CantoConto! Parabéns!


Con motivo da celebración do aniversario dunha das nosas bibliotecarias, aproveitamos esta sesión para felicitar todos os aniversarios do ano, tanto das nenas e nenos como de seus pais e nais, avós e avoas… pero, ao estilo CantoConto!, con cancións e contos.

Descubrimos que a nosa compañeira estaba de aniversario, como non, a través do conto “¡Que llega el lobo!” ¡Que llega el lobo!dun dos nosos escritores/ilustradores favoritos, Èmile Jadoul. Este escritor belga vive no medio do bosque onde atopa diferentes animais que inspiran as súas historias e imaxes cheas de vida e cor. Como nesta ocasión, en que varios animaliños advirten da chegada do lobo á casa de gran Cervo, onde lle agarda unha fabulosa… Sorpresa!

Chancho-PanchoPero a meirande preocupación que pode ter unha persoa que vai estar de aniversario, non é a celebración de cumpreanos senón como se comporten os seus convidados na mesma. Isto aconteceu no conto de “Chancho-Pancho“, que conta as peripecias dun porquiño que, xa con nove anos, vai celebrar por primeira vez o seu aniversario, pero a concorrida reunión váiselle das pezuñas e convértese nun despropósito caótico, interrompido prematuramente pola súa enfurecida tía Asunción.

Este maxestuoso conto, está escrito e ilustrado polo estadounidense Maurice Sendak, que xa desde os 9 anos crea e ilustra, coa axuda do seu irmán, libros para nenos. Cabe destacar, que en 1970 gañou a Medalla Internacional Hans Christian Andersen ao mellor ilustrador. E no 2003 foi galardoado co premio Memorial Astrid Lindgren, ex aequo coa escritora austriaca Christine Nöstlinger. E, en 1964, foi galardoado coa medalla Caldecott. Por se isto fora pouco, ilustrou máis de 100 libros de autores como Hans Christian Andersen e será lembrado como o debuxante que revolucionou o libro infantil.

Finalmente, unha boa celebración que se precie, non pode rematar sen agasallos. E, en CantoConto! tiñamos o mellor, “El regalo“, escrito por  Gabriela Keselman. Onde coñecimos a Miguelito, que quería…

ALGO GRANDEEL REGALO

SUAVE E QUENTIÑO

ALGO FORTE

DOCE QUE DURE UN ANAQUIÑO

QUE O FAGA VOAR

QUE O FAGA RIR

QUE SE MOVA DUN LADO A OUTRO

COMO CHE GUSTARÍA A TI!

Para despedirnos dunha sesión chea de sorpresas, apertamos aos nosos seres queridos, e con eles cantamos un clásico de todas as festas de aniversario, o cumpreanos feliz… dun xeito moi especial:

Se queredes seguir desfrutando dos contos e da música, ademais de consultar o noso catálogo en liña, deixámosvos as recomendacións desta sesión.

recomendamos-cantoconto

  • El mensaje secreto de cumpleaños / Eric Carle.– [S.l.]: Kókinos, cop. 2007.
  • ¡Feliz cumpleaños, Mauro! / David Melling; [traducción, Elena Gallo Krahe].- [Zaragoza]: Edelvives, D.L. 2014.
  • La magia de los regalos / Montse Tobella.– Zaragoza: Edelvives, D.L. 2009. –
  • Lulú voltereta / Daniel Picouly, Frédéric Pillot.– Madrid: Pearson Educación, D.L. 2006.
  • Cumpleaños feliz / Juliet Pomés Leiz.– Barcelona: Tusquets, 2005.
  • Só un reloxo / Roberto Aliaga; Amrei Fiedler; [traducción, María Alonso Seisdedos].– Fraga (Huesca): La Fragatina, 2015.
  • Coas mans baleiras / texto de Ana Tortosa; ilustracións de Cecilia Varela.– Pontevedra: OQO, 2010.
  • A casa da miña avoa / texto de Pep Bruno; ilustracións de Matteo Gubellini.– Pontevedra: OQO, 2009.
  • Un dedo al año / Montse Ganges [texto]; Imapla [ilustracións].– Barcelona: Thule, cop. 2007.
  • Un agasallo diferente / Marta Azcona, Rosa Osuna.–     Pontevedra: Kalandraka, 2005.
  • Un regalo muy grande / Carl Norac; ilustracións Émile Jadoul.– Zaragoza: Edelvives, D.L. 2004.
  • El más bonito de todos los regalos del mundo / Pascal Teulade; ilustracións de Jean-Charles Sarrazin.– Barcelona: Corimbo, cop. 1999.

Deixámosvos unhas fotos das sesións de todas as bibliotecas. Agardamos que vos presten! Vémonos na vindeira sesión e non esquezades reservar a vosa praza!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Posted on Febreiro 6, 2017, in + de 2 anos, animación a la lectura, CantoConto! and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Antía disfrutou moito!

    • Moitas gracias, Antía! Nós tamén desfrutamos moito con vós! Agardámoste a ti e aos teus pais en vindeiras sesións! Apertas e bicos, Marta e Xiana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: