Voute papar! en CantoConto!


final sen marcoEsta semana, en CantoConto!, pasamos moita fame. E que só a nós ocórresenos pasar toda a tarde falando de comida, sabendo que na biblioteca non se pode comer. Pero cos contos tan fermosos que temos sobre alimentos de todo tipo queríamos dedicar unha sesión a mostrárvolos. Quen ía dicir que había ata cancións sobre comida!

Pero, primeiro de nada, demos a benvida aos nenos e as súas familias, porque facía máis dun mes que non nos viamos. O Nadal tróuxonos moitos libros e contos e os nenos estaban felices.

O noso amigo Pablo Díaz xa é un clásico en CantoConto, e os nenos xa piden “Imos contar un conto” en canto se sentan na alfombra. A continuación servimos o primeiro prato do menú: Sopa verde“, de Ángela Madeira e Till Charlier, protagonizado por un coello que se negaba a comer calquera alimento que non fose verde. Os seus amigos, fartos de insistirlle, decidiron gastarlle unha simpática broma.

O segundo prato da carta foi ¡Voy a comedte!de Jean-Marc Derouen e Laure du Faÿ, onde coñecemos a dous astutos coellos que lle tomaron ben o pelo a un pobre lobo que os quería zampar.

E, como sobremesa, unha divertidísima canción: “Cocorico“, do libro-CD-DVD Contos en Cantos, de Almudena Janeiro. É unha fermosa selección de contos de todo o mundo, musicados en diferentes estilos musicais.

comedte untitled sopa verde

Recomendamos CantoConto!Antes de marchar, os nenos escolleron contiños para levar a casa, dentro dunha coidada selección feita con agarimo, como sempre, polas bibliotecarias. Así, despois dunha rica cena, podemos seguir lendo en familia:

  • ¿Qué tal, vexetal?“, Saxton Freymann e Joost Elffers.
  • Emilio tiene hambre“, Roméo P.
  • El sapo que no quería comer“, Martha Sastrías.
  • ¡A comer!“, Patricia Geis e Sergio Folch.
  • ¿Por qué no quieres comer?“, Jonathan Farr.
  • El sapito vegetariano“, Ana María Romero Yebra e Arcadio Lobato.
  • A sopa queima“, Pablo Albo.
  • Gústame o chocolate“, David Calí.
  • Teo come“, Violeta Denou.
  • O tigre que veu tomar o té“, Judith Kerr.

Botádelle un ollo tamén as fotos que sacamos durante as sesións. Aos que non puidestes vir, lembrade que é preciso anotarse na páxina web sete días antes da sesión que vos interese.

This slideshow requires JavaScript.

Esperamos volver a veros en quince días con novas sorpresas. Mentres tanto, podedes cantar na casa as canción de todas as sesións, grazas a nosa lista de reproducción. Ata pronto!

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on Xaneiro 22, 2016, in + de 2 anos, CantoConto! and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Magnífico traballo do persoal da biblioteca. Moitas felicidades en especial a Xiana e Marta polo ben co fan xa que nos teñen a tod@s moi atentos. Cada sesión de canto conto é máis bonita. Felicidades!

    • Moitísimas grazas! Grazas por vir a CantoConto! Grazas por compartir lecturas con nós! Grazas por darlle a Nicolás a oportunidade de desfrutar con nós de marabillosas aventuras cargadas de cantos e de contos! Agardámosvos sempre!

      Bicos e apertas, Marta e Xiana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: