Rumble rumble…in the jungle!


Barullo, liorta, rumor, algarabía, bulla, rebuldaina, rebumbio… Todos estes e máis son sinónimos da primeira palabra que da título a este post. Ás veces nós memxs podemos desfrutar da cantidade de sinónimos que contamos na nosa lingua para designar un concepto, tanxible ou intanxible, concreto ou abstracto, pero que sen dúbida pertence á nosa propia percepción do mundo que habitamos. Mais é precisamente polo coñecemento e uso da lingua que podemos elaborar unha linguaxe intelixible, que vai máis lonxe do que as palabras e baséase nun xogo de percepcións e significados emocionales diversos que empregamos segundo as diferentes fases vitales do desenvolvemento.

A maxia da comunicación, o emprego do linguaxe como ferramenta conceptual, é o trasfondo que nos fixo repetir a sesión que xa fora representada o Maio pasado deste ano na biblioteca de Ágora. Story Time é unha achega sinxela a un mundo complexo, ou máis ben pódese decir que é unha forma sinxela de abrir as portas para conquistar un mundo; o común a todxs, o da comunicación, tan importante e necesario para cada un·ha de nós á hora de, como decía Hannah Arendt, ser vistxs e ouvidxs polo resto. En definitiva, a linguaxe como ferramenta que nos fai existir. (The Human Condition, 1958)

Se adquirir unha lingua baséase en practicar a comunicación, con Story Time pretendemos facer fincapé na adquisición de máis dunha lingua, no seu uso e práctica como fonte de beneficios nas idades temperás. Como xa explicaramos no anterior post referido a esta sesión, a maioría das persoas da nosa contorna ten o privilexio de ser capaz de empregar dúas linguas, así mesmo fixeramos referencia aos beneficios que para o desenvolvemento evolutivo dxs pequenxs ten a adquisición de diferentes linguas.NÓS

Posto que os libros empregados na sesión podédelos atopar no post do mes de Maio, desta volta queremos poñer en valor unha serie de títulos que considereamos que vos poden ser útiles para traballar a adquisición de idiomas por parte dxs vosxs pequenxs:

  • Andreae, Giles. Rumble in the Jungle. London: Orchard Books, 2009.BOOKS 02
  • Freymann, Saxon. How are you Peeling?: Foods with Moods. New York: Scholastic, 2004.
  • Freyman, saxon. Food for Thought: The complete book of concepts for growing minds. New York: Scholastic, 2005.
  • Lowery, Mike. Colección Two Little Libros, formados por 2 paquetes que inclúen 2 libros cada un. Por unha banda de animales (Sea Animals e Jungle Animals), e pola outra sobre o corpo (Body Parts e Move your Body). Madrid: Bilingual Readers, 2009.
  • Sharrat, Nick. One to Ten and Back Again. Penguin: New York, 2004.
  • Heap, Sue. Red Rockets and Jelly Rainbows. Penguin: New York, 2003.
  • Martin, Bill. Chicka Chicka Boom Boom. Beach Lane Books: New York, 2000.
  • Genechten, Guido van. Let’s Play on the Beach. Edelvives, Madrid, 2014.

Como vedes, esta pequena listaxe céntrase en bibliografía en inglés xa que foi parte da selección feita para a sesión do sábado pasado, mais lembrade que en todas as bibliotecas podedes atopar libros noutros idiomas e para todas as idades. Así que si non sabedes por onde empezar, non dubidedes en consultar co·a vosx bibliotecarix máis cercanx.

Por último, agradecer a todas as familias que acudiron o sábado pasado á Biblioteca de Ágora para compartir con nós o momento de lecer e aprendizaxe informal que a lectura en conxunto debe supor para todxs nós. Ate o próximo Bebencontro!

0_12_meses (34)

Advertisements

2 thoughts on “Rumble rumble…in the jungle!

Add yours

  1. Gustounos moito a sesión, é un momento moi chulo para compartir en familia. Por buscarlle un pero, pareceunos un poquiño máis curta que a anterior e se os bonecos foran un poquiño máis grandes ou mais chamativos os peques os verían algo mellor. Un saúdo!

  2. Nelson e Natalia xeniales, foi o mellor bbencontro ó que foi Nicolás. Encantounos ademáis que fora en inglés. Ogallá poideramos repetir a experiencia. Noraboa a todo o equipo organizador. Grazas polo esforzo e a dedicación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: