Nova sesión de CantoConto: “Pero ti qué pensas!”



Nova sesión de CantoConto! nas bibliotecas municipais. Nesta ocasión tocamos un tema tan importante como delicado: as diferenzas entre as persoas, a riqueza que iso implica para a sociedade, pero os problemas que pode sufrir quen o viva coma un obstáculo. As bibliotecarias quixemos facer unha declaración de intencións e declarámonos tan diferentes, particulares e singulares como o que máis. Que viva a diversidade!

Comezamos a tarde coa canción de Pablo DíazImos contar un conto“, un clásico de CantoConto! que peques e maiores cantan e bailan con alegría. Unha das cousas que máis nos unen é o gusto pola boa múscia, e Pablo é un artista que nunca decepciona.

O primeiro conto da tarde foi esta marabilla: “Ricitos de oso“, de Stèphane Servant e Laetitia Le Saux. Unha historia divertida sobre unha familia de osos que están a preparase para o Antroido. Cando o pequeno oso cóntalles que se quere disfrazar de Ricitos de Oso, cunha saia e coletas louras, papá Oso tentará por tódolos medios facerlle cambiar de idea. Pero a interrupción dun personaxe inesperado dará un xiro sorprendente á historia…

A continuación chegou un novo amigo, o “Monstruo rosa”. Contounos que, desde que naceu, sempre sentiu diferente do resto dos seus amigos: mais grande, máis torpe, menos serio e máis espontáneo. Como non conseguía ser feliz, emprendeu unha longa viaxe onde, tras varios días dunha longa travesía, conseguiu chegar a un lugar… case mellor deixemos que descubrades o final do conto por vós mesmos, seguro que vos gustará.

A canción escollida para rematar a tarde foi “Pero ti que pensas!“, da Banda Migallas (do seu disco “Zaragallada“). A historia comeza cun valse de voda e remata cunha rumba moi rebelde. Unha homenaxe a todas as mulleres que pelexan cada día por mellorar as súas condicións de vida.



Deixámos aquí unhas recomendacións de lecturas relacionadas coa temática da sesión:

Azul y Bertie / Kristyna Litten.– Barcelona : Blume, 2016.
Quen é ese becho? / [texto e ilustracións], Carmen Queralt ; [traducción, Manuela Rodríguez].– Pontevedra : Kalandraka, 2014.
¡Ves al revés! / Jeanne Willis ; ilustraciones de Tony Ross.– México : Fondo de Cultura Económica, 2008.
Tuk es Tuk / Claudia Legnazzi.– Buenos Aires : Del Eclipse, 2004.
Kiwi : un pájaro más bien raro / Susanna Isern; Rebeca Luciani.– La Seu d´Urgell (Lleida) : La Fragatina, 2012.
Monosapiens / [autor] Davide Calí, [ilustrador] Gianluca Folí.– [Granada] : Barbara Fiore, D.L. 2013.
Fede diferente / Miriam Koch.– Barcelona : Corimbo, 2013.
Un bicho raro / ilustraciones Emilio Urberuaga ; texto Paz Rodero, José Moraán.– Zaragoza : Edelvives, cop. 2003.
Elmer / David McKee.– Barcelona : Beascoa, D.L. 2006.
Lolo un conejo diferente / Guido Van Genechten.– Madrid : S.M., D.L. 2013.
¡Zas pum! / Heinz Janisch; Helga Bansch.– Salamanca : Lóguez, D.L. 2003.
Pájaro Amarillo / Olga de Dios [autora e ilustradora].– Zaragoza : Apila, 2015.
¡Soy una niña! / Yasmeen Ismail.– Barcelona : Corimbo, 2016.
Ernesto / texto, Lola Casas y Gusti; ilustraciones, Gusti.– Barcelona : Serres, cop. 2007

E, coma sempre, compartimos as fotos de CantoConto! en Flickr, para que as poidades gozar na casa e, así, non esquezades voltar para a próxima sesión.

CantoConto!: Ti podes!

Ata pronto!

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on Marzo 20, 2017, in + de 2 anos, Actividades, animación a la lectura, CantoConto!, cuentacuentos and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: