Libros en directo: encontro con Jordi Sierra i Fabra no Centro Ágora


Por cuarto ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina o ciclo Libros en directo, unha serie de encontros con autores de recoñecido prestixio que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes.

Durante a conversa con Pedro Ramos, coordinador e presentador do ciclo, os autores invitados  falan da súa traxectoria como novelistas e de como a actualidade inflúe no seu traballo.

_11ZRM_160261.pdfO 17 de decembro visítanos Jordi Sierra i Fabra con “O club dos raros”, unha novela para nenos de 8 a 10 anos onde conta a historia de Hugo, tatexo e Bernardo, disléxico. O matón da clase failles a vida imposible porque pensa que son raros. Por iso os dous amigos deciden fundar un club, onde sentirse menos solos e máis seguros. ¡Que sorpresa se van levar cando descubran que non son os únicos que queren formar parte do Club dos Raros! O “normal” é ser “raro”. Todos o somos. Por iso, o máis importante é aprender a rirse dun mesmo.

Aproveitando esta visita e como homenaxe á súa traxectoria e á calidade das súas obras, na Biblioteca Ágora recollemos esta pequena mostra da literatura infantil e xuvenil que leva o seu selo.

IMG_4441

Velaí algún dos títulos que propoñemos:

  • O asasinato do profesor de matemáticas. Madrid : Anaya, 2000.
  • Kafka e a boneca viaxeira. Madrid : Siruela, 2006.
  • Óperas contadas para nen@s. Barcelona : El Aleph, 2006.
  • O neno que vivía nas estrelas. Madrid : Alfaguara, 2007.
  • Diario dun pardillo. Barcelona : Destino, 2010.

 mosaico

“Non teño obras favoritas. Teño a sorte de escribir o que sinto, cando o sinto e como o sinto. Son libre, independente e feliz. Sempre que fago un libro é porque creo nel, e un libro é coma un fillo, pode saírche tonto ou listo, guapo ou feo, alto ou baixo, pero é o teu fillo. Unha vez feito pérdeslle o control, pode  gustar ou non, venderse ou non. Eu teño máis de 300 fillos, iso é todo. Enunciar a un sería humillar aos demais. Que o decida a xente.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: