Avoa Youja: “O aloumiño dunha estrela”. Bbencontro Os Rosales 14 maio.


“Se estarricamos moito os brazos, moi  lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?…”

O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, traénos o próximo sábado 14 de maio ás 11h un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde : Avoa Youja Teatro. As familias participantes con nenos ata os 3 anos disfrutarán mediante a música ó vivo e a manipulación de obxectos dun espectáculo cheo de estrelas e astros: “O alumiño dunha estrela”.

“…No espazo agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos  experimenten a marabilla da beleza e ofrecerlles así a posibilidade de voar tan alto como a súa capacidade de imaxinar novos mundos. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posible”.

O alumiño dunha estrela

Estades invitados

Recordámosvos como podedes facer para inscribirvos:

Sete días antes da celebración do Bbencontro a partir das 10h 

en  www.coruna.es/bibliotecas

Prazas limitadas

Advertisements

Posted on Abril 30, 2016, in + de 2 anos, 0 a 12 meses, 0 a 36 meses, 13 a 24 meses, 13 a 36 meses, Actividades, animación a la lectura, Bebencontros Os Rosales, música para niños, musica para bebes, Teatro, Uncategorized and tagged , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: