Agasalla cun conto


O pasado mes de novembro tivemos a segunda sesión dos Bebencontros da Biblioteca Forum. Como é xa habitual, os contos clásicos estiveron presentes en cada unha das sesións.  Nesta ocasión adaptamos “Caperucita roja” e “Los tres cerditos” e introducimos melodías para acompañar a narración.

contos-clasicos

Tampouco faltaron os animais nas historias que contamos, como por exemplo, no conto “¿Una rana?”, un cocodrilo chamado Domingo, xogaba a metamorfosearse no dinosaurio Xulián, na eiruga Xoana e na tartaruga Lola para que a ra Matilda non o atopara.

No conto “Ñac, ñac”, fomos descubrindo cos ollos expectantes, os distintos animais da selva. Deste xeito apareceu Leoncio o león, co seu gran ruxido “rauuu”, a sorrinte mona Lisa, a elefanta Rosa lucindo moi fermosa, a xirafa Rita, o loro Federico, o cocodrilo Rilo con grandes dentes e outros amigos.

contos

No mes de decembro, por motivo das festas, os nosos encontros habituais quedarán aprazados para o mes de xaneiro. Non esquezades que o mellor agasallo, a mellor festa que lles podedes ofrecer aos vosos bebés é collelos no colo, abrazalos e contarlles un conto (ou tres ou catro!), por iso deixámosvos unha pequena selección de historias coas que podedes desfrutar cos vosos pequenos nestas datas tan sinaladas.

 

#Recomendamos Beba

Recomendámosvos unha colección da editorial Timunmas na que, a través de diferentes animais, percorremos diferentes estilos musicais e diversos autores.

timun

A colección “Do berce á Lúa” de Kalandraka, un poegrama sinxelo e con moito ritmo.

kalandraka

Podemos destacar tamén os libros de tela da editorial Combel con diferentes formatos e texturas.

combel

Da autora Liesbet Slegers, a editorial Edelvives ten unha colección para os máis pequenos.

edelvives

Nesta colección da editorial Juventud podemos atopar entre as súas páxinas troqueladas diferentes animais.

juventud

Aquí vos deixamos unha ligazón á galería Flikcr das Bibliotecas Municipais de A Coruña.

E non queremos rematar sen desexarvos unhas moi Felices Festas e que estas datas estean repletas de libros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: