CantoConto!: “Quérote Moito!”


final sen marcoQué sesión tan chea de amor e tenrura gozamos esta semana! Amor entre amigos, amor de familia, amor de parella… Nenos e maiores divertíronse cos contos que escollimos as bibliotecarias para eles. E nós divertímonos moito contándoos!

Para empezar con bo pé, o noso amigo Pablo Díaz inaugura a tarde con “Imos contar un conto“, unha exitosa canción que pequenos e maiores cantamos e bailamos a vez.

Con locura

Para falar do cariño entre os amigos, tiñamos preparado un sinxelo conto de Émile Jadoul, “Con locura“, onde un gato e un peixiño demóstrannos que a verdadeira amizade pódese dar entre dous seres moi diferentes.

mimo expres

Continuamos con outro conto, tamén de Émile Jadoul (por quen temos verdadeira debilidade!): “Mimo exprés“. Foi unha historia moi celebrada polo público, porque ao divertido texto engadímoslle a teatralización das bibliotecarias, quen fixo rir a nenos e adultos. Todos nos identificamos coa historia dunha pequena familia onde as presas e as rutinas de cada día fannos descoidar a quen máis queremos. Pero, desde hoxe, prometemos dar mimos e bicos moitas veces ao día!

caracol e caracola

E o último conto da tarde foi “Caracol e caracola“, de Armando Quintero e André Letria. O libro pertence a unha fermosa colección, Caracois, que podedes levar en préstamo nas nosas bibliotecas. Para a narración tivemos a sorte de contar cos dous protagonistas da historia, dous caracois que se namoraron porque souberon apreciar a verdadeira beleza.

E, como colofón, cantamos con María Fumaça, un proxecto belísimo cheo de optimismo e felicidade:

Recomendamos CantoConto!Deixámosvos algunhas recomendacións de lecturas para casa:

  • ¿Qué es el amor?” / Davide Calí e Anna Laura Cantone.
  • El gato de Matilda” / Emily Gravett.
  • Adivina cuánto te quiero” / Sam McBratney e Anita Jeram.
  • Porque  te quiero” / Pascal Teulade e Jean-Charles Sarrazin.
  • Te quiero (casi siempre)” / Anna Llenas.
  • Te quiero” / Elen Leescoat e Bénédicte Carboneill.
  • Mamá, te quiero” / Benoit Marchon e Soledad Bravi.
  • Te quiero, papi” / Jillian Harker.
  • Te quiero, carita sucia” / Lisa McCourt.
  • Todos sois mis favoritos” / Sam McBratney.
  • ¡Besos como estos!” / Mary Murphy.

Non vos perdades as fotos que sacamos durante as sesións. Esperamos contar de novo con todos vos, reservade o voso convite na páxina web das bibliotecas.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: