Charla-obradoiro sobre porteo


Dentro do ciclo de charlas de Biblioteca Verde “Simplemente Vive” , o día 29 de marzo ás 19.00h., na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, adicámosllo ao porteo.

Cartel de SIMPLEmentePortea

Sendo conscientes do contacto “pel con pel”, do apego, dos agarimos, aloumiños que lles damos aos nosos bebés, e do que conleva  telos en brazos moito tempo, coidamos que unha boa opción é saber portealos.

Arkhè Espacio Educativo impartirá esta charla-obradoiro e poderemos coñecer os beneficios dun bo porteo así como as distintas formas para levar ós nosos pequechos sen facernos dano e ter a seguridade de que a súa saúde fisiolóxica non se verá afectada.

Aquí vos deixamos a ruta para inscribirvos.

Para facer boca, deixámosvos uns titoriais:

 

Tamén vos convidamos a que lle botedes unha ollada á bibliografía escollida para a charla, que as Bibliotecas municipais imos deixando no noso tablón de Pinterest e á seguinte selección de recursos web, que de seguro son moi interesantes e conteñen boa información ao respecto:

#recomendamosbmc

Agardámosvos na biblioteca coas vosas dúbidas e as vosas ganas de aprender.

 

Advertisements

Posted on Marzo 27, 2017, in A bebeteca recomenda, Actividades, Biblioteca Verde, ergonómico, porteo, saúde and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Ola. Suxírovos que estas charlas se poidan visualizar en video posteriormente porque onte intentei apuntarme e xa había moita xente en lista de espera. Considero que son moi instructivas e poderíades chegar a moita xente que quedamos fora. Grazas

    • Ante todo, desculpas pola tardanza en darche resposta @titasomozaTita, o teu comentario quedounos estraviado como spam.
      Moitas gracias pola túa aportación. De feito é algo que barallamos dende fai tempo e queremos poñelo en práctica na medida das nosas posibilidades. Intentarémolo ir facendo gradualmente, sobre todo con este tipo de encontros/charlas/obradoiros máis específicos, para que teñades acceso.
      Un saúdo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: