CantoConto!: “Non hai maneira”


Na 11ª sesión de CantoConto!: “Non hai maneira”, adentrámonos na búsqueda da nosa propia identidade, afondamos en sentirnos ben con nós mesmos, aprendimos a importancia das apertas e descubrimos moitas historias no noso curruncho reservado para CantoConto!

Como en todas as sesións comezamos cantando; e cantando que imos contar un conto ou, se cadra, catro… como di o noso amigo Pablo Díaz.

Acompañounos nesta sesión o noso querido Ole, mascota singular das Biblios e fermoso paxariño azul. Pero resulta que Ole non se sentía ben con el mesmo e tivémolo que convencer a través do conto “Por cuatro esquinitas de nada“, que tan ben narra Jérôme Ruillier

Este libro versa sobre a exclusión e a amizade. É unha historia deliciosa que nos lembra que, a pesar das nosas diferenzas cos demais, todos temos un sitio no mundo, e que moitas veces, aínda que nos empeñemos en ser como os demais, sempre hai algo que nos fai distintos. E iso non debería ser un problema nunca.

 

Aprendimos a desprendernos dos prexuízos e a valorar a amizade da man de Felipe, un pequeno cactus, o máis novo dunha longa estirpe de cactus importantes que lle dan importancia á aparencia e ao status. Pero Felipe non consegue empatizar con iso, porque o pobre Felipe só quere que alguén lle dea unha aperta. Pero, ai!, quen vai apertar a un cactus?

Este delicioso e emotivo albume, “Abrázame“, está escrito e ilustrado por Simona Ciraolo.

Presentamos a colección, “El mundo en fotos”, da editorial La Galera. A través dela descubrimos todas as culturas do planeta. Descubrimos que non todos somos iguais e que nesas diferencias radica a grandiosidade do ser humano.

A sesión finaliza coa presentación do libro-CD “A bruxa discordia: cancións para a paz” de Mamá Cabra, ilustrado por Iria Fafián. Bailamos e cantamos ao son da peza “A Danza da Paz”. Esta e outras melodías desfrutadas nas anteriores sesións, podédelas escoitar na lista de distribución de CantoConto! que temos no Youtube.

 

 

 

–   ¡Qué pena! / Rémi Courgeon.– Girona: Tramuntana, 2016.

–   Gigante poco a poco / Pablo Albo, Aitana Carrasco.– [S.l.] : Hermes: Almadraba, D.L. 2009.

–   El búho que quería ser gallo / Mick Manning, Brita Granström.– Madrid: Artime, 2007.

–   ¿Cuál es mi color? / Antoine Guillopé; Géraldine Alibeu; traducción de Ana Rey Kochinke.– Madrid: Anaya, D.L. 2006.

–   La mariquita y su puntito / África Coll.– Valencia: Brosquil, D.L. 2006.

–   Pequeno Azul e Pequeno Amarelo / Leo Lionni; traducción de Chema Heras e Pilar Martínez.– Pontevedra: Kalandraka, 2005.

–   ¡Hombre de color! / inspirado nun conto africano e ilustrado por Jérôme Ruillier.– Barcelon: Juventud, D.L. 2003.

–   Óscar y la gata de medianoche / Jenny Wagner; Ron Brooks.– Salamanca: Lóguez, D.L. 1999.

 

Estas recomendacións podédelas atopar consultando o noso catálogo en liña ou visitando as Bibliotecas Municipais de A Coruña.

Agardamos tivérades desfrutado con nós! Deixámosvos unha mostra do acontecido na galería Flickr das Bibliotecas Municipais. Vémonos na vindeira sesión!

Advertisements

Posted on Maio 2, 2017, in 13 a 36 meses, CantoConto!, contacontos, cuentacuentos and tagged , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: