Os previos tamén son importantes


No 2017, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil quixemos darlle un espazo tamén ós que agardan a chegada dun novo membro á familia.

Presentámosvos os Pre-lotes (para futuras familias).

E que son?

Son  lotes ideados coa finalidade de axudar, sacar medos e divertir ás futuras mamás e papás.

Neles atoparedes libros sobre o embarazo, adicados ao papá e que se vexa reflexado, sobre lactancia, música, relaxación, algunha que outra risa, etc.

Deste xeito chegaredes ao gran momento con menos dúbidas e temores.

Acompañámolos co noso cuaderno Que vai e ven onde poderedes escribir os vosos pareceres sobre a selección e darnos recomendacións, de seguro, interesantes.

Son o complemento perfecto para os Bblotes que xa temos nas nosas bibliotecas e que cada tempada reformulamos para o noso público máis esixente.

Todos os nosos lotes contan como 1 só préstamo e tendes 30 días para desfrutalos podendo amplialos 10 días máis se fora preciso.

E recordade que tamén temos os Bebencontros para vir contar, cantar e xogar con nós.

calendario bebencontros 2016/2017

Tendes máis información sobre as  Bebetecas na nosa WEB e para consulta, o catálogo OnLine das Bibliotecas Municipais da Coruña.

OPAC das bibliotecas municipais da coruña

 

Advertisements

Posted on Febreiro 15, 2017, in 0 a 12 meses, 13 a 24 meses, A bebeteca recomenda, animación a la lectura, Bebelotes, Bebencontros Infantil e Xuvenil, musica para bebes, Novas, SOS Pais and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: