Unha nai é unha nai


Cantas veces temos escoitado o de que “unha nai é unha nai”?

Co gallo do Día Internacional da Muller queremos, dende as Bibliotecas Municipais, adicarlle este post ás que non teñen acougo pero dan acougo, están cansas pero non descansan, que fan rir ata chorar e choran da risa, que son calma, son apego, son día e son noite… moitas noites, en definitiva, son nais.

É certo, unha nai é unha nai, pero tamén son traballadoras, compañeiras, amigas, parella e, non se pode esquecer, persoas.

profesion-madre

As persoas toman decisións e a maternidade é unha decisión, dende o principio, dende que se decide ir cara adiante e formar unha familia ou, pola contra, estar segura de que non se está afeita para asumir ese rol.

Elisabeth Badinter, filósofa e feminisita francesa, fala desta capacidade que ten a muller de decidir ao respecto de si mesma e proclama a non obrigatoriedade dos parámetros da maternidade.

Ao respecto disto, pódese dicir que no momento no que adoptas este novo “estado”, a forma e modo de como facelo depende de que persoa eres.

Nos últimos tempos está patente a figura da maternidade como mástil de crianza como “teta”, abalada pola OMS, cunha tendencia de volta á orixe no que se denomina “crianza natural ou respetuosa”  .

Carlos González ou Rosa Jové, son estandartes desta forma de crianza a traverso de seus libros e conferencias.

Pero non quere dicir que esta forma de crianza sexa á que se axeite a todas as mamás. Hai quen decide, polos motivos que máis lle pesen, non dar o peito ou non dalo a demanda,  pero non por elo van a ser malas nais.

Como diciamos antes, as nais tamén son compañeiras, parellas, amantes e é importante telo en conta.

Como se alcanza a ser nai? A traverso do amor, non si? É o inicio de todo. Vàlerie Tasso, sexóloga, dá moitas claves ao respecto.

 

Por último, e en relación a este fermoso día que pasou celebrando por todo o alto a figura da muller, temos a figura de nai traballadora.

Despois de pasar esas semanas de permiso recoñecendo ao novo membro da familia e ao novo estatus de fogar, hai que dar o seguinte paso, a volta ao traballo (profesional), ese duro momento no cal un se separa dos seus bebés e cáeselle o mundo enriba. Aquí, en España, o tempo de duración dese periodo de permiso é de 17 semanas dende este ano 2016 e a intención é alcanzar a 20 semanas, mais nada que ver co que sucede noutros países.

mayores permisos de maternidad en el mundo

 

A capacidade de superación que ten a muller ante esta revolución que é a maternidade, e todo o que elo conleva, é moi grande, nalgúns casos case inmenso seguramente, pero máis aínda cando estás integrada no mundo laboral e tes que conciliar e facer miles de peripecias para que o bebé estea coidado.

Dende aquí, as Bibliotecas Municipais da Coruña, homenaxeamos ás mulleres e, por suposto, ás nais. E feliz…

dia-internacional-de-la-mujer

 

Deixámosvos unha pequena mostra do que vos temos preparado na Biblioteca Infantil e Xuvenil durantes estas primeiras semanas de marzo, unha selección de materiais que afondan na figura da muller; podédelos consultar dentro do álbum #mullerescoraxe do Pinterest das Bibliotecas municipais

Recomendamos Beba

Por suposto, invitámosvos tamén a mergullarvos no noso catálogo e atopar todo aquelo que vos interese dentro das bibliotecas, ou no propio blog das Bebetecas para recordar como noutra ocasión xa falabamos da maternidade en solitario.

Acceso ao catálogo das Bibliotecas Municipais

 

 

Advertisements

Posted on Marzo 11, 2016, in A bebeteca recomenda, mostras, SOS Pais and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: