Contamos coas mans


20161015_164316

Coa chegada do mes de outubro, mes de magostos, de castañas, de follas caídas, de cores ocres… comezamos os bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Os sábados 15 e 29 tivemos na bebeteca uns convidados moi especiais xunto coas súas familias. Todos xuntos contamos e cantamos coa boca e coas mans, porque narrar coas mans é posible.

Os bebés teñen a capacidade de comunicarse desde que nacen. A través do pranto, do sorriso, da mirada… dinnos o que sinten ou precisan, pero ás veces cústanos moito entenderlles e non sempre diferenciamos ben o que nos queren expresar.

Que facer?

Psicólogos e expertos en linguaxe de signos afirman que o LSE  pode constituír  unha ferramenta fundamental para comunicarvos  co  voso  bebé, desta maneira conseguiredes que o voso bebé  sexa capaz de transmitirnos aquelas cousas que de maneira oral aínda non lle é posible. Ademais con esta linguaxe  conseguimos reforzar os lazos afectivos, aumentar a confianza e mellorar a capacidade de comunicación que irán perfeccionando de maneira natural ata chegar á adquisición da linguaxe oral, favorecendo desta forma o desenvolvemento intelectual dos pequenos.

A utilización da lingua de signos con bebés oíntes é  práctica coñecida como Baby signos (ou Signos para Bebés) que xurdiu en EEUU nos anos 80. Mesmo hai constancia dun estudo realizado nos anos 60 que probaba que os bebés que aprendían lingua de signos, podía signar ao redor de 75 signos á idade de 9 meses, permitindo unha comunicación moito máis efectiva entre pais e fillos que os bebés que non signaban.

Cando comezar?

O momento idóneo para empezar a practicar LSE (sempre respectando a evolución do bebé). Podemos fixala segundo os expertos entre os 6-10 meses, xa que é cando comezan a usar as súas mans de forma consciente para sinalar obxectos, dicir “ola” ou “adeus”, o que nos indica que o bebé xa adquiriu as habilidades motoras necesarias, e que o seu cerebro xa esta preparado para controlar, de maneira consciente, os movementos das súas mans e brazos.

Por esa razón, nas sesións deste ano, imos empregar sinxelos signos nalgunhas das nosas cancións ou poesías.

Así signamos Beba e Bebeteca:

Os contos destas sesións foron:

Podedes ver na galería Flickr das Bibliotecas Municipais unha mostra fotográfica das sesións do mes de outubro.

#Recomendamos Beba

Recomendámosvos uns libros para tocar, cantar e xogar.

 

Estes e outros contos podédelos atopar no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Acceso ao catálogo das Bibliotecas Municipais

 

Advertisements

Posted on Novembro 9, 2016, in 0 a 12 meses, 0 a 12 meses, 13 a 24 meses, 13 a 24 meses, A bebeteca recomenda, animación a la lectura, Bebelotes, Bebencontros Forum, LSE and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: