A música impacta no cerebro do teu bebé


Cando as notas musicais penetran no ouvido do teu bebé non só xeneran a actividade das áreas que procesan a audición, senón que activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro: a amígdala e o núcleo acumbens (zonas relacionadas coas emocións), o hipocampo (que participa nos procesos de memoria), o cerebelo (encargado do ritmo) e as cortizas sensitivas e prefrontais (que interveñen nos procesos de razoamento), son algúns exemplos disto. Por iso dicimos que a música impacta fortemente no cerebro do teu bebé.

Segundo a Teoría de Gordon sobre o desenrolo musical, a aptitude musical é unha capacidade que, do mesmo xeito que outras cualidades humanas, posúe toda a poboación ao nacer en maior ou menor medida. Esta aptitude vese inmediatamente influída pola contorna. Canto máis rica e variada sexa a contorna musical do neno, antes se verá exposto a ese contexto musical e maior será o nivel de aptitude musical que alcance ese bebé.

O profesor e musicólogo Paulo Lameiro segue os preceptos de Gordon nos seus “Concertos para bebés“, o que non quere dicir que faga música para bebés, senón que fai música para que o seu público sinta a música. Está demostrado que a capacidade auditiva dos bebés é trescentas mil veces maior que a dos adultos. Na nosa cidade tivemos o pracer de escoitar a estes grandes músicos no programa de Bebescena no centro Ágora.

Non vos perdades o sábado 18 de marzo ás 12.00h. o concerto “El efecto Arco Iris” do grupo de corda da Orquestra Sinfónica de Galicia. Tras o éxito obtido co seu anterior espectáculo (“As Cores das Cordas”), estes profesionais repiten esta tempada o seu segundo espectáculo, que nos mergulla no fascinante mundo das emocións. Convidando aos máis pequenos a descubrir como a música pode expresar os nosos estados de ánimo.

Pola importancia da música nas nosas sesións, despois de cada Bebencontro os nosos pequenos asistentes levan en préstamo un Bebelote. Nestas mochilas compostas por contos para eles e libros para as mamás e os papás, nunca pode faltar a música, e concretamente a clásica. Queremos que a música, os seus matices, as súas cores, enriquezan os ouvidos dos peques e desenrolen ao máximo as súas capacidades auditivas.

Se queredes seguir desfrutando de contos e de música na casa, podedes consultar o noso catálogo en liña ou vir pola Biblioteca e descubriremos moitas historias interesantes para vós.

Para ver unha pequena mostra gráfica do cuarto Bebencontro, tanto de 0 a 12 meses como o de 13 a 24meses, podedes mergullaros na galería Flickr das Bibliotecas Municipais. Que desfrutedes do Entroido e vémonos nas vindeiras sesións!

Advertisements

Posted on Febreiro 18, 2017, in 0 a 12 meses, 0 a 12 meses, 13 a 24 meses, 13 a 24 meses, A bebeteca recomenda, animación a la lectura, Bebelotes, Bebencontros Forum, contacontos, cuentacuentos, musica para bebes and tagged , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: