Bebencontros de maio na Bebeteca Forum


Nestas dúas últimas sesións os contos e as cancións foron os protagonistas da Bebeteca Forum:

“La ratita presumida”, ilustrada por Chantal Vizcaíno, onde relatamos este clásico da literatura xogando con máscaras.

“Un caracol?” e “ Un gato?” de Guido van Genechten, da colección Veo, veo, que nos permite crear as nosas historias, adaptar cancións e  incorporar recursos sonoros. Despregando as solapas e descubrindo novos animais mantemos a atención dos bebés.

“La granja del señor Coc” señor Coc preséntanos aos animais da súa granxa: ao pitiño Lito, a vaca Lola, a gata Timotea,ao burro Tontón e a unha familia de patos e ras que viven nun estanque. Xogando coas súas voces e os seus sons.

 

Xa vos falamos no post anterior da sesión final e conxunta que temos argallada con Carla Console de Boga Psicólogos para o vindeiro 28 de maio na Bebeteca do Forum. Os obxectivos principais do encontro son o de dar a coñecer recursos (cancións, contos, materiais) e ferramentas baseadas na técnica da Masaxe Infantil (segundo o Programa da Asociación Española de Masaxe Infantil) para fomentar a comunicación e a nutrición afectiva  entre pais e fillos.

Pero tamén pretendemos axudar e reforzar os vínculos positivos afectivos; fomentar dun xeito lúdico a imaxinación e fantasía dos bebés; establecer o hábito de comunicación entre pais e fillos; crear un momento de adicación exclusivas (Mamá-Time / Papá-Time); proporcionar confianza e seguridade aos pais; reforzar o sistema inmunitario; e axudar a madurar o sistema nervioso.

Porque os contos e o tacto tamén están relacionados. Pero coa calidade dos libros tamén están relacionadas outras cousas, por iso, querémosvos aconsellar un pouco sobre que debemos mirar á hora de escoller contos para os vosos fillos:

  • As ilustracións deben ser chamativas, brillantes e contrastadas, para que as poidan ver ben e capten a súa atención.
  • Os formatos óptimos son os que poidan manipular (mellor de dimensións reducidas) e os que sexan resistentes: de tea, de plástico brando (para a bañeira) ou de cartón duro cos cantos redondeados.
  • Moi importante sempre para nós é a musicalidade dos contos, que conviden ao recitado e ao xogo corporal. Escolléde contos para poder cantalos ou que poidades pronunciar moitas onomatopeias, retahílas, rimas ou repeticións sinxelas.
  • O texto debe ser breve, claro e moi sinxelo. A tipografía se é bastante grande e en maiúsculas, mellor, pois serán as primeiras letras que aprenderán os bebés.
  • A temática do mundo que os rodea é das mellores, pois presentan obxectos coñecidos e accións cotiás (irse a durmir, o baño, xantar, etc.) que recoñecen facilmente.
  • Os bebés gostan dos contos con fotografías reais (de nenos ou animais), tamén con sons ou texturas.
  • Os libros pop-up non soen fallar. Os seus formatos sorprendentes e interactivos non deixan impasibles aos pequenos.

Todos estes consellos e máis en: http://www.clubpequeslectores.com/

Para que lembredes o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións do 30 de abril e do 14 de maio na Biblioteca Forum Metropolitano premendo na galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Non nos queremos despedir sen antes agradecer ás familias participantes o seu entusiasmo e confianza e sen vos recomendar algunas lecturas interesantes. Xa sabedes que todos estes libros e máis podédelos consultar no catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.

#Recomendamos Beba

 

 

 

Para que vaiades entrando na materia do tacto, deixámosvos a recomendación da colección “Toca, toca” de Combel, onde poderedes descubrir infinidade de texturas e xogos interactivos.

Advertisements

Posted on Maio 16, 2016, in 0 a 12 meses, 13 a 24 meses, A bebeteca recomenda, Actividades, Bebencontros Forum and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: