Sentíndome a gusto


Chegamos ao final dos Bebencontros desta tempada 2015/16 da Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil e nestas últimas sesións quixemos adicalas á percepción psicosensorial a traverso da vista e o oído na sesión de 13-24 meses e o contacto e o apego a traverso do tacto na sesión de 0-12 meses.

Xogamos cun globo rebuldeiro a contar o conto do dereito e do revés con “El globito rojo”   de Iela Mari

El globito rojo. Ed. Lumen
El globito rojo. Ed. Lumen

A percibir as cores con “Los colores” de Xavier Deneux

Los colores

Na sesión dos máis pequeniños o noso fío conductor foron as mans. A importancia que teñen como soporte, como caricia, como arrolo ou como xogo, sobretodo no primeiro ano de vida, xera neles estabilidade e seguridade podendo afrontar as súas fases de crecemento non só físico senón tamén emocional.

É por elo que aprendemos cómo se chaman os dediños con “Este é o maimiño” de Antón Cortizas, “Las manos de papá” de Emile Jadoul dirixiunos cara adiante na vida, tocamos, aplaudimos e bicamos con“Violín” de Antón Rubio e Oscar Villán da colección do Berce á Lúa e xogamos con “P de papá” de Isabel Martíns e Bernardo Carvallo a ser avións, colgadores, doces, colchóns acompañados de Ruí e as baleas do libro disco de María Fumaça “Alegría” de fondo.

Xa sabedes que todos os contos cos que traballamos están no noso catálogo e o podedes consultar dende a casa, móbil ou calquer outro dispositivo.

Acceso ao catálogo das Bibliotecas Municipais

E como remate deste post, darvos as GRACIAS a todas as familias que acudístedes, que nos axudástedes a que cada sesión saíra mellor do que pensabamos e por ter esas pequenas e pequenos que sacan miles de sorrisos e gargalladas de cada vez.

Recordade que, para os qu queirades recordar eses momentos máis tenros e rebuldeiros dos bebencontros tedes a posibilidade de botarlle un ollo ás fotografías que de cada sesión colgamos no álbum das Bebetecas en Flickr.

Pero esto non é un adeus… é un ata a próxima… que en nada hai sorpresas!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: