Meu amor estoupa! en CantoConto!


Pitocantor“Meu amor estoupa”, un sonoro e rechamante título para a sesión de CantoConto! que celebramos nas bibliotecas de Fórum, Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón. A través do conto O monstro de cores de Anna Llenas entramos no mundo dos sentimentos, co seu protagonista, o monstro, que se fai un lío coas emocións.

Os cativiños tamén coñeceron ao adorable gorila de Cosita Linda de Anthony Browne, e maila gatiña Linda, con eles souberon e, sobre todo, sentiron o que é a amizade a través da maxia do kamishibai, o teatriño xaponés.

Risa e medo combináronse cunha morea de sensacións co conto mínimo (“Había una vez un rey que tenía tres hijas…”), dando así o protagonismo que a estas idades merece a tradición oral, as cancionciñas e as sartas (retahilas).

Unha chea de contos pero claro, non podía faltar o canto, así que comezamos a sesión como sempre con “Imos contar un conto” do noso amigo Pablo Díaz, ben vinculado ás nosas bibliotecas, e rematamos con “Apertas que voan” de Paco Nogueiras. Dous temas editados por Kalandraka.

Se non pudestes vir á sesión, ou se queredes seguir cantando e bailando na casa, lembrade que na nosa lista de reprodución podedes escoitar a música de todas as sesións.

recomendamosRecomendamos CantoConto!

 

Éstes e máis títulos nas nosas bibliotecas, consulta o noso catálogo

E como son ben vistosas, aquí tedes algunhas fotos das sesións nas catro bibliotecas.

This slideshow requires JavaScript.

Hai moitas máis que podedes ver na galería de Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

final sen marco

 

 

Así que, xa sabedes, esperámosvos na seguinte sesión de CantoConto!

Advertisements

Posted on Novembro 13, 2015, in + de 2 anos, Actividades, CantoConto! and tagged , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: