CantoConto! Mimitis aguda!


pito revirado

Remataron as festas e tocou voltar ó cole e á biblioteca para cantar coas bibliotecarias e escoitar contos. Estes días quizais nos atopemos máis sensibles do normal; sen dúbida, a volta á rutina non sempre nos senta ben. Hai quen di que con abrazos todo se leva un pouquiño mellor e en CantoConto! fixemos a proba.

el-libro-de-los-abrazos

Na biblioteca déronnos un truco para superar esta separación: contáronnos o “Libro de los abrazos” de Guido Van Genechten. Neste conto móstranse os diferentes tipos de abrazos que se dan e, de feito, que variedade deles! Non todos saben igual, pero todos transmiten o mesmo, o cariño e o afecto que son tan necesarios.

Pero non pensedes que nos pasamos toda a tarde abrazándonos os uns ós outros, aínda que non estaría mal. Continuamos contando contos, que é o que máis nos gusta. E esta vez escollimos “El chupete de Gina” de  Christine Naumann-Villemin.el-chupete-de-gina

Saberedes que Gina ten unha debilidade: non pode separarse do seu chupete. Úsao todo o día, para todo, e aínda que a súa nai lle insiste en que non sempre poderá ser así, ela non está totalmente segura.

Ás veces precisamos dunha persoa, da súa compaña, ou dun obxecto para sentirnos tranquilos e seguros. O apego forma parte do desenvolvemento das persoas como tal, e preséntase de moitas  formas diversas.

Apego.gal é o nome dun proxecto que vai dirixido ás familias que están a esperar a chegada dun novo membro e tamén ás que teñen nenos e nenas ata 6 anos. Un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística de varios concellos de Galicia e da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. A páxina web contén unha morea de arrolos, recitados e xogos para pasalo ben cos máis pequenos.

pablo-diazAs sesións de CantoConto! tamén teñen que rematar, mal que nos pese, e con quen mellor que con Pablo Díaz, o noso artista de cabeceira. No seu disco Toc, Toc atopamos unha canción que vén ó pelo con esta temática e ademais resulta moi divertida, “Teño un can de trapo”.

As lecturas recomendadas a continuación tratan a temática do apego para os máis pequenos, e poden resultar unha boa ferramenta para abordar con eles estes temas tan sensibles. Podédelas atopar nas nosas bibliotecas. Consulta o noso catálogo.

recomendamos-cantoconto

  • Roro, el rugidos / David Bedford y Mandy Stanley.– Madrid : Jaguar, cop. 2015.
  • El trapito feliz / Tony Ross.– México : Fondo de Cultura Económica, 1995.
  • Abrázame, mamá : el desarrollo de la autoestima infantil y juvenil / Mª Luisa Ferrrós.– Barcelona : Planeta, 2007.
  • Mimo exprés / Émile Jadoul ; [tradución ao español de Rafael Ros].– Barcelona : Corimbo, 2012.
  • La isla de los mimos / Carl Norac, Claude K. Dubois ; tradución ao español de Anna Coll-Vinent.– Barcelona : Corimbo, 2012.
  • Abrázame / Simona Ciraolo.– Boadilla del Monte (Madrid) : SM, D.L. 2015. (Cactus).
  • La gallina Cocorina / Mar Pavón ; ilustracións de Mónica Carretero.– Madrid : Cuento de Luz, D.L. 2010
  •  El chupete / Orianne Lallemand, Émile Jadoul.– Zaragoza : Edelvives, cop. 2011
  • Tortololita / Roberto Aliaga Sánchez ; [ilustracións] Paula Alenda.– Almería : Libre Albedrío, 2015.

Queremos tamén recomendarvos a cantante colombiana, Marta Gomez e o seu libro-disco “canciones de sol y de luna”

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Posted on Xaneiro 23, 2017, in Uncategorized. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: