Municipais sabemos que nunca é demasiado cedo para introducir os contos na vida dos máis pequerrechos, amosándolles historias, e proporcionándolles estímulos que acrecenten a súa curiosidade polos libros e a “vida” que conteñen.

Por iso, no noso catálogo web poderedes atopar moitos recursos destinados a estos “miniusuarios”.

Aquí tendes unha selección dalgúns dos títulos ao teu dispor nas bibliotecas:

  • El bebé jefazo : como él mismo / Marla Frazee.– Madrid : Cubilete, 2017.

Neste conto, atoparémonos ca figura do irmán pequeno e o que supón para o neno a chegada doutra personiña ca que terá que compartir todo…. incluso ós pais!

  •    1, 2, 3_¡Mío es! / Margarita del Mazo ; Cecilia Moreno.– Madrid : Jaguar, 2016.

Interesante libro, ideal para amosar o importante que é compartir, narrado dende a figura de Ramón, un rapaz ao que o seu amigo Leo lle quita o balón… Como será a súa reacción?

  •   Mamás y bebés : explora los animalitos.– New York (USA) : Parragon, cop. 2015.

Este libro permite ó bebé tocar e explorar as diferentes texturas nos corpos dos cadeliños ou patiños, entre outros moitos animáis.

  • Mi primer libro de las estaciones / Xavier Deneux.– Madrid : SM, 2015.

Un libro de sensacións, de tacto no que en cada estación o neno poderá tocar e sentir a textura das diferente prendas de roupa do seu protagonista… Que diferenza haberá entre unha camiseta de verán, e un plumífero de inverno?

  • Toca los colores. Negro y blanco.– Barcelona : Planeta, 2015.

Libro de texturas que introduce ó neno no mundo das cores.

  •    5 patitos / Margarita del Mazo ; Cecilia Moreno.– Madrid : Jaguar, 2016.

Os “5 patitos” é unha das mellores formas de achegar ós máis pequenos da casa ás diferentes cores, imaxes e texturas, dunha forma divertida e que sen dúbida, captará toda a súa atención.

  • Mi cara / Margarita del Mazo ; Cecilia Moreno.– Madrid : Jaguar, 2016.

Unha canción popular e un divertidísimo xogo no que se comparan as diferentes partes da casa ca cara dos máis pequenos, é a forma na que este libro estimulará a atención dos bebés.

  • Arturo el pez; Berta la ballena / [ilustraciones de Géraldine Cosneau].– Barcelona : Océano Travesía, 2015.

O baño é un dos momentos máis relaxantes para os bebés, e con este libro plástico, poderá desfrutalo xunto ao peixe Arturo e a balea Berta, descubrindo un novo mundo cheo de novas experiencias sensoriais.

  • ¡En marcha! : libro de contrastes / [creado por Roger Priddy ; ilustrado por Holly Jackman].– [Barcelona] : Titiris, 2013.

De pequeno e resistente formato, este libro a proba de bebés, captará a súa atención con divertidas cores e formas, e con marcados contrastes que axudarán a estimulación visual do pequeno.

 

Captura

Cubertas dos libros recomendados.

 

Advertisements

Posted on Xullo 4, 2017, in 0 a 36 meses, A bebeteca recomenda and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: