¿Como llo explico?


¿Separádesvos pola miña culpa? ¿Que pasa cando un morre?

¿Como chegan os bebés á barriga? ¿Os meus papás de verdade non me querían?

¿Por que me sinto triste?

post

Os nenos e nenas son conscientes de máis cousas das que cremos, e a súa curiosidade asemella non ter fin. Ás veces, falar de certos temas con eles require dunha responsabilidade e enerxía dobres.

Tódolos proxenitores atópanse algunha vez con situacións incómodas, difíciles, sorprendentes, desconcertantes… en relación coas preguntas que lles fan os seus fillos e fillas. Situacións concretas coma un divorcio, a morte dun ser querido, unha adopción, a sexualidade… poden converterse en cuestións complicadas de explicar aos nosos pequenos.   O feito de convertelas en tabú e non falar delas pode xenerarlles moitas inquietudes e dúbidas.

No centro de interese SOS PAIS da Biblioteca Ágora poderedes atopar (desde XA e ata o mes de marzo) unha selección de libros que ofrecen pautas para introducir e tratar este tipo de temas cos menores: axudarlles a definir o que senten, afrontar a realidade e comprender determinados procesos.

sos pais 276-crop

A mostra ¿Como llo explico? concíbese como unha pequena axuda para  atopar respostas, verbalizar emocións e mellorar a comunicación familiar. Velaí algúns dos títulos que recollemos:

post2

Advertisements

Posted on Xaneiro 28, 2016, in mostras, SOS Pais and tagged , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: