“Medo me da”, en CantoConto!


PitocantorEsta semana aproveitamos as sesións de CantoConto! para quitarnos tódolos medos que as veces trae a noite. Non é fácil pechar os ollos e quedar durmidos deseguido. As veces parece que a escuridade está chea de ruídos e sombras, pero hoxe, grazas ós contiños que nos escolleron as bibliotecarias, descubrimos que a nosa imaxinación ten moito que ver neses medos.

Nada máis chegar temos a benvida de Pablo Díaz: “Imos contar un conto“, do seu fermoso disco Tic Tac.

E, a continuación, unha gran sorpresa: uns amigos de peluche, ben coñecidos polos pequerrechos que visitan as nosas bibliotecas, estiveron connosco para contarnos a marabillosa noite estrelada que gozaron o día anterior: contáronnos que non so non tiveron medo, se non que quedaron encantados de cántas estrelas contaron no ceo, e mesmo foron quen de ver algunha estrela fugaz.

Con eles lemos o conto: “Cómo atrapar una estrella“, dun dos nosos autores favoritos: Oliver Jeffers:

cmo-atrapar-una-estrella

nocheE de Oliver Jeffers voamos ata Andrés Guerrero. Deste autor escollemos un fermoso libro, “A noite“, cheo de sorpresas para nenos e maiores: as cancións “El lobito bueno“, (dun poema de José Agustín Goytisolo), “Luna lunera cascabelera“, ou “Era un ratoncito chiquito“.

E, para rematar, gozamos do fermosísimo vídeo de Renee & Jeremy da canción Yellow, de Cold Play:


Recomendamos CantoConto!E xa para casa, cun tesouro de contiños para ler en familia:

  • El maravilloso viaje a través de la noche / Helme Heine.
  • Perro y gato / Ricardo Alcántara, Gusti.
  • ¡De noche se duerme! / Jeanne Ashbé.
  • A miña amiga a escuridade / Ella Burfoot.
  • Los monstruos tienen miedo a la luna / Marjane Satrapi.
  • La ardilla miedosa por la noche / Mélanie Watt.
  • En mitad de la noche / Guido van Genechten.

Deixámosvos unhas fotos do ben que o pasamos. Lembrade que, si queredes vir a acompañarnos, tedes que reservar o voso convite na páxina web das bibliotecas. Ata a próxima!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on Febreiro 11, 2016, in + de 2 anos, Actividades, CantoConto! and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: