CantoConto!: “Con ton e son”


En CantoConto! somos unhas apaixoadas dos contos, pero tamén da música, por iso quixemos celebrar con vós o día de Santa Icía, a patrona da Música e da Poesía.

Violín

Nesta sesión non faltaron contos, música, baile e instrumentos musicais! “Levantamos o telón” co conto “Violín” de Antonio Rubio e o ilustrador galego Óscar Villán, cos que coñecimos o son dalgúns instrumentos musicais como a trompeta, o tambor…

Violín, Ed. Kalandraka

portada_paco-y-la-orquesta-libro-musical_magali-le-huche_201506251042Con Paco, un can namorado da música, descubrimos, xunto cos seus amigos do bosque, como a música clásica pode encandilar tanto aos pequenos da casa como aos maiores. Paco vai atopando ao rato, ao elefante, ao esquío… e todos eles tocan un instrumento pero, que pasa cando todos eles se xuntan e forman unha marabillosa orquestra? A través deste conto, “Paco y la orquesta: mi primer libro de sonidos“, a música invadiu as Bibliotecas, e o puidemos comprobar pulsando os iconos do libro e así escoitamos os sons dos instrumentos. Un fantástico libro para desfrutar en familia!

sofiaPero non é tan doado montar unha orquestra como fixo o noso amigo Paco, senón que llo pregunten a Sofía, a protagonista do conto “Sofía, la vaca que amaba la música“. Un marabilloso relato no que, a parte de descubrir a música, aborda o tema da discriminación. Sofía expresa as súas emocións a través da música, pero sufre o rexeitamento polas apariencias e prexuízos dos demais; pero a constancia, a superación de retos e a amizade fai que finalmente os seus soños e os seus esforzos se vexan recompensados.

pitusaE para rematar, dúas palabras: “PITUSA SEMIFUSA“! Da man de Olga Brañas, adentrámonos no mundo da música, avanzando polos pentagramas dalgúns instrumentos e da nosa propia voz, ata rematar nunha completa Festa Musical coa melodía “A canción da percusión” recollida neste libro-CD. Se queredes desfrutar coma nós o fixemos, podedes cantar e bailar coa canción do videoclip que dá nome a esta fantástica recompilación.

Se queredes seguir desfrutando dos contos e da música, ademais de consultar o noso catálogo en liña, deixámosvos as recomendacións desta sesión.

Recomendamos CantoConto!

  • Hola, Tilly / Polly Dunbar.– [Madrid] : Kokinos, cop. 2011.
  • Olivia y su banda / Escrito e ilustrado por Ian Falconer.– México : Fondo de Cultura Económica, 2007.
  • As clases de tuba / T.C. Bartlett e Monique Felix.– Pontevedra : Kalandraka, 1999.
  • Deveribés / Mamá Cabra; ilustraciones, Marina Seoane.– Vigo : Galaxia, 2013.
  • O Carnaval dos animais / Camille Saint-Saëns ; texto de José Antonio Adab Varela ; ilustracións de Joao Vaz de Carvalho.– Pontevedra : Kalandraka, 2013.
  • El saxo y otros instrumentos de viento / cuento, Eladio Reinón ; ilustraciones, Subi.– [Barcelona] : Bellaterra Música, D.L. 2008.
  • Siete hermanos músicos / Cuento de Elisabet Abeyá; ilustraciones de Mercè Arànega.– Barcelona : La Galera, D.L. 2003.
  • Demasiado ruido / Max Velthuijs ; traducción de Carlos Torres.– Madrid : Espasa-Calpe, D.L. 1991.
  •  A banda dos ratos / textos e ilustracións Mon Daporta Padín.– Vigo : A Nosa Terra, D.L. 2002.
  • A princesa do Caurel / Patacrúa ; ilustracións de Javier Solchaga.– Pontevedra : OQO, 2006.
  • El flautista de Hamelin / texto, Pepe Maestro ; ilustración, María Wernicke.– Zaragoza : Edelvives, D.L. 2010.
  • A banda de Vilacendoi / Xulio Gayoso.– Pontevedra : Kalandraka, 2006.
  • Los cuatro músicos / [Cuento original], Hermanos Grimm; [Adaptación], Teresa Sabaté; [Ilustraciones], Julia Serra.– Barcelona : Salvatella, 2000.

 

Deixámosvos unhas fotos das sesións de todas as bibliotecas. Agardamos que vos presten! Vémonos na vindeira sesión e non esquezades reservar a vosa praza!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Posted on Novembro 28, 2016, in + de 2 anos, animación a la lectura, CantoConto!, música para niños, musica para bebes and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: