CantoConto!: Xa son maior!


Como xa adfinal sen marcoiantamos nun post anterior, neste mes de outubro, inauguramos un novo programa nas Bibliotecas Municipais adicado a nenos e nenas de 2 e 3 anos e as súas familias: CantoConto!

A lectura favorece un mellor desenrolo afectivo e psicolóxico nos nenos, dálles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que desfrutan, maduran e aprenden; cos libros rín, soñan e viaxan a outros mundos; comparten momentos pracenteiros en familia reforzando así o vínculo cos pais. En definitiva, coa lectura os nenos medran en todos os sentidos.

Nesta primeira sesión de CantoConto!, nun ambiente familiar, para cantar, bailar e escoitar historias, os máis pequenos desfrutaron dunha tarde chea de maxia facendo novos amigos cos que compartiron marabillosos momentos descubrindo contos, imaxes e melodías.

A nosa amiga Beba, que se veu despedir dos que agora “xa son maiores” para asistir aos Bbencontros, lembrounos a importancia de ler en familia e desfrutar xuntos de novas e apaisxoantes historias nesta nova etapa na que se atopan. Ela seguirá coidando dos contos na Bebeteca agardando por novos amiguiños.

Co libro-disco Tic Tac do noso querido Pablo Díaz, demos comezo ás sesións, presentando a canción “Imos contar un conto” que nos acompañará no día a día de CantoConto!

portada.fh11CANTOCONTO PRIMEIRA SESIÓN LIBROS

Puidemos desfrutar dunha chea de contos:

El vecino lee un libro  de Koen Van Biesen (Tramuntana, 2013), este libro ilustrado amosounos a importancia de respectar aos demais na convivencia entre veciños e a convidalos a compartir o amor cara a lectura.

Descubrimos que o protagonista de ¡Voy! de Matthieu Maudet (Océano Travesía, 2014) faise maior, como os nosos amigos. E, como reza o título desta sesión, xa podemos facer moitas cousas soíños aínda que sempre estarán con nós, apoiándonos e facéndonos sentir autónomos, os nosos seres máis queridos: os pais, os avós, o amigos,…

Con Para nada sucias de Wanja Olten (Takatuka, 2010), sorprendímonos ao descubrir os pequenos desacordos que xurden entre nenos e adultos cando se trata de cumprir certos hábitos hixiénicos. Lavar as mans, por exemplo, é algo importante se non queremos ter eses “bichiños” tan molestos pululando polas nosas mans. Pero… iremos descubrindo, en CantoConto!, outros hábitos que farán que os nosos nenos sexan adultos responsables e autónomos.

 Lleva mucho tiempo crecer

 hasta convertirse en un niño.

 Pablo Picasso

Para que vexades o ben que o pasamos, deixámosvos unha mostra gráfica das sesións de Castrillón, Forum, Monte Alto e Sagrada Familia. Tamén podedes consultar a galería flickr das Bibliotecas Municipais de A Coruña.

This slideshow requires JavaScript.

Para finalizar, queremos compartir con todos vós unhas lecturas relacionadas con estas primeiras sesións que poderedes atopar nas Bibliotecas Municipais de A Coruña ou ben podedes consultar no noso catálogo outros moitos documentos.

Recomendamos CantoConto!

Recomendados 1ª sesión CC!

 

¿Puedo mirar tu pañal? / Guido Van Genechten – Madrid: SM, 2009

Iago /Liesbet Slegers – Vigo (Pontevedra): Tambre: Luis Vives, 2009

_cantar e bailar para ser máis feliz!!! / María Fumaça – Vigo (Pontevedra): Galaxia, 2012

Advertisements

Posted on Outubro 30, 2015, in + de 2 anos, CantoConto! and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: