Hola, doutor! en CantoConto!


final sen marcoEsta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e tamén a dos nenos, que falaron das súas experiencias cos médicos, conseguimos solucionalo.

O primeiro que fixemos foi cantar a canción do noso querido Pablo Díaz: Imos contar un conto. Unha canción alegre que nos convida a escoitar con moita atención os contos que imos contar. Os elixidos nesta ocasión para tranquilizar á nosa compañeira foron Hola, doctor“, de Michael Escoffier; unha divertida historia para perderlle o medo ó médico. “Emilio está enfermo”, de Rómeo P (pseudónimo de Emile Jadoul), onde dous amigos falan sobre os estraños síntomas que un deles comeza a experimentar. E por último poidemos gozar con “Ser quinto”, de Ernest Jandl. Aquí vos deixamos o enlace para que o poidades volver a ver:

Antes de marchar, cantamos e rimos coa canción de Rosa LeónA mi burro, un clásico ben coñecido e que as bibliotecarias souberon engalanar para que os nenos cantasen e risen.

Recomendamos CantoConto!

 

Se non puideches vir a sesión e levar algunha das nosas recomendacións, deixámosvos aquí algúns títulos para que os leades en familia:

  • Solamente un poco de gripe“, de Armelle Modèrè.
  • Dita y Dito van al médico“, de Mónica Gutiérrez Serna.
  • Dame a man“, de Seve Calleja e debuxos de Santy Gutiérrez.
  • Con el médico” de Helen Oxenbury.
  • El constipado del sol“, de Esperanza Medina e Elena Fernández.

E botádelle un ollo tamén ás fotos que sacamos nas distintas sesións, seguro que vos gustan. Ata a próxima!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on Novembro 27, 2015, in + de 2 anos, Actividades, CantoConto! and tagged , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: